QUE VER E FACER EN COMPOSTELA

 

Que ver e outros consellos dun compostelano para visitar a cidade.

La catedral desde la Praza do Obradoiro
A Catedral dende a Praza do Obradoiro

Unha das cousas pola cal Compostela é coñecida no mundo é por ser o final das rutas xacobeas. Ondas de peregríns foron chegando a Compostela durante centos de anos deixando pegadas nesta cidade aberta ao estranxeiro dende a idade media. O obxectivo da maior parte destes visitantes da cidade é a catedral, o lugar máis visitado e un dos sitios máis importantes da Europa.

 

Rua do Vilar
Rua do Vilar

Mais Compostela non é so a catedral, ten ademáis un impresionante e moi ben conservado casco histórico e outros lugares ben importantes para calquer visitante. Nesta nova entrada do meu blog, convídovos a facer conmigo un percorrido por esta cidade ben coñecida por min, xa que é a cidade onde nacín e onde vivo.

 

Rincón cerca de la Catedral
Rincón preto da Catedral

 

A Catedral e as prazas que a rodean

Destino final da meirande parte dos visitantes, é sen dúbida o lugar máis espectacular da cidade. Moitos pelegríns chegan en busca da tumba do Apóstolo Santiago e o fume purificador do Botafumeiro. Mais tamén os que teñen como obxectivo unha visita mais cultural que espiritual poden gozar deste templo, especialmente polo impresionante Pórtico da Groria, unha auténtica xoia románica.

 

Detalle del Pórtico de la Gloria
Detalle do Pórtico da Gloria

A catedral é fermosa por dentro…e tamén por fora. Sen dúbida a fachada máis espectacular para moita xente é a do Obradoiro, de orixe barroco e partícipe, xunto cos edificios que a compoñen (Pazo de Raxoi, Hostal dos Reis Católicos e Colexio de San Xerome) nunha das prazas máis fotografiadas do mundo.

 

Praza do Obradoiro
Praza do Obradoiro

E ainda que non son tan coñecidas como a do Obradoiro, non son menos fermosas as outras fachadas: A románica das Praterías. A da Quintana, por ser onde cada ano santo se abre a Porta Santa. E por último a do norte, a da Azabachería, xusto en fronte do Seminario Maior.

 

Rua da conga
Rua da conga

Para coñecela, ademáis de percorrer todo o seu interior, recomendo dar un paseo ao seu arredor para ver todas as fachadas e rematando cunha visita guiada aos tellados da catedral.

 

Seminario Mayor desde los tejados de la Catedral
Seminario Maior dende os tellados da Catedral

 

A zona vella

Como centro histórico e cultural dende a idade media, a cidade conta cun extenso e ben conservado casco antigo, desde o meu ponto de vista un dos mellores da Europa. O mellor para gozalo é pedir un mapa na oficina de turismo e pasear durante horas polas suas prazas e ruas empedradas. Imprescindibles son a Rua Nova, Rua do Vilar, Rua do Franco (con moitos restaurantes para turistas), Preguntoiro, Conga, Praza do Toural, Mazarelos, Praza de Cervantes, Casas Reais ou Algalia, mais calquera do casco historico non defrauda.

 

Praza de Cervantes en navidad
Praza de Cervantes en nadal

E como lugar de peregrinación, tamén temos igrexas. E moitas. Durante este paseo pola zona vella podemos ver algunhas moi interesantes como a de San Francisco, Salomé, San Agustín, Ánimas,…e en especial o Mosteiro de San Martiño Pinario.

 

Troia
Troia

Falar de Compostela é falar tamén da súa Universidade. Ainda que moitas das facultades actuais están espalladas polos arredores, podemos ver tamén edificios da antigua universidade polo centro histórico. Algunhas de elas aínda son utilizadas hoxe en día, como a Facultade de Medicina, a de Xeografía e Historia ou a de Filosofía, situada na acolledora Praza de Mazarelos.

 

Choiva en Compostela
Choiva en Compostela

Ademais, recomendo complementar o paseo polo casco antigo coa visita a algún museo (en especial o Museo do Pobo Galego) e a coñecida Praza de Abastos, onde tódalas mañas dos días laborais se pode ver no seu vivo mercado os mellores produtos do país. Se fose posível, o mellor é ver o mercado os xoves, xa que é cando hai máis postos de venda.

 

Escaleras en el Museo do Pobo Galego
Escaleiras no Museo do Pobo Galego

 

Fóra do centro histórico

Compostela conta con outros pontos de interese tamén fóra do casco antigo. A poucos pasos da rúa do Franco podemos dar un paseo pola Alameda, onde hai unhas impresionantes vistas da Catedral especialmente nun atardecer soleado. Os parques de Belvís, Bonaval ou Vista Alegre tamén están preto do centro, e ainda que non son tan visitados, non deixan de ser interesantes.

 

As Marías, en el Parque da Alameda
As Marías, no Parque da Alameda

Baixando dende o centro até o Barrio de Sar, é imprescindible a visita da Colexiata do Sar, igrexa románica onde destacan os seus arcos exteriores, que foron construídos posteriormente para evitar o derrumbe.

 

Rua das Rodas
Rua das Rodas

O interesante legado histórico de Compostela fai que construccións máis modernas como as que atopamos na zona universitaria ou a polémica Cidade da Cultura pasen desapercibidas pola maioría dos visitantes, ainda que tamén forman parte da cidade.

 

La Catedral con la Cidade da Cultura al fondo
A Catedral coa Cidade da Cultura ao fondo

Xa para rematar este percorrido por Compostela, recomendovos algo que eu sempre tento facer cando visito unha cidade: Contemplala dende un bo miradoiro. Sen dúbida, as mellores vistas desta cidade son as que podemos gozar dende o Monte Pedroso. A uns catro quilómetros dende o centro (eso sí, con bastante pendente ao final) podemos facer unha pequena excursión andando pasando pola Granxa do Xesto para contemplar Compostela e o seu entorno dende outro ponto de vista.

 

Cerca de la Catedral
Preto da Catedral

 

E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tendes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia similar, non dubidedes poñer un comentario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.