Se conoce la Mariña Lucense como la costa de la provincia de Lugo, bañada por las aguas del Mar Cantábrico. Es una zona que está en auge desde el punto de vista turístico, y es que atractivos no le faltan. Ya sea para disfrutar de playas a temperaturas suaves en verano, para contemplar bellos paisajes o por su patrimonio artístico, comparto con vosotros esta ruta que se puede hacer con calma en, como mínimo, dos o tres días.
LA RUTA
Desde Ribadeo a San Cibrao
Ribadeo – Rinlo – Praia das Catedrais – Foz – Burela – Sargadelos – San Cibrao.
Guía para coñecer unhas das xoias paixasísticas do concello de Viveiro e da Mariña Lucense
O concello de Viveiro é ben coñecido sobre todo polo seu casco antigo, coa famosa Porta de Carlos V, e as súas praias, que atraen a moitos turistas cada ano. Pero tamén esconde outras marabillas que a moitos dos seus visitantes se lle escapan. Por un lado o Pozo da Ferida, unha espectacular fervenza que remata nunha bucólica paisaxe cun lago que parece un conto de fadas. Por outro lado o Souto da Retorta (tamén coñecido como Eucaliptal de Chavín), que máis que pola súa paisaxe, é un bosque que destaca sobre todo polos seus enormes exemplares de eucalipto, plantados a principios do século XX, e que alcanzan proporcións enormes, o que fan deste sitio tamén un lugar único.
O Pozo da Ferida
Ainda que se pode chegar desde varias rutas, a máis rápida e cómoda é ir en coche ate a estrada máis preto da fervenza, e despois continuar andando uns 700 metros por un sendeiro que nos levará ate o mesmo Pozo da Ferida.
Teremos que conducir 14 km desde o centro da localidade de Viveiro, primeiro saindo pola LU-540 dirección Lugo, despois tomar un cruce á esquerda pola LU-161 dirección Mondoñedo (neste cruce viraremos á dereita se vimos pola estrada de Lugo), e posteriormente seguir os carteis que nos levarán pola LU-P-2604. Tras pasar uns km de monte, ao ver as primeiras casas, seguir a indicación á dereita ate que a estrada se converta nunha pista de terra. Neste punto aparcaremos o noso vehículo e comezaremos a andar os 700 metros que nos separan do Pozo da Ferida.
Tras dar os primeiros pasos pola pista de terra, unha indicación ao carón dunha casa en ruinas nos indicará un camiño á dereita.
Ao pouco de comezar a andar, pasamos por diante doutras ruinas, e despois duns cantos metros máis, vemos que do noso camiño sae un ramal á dereita, que nos leva a un río cunha pequena presa e á parte superior da fervenza do Pozo da Ferida. Ainda que o lugar tamén ten o seu encanto, debemos continuar polo sendeiro anterior, que agora se converte nunha pronunciada baixada.
Tras unha curva á dereita, a pendente disminúe e nos leva aos pocos metros xa directamente ao Pozo da Ferida.
O primeiro que vemos é un antigo muíño, e xa detrás de el, encontrámonos coa fermosa fervenza e o seu lago. Un lugar inesquecíble.
O Souto da Retorta
O Souto da Retorta, tamén coñecido como o Eucaliptal de Chavín, non é un lugar tan fermoso coma o anterior, mais non por elo menos interesante.
De feito, trátase dun pequeno bosque de eucalipto acompañado de outras especies do país, nunha paraxe á beira do Río Landro. A particularidade do lugar está en que os eucaliptos foron plantados a finais do século XIX, polo que podemos ver as árbores máis altas da Galiza. Entre elas destaca «o avó«, un enorme eucalipto que chega ate os 67 metros de altura e 10,5 metros de perímetro do tronco, que semella a pata dun elefante.
Chegar ate o Souto da Retorta é doado. Encóntrase a só 7,3 km en coche desde o centro de Viveiro, e non hai máis que seguir a LU-540 dirección Lugo ate chegar a un cruce á esquerda ao pouco de sair da vila, que nos leva pola LU-161 dirección Mondoñedo. Se vimos desde Lugo pola LU-540 non nos fará falla entrar en Viveiro, xa que podemos virar neste mesmo cruce á dereita. Despois continuamos pola estrada LU-161 ate a localidade de Chavín, onde está indicado o aparcamento onde deixaremos o noso vehículo. O aparcadoiro está xusto aos pes do Souto da Retorta, e xusto á entrada xa temos un panel explicativo sobre o lugar.
Desde aquí ate o exemplar más famoso (o avó) non hai máis de 800 metros, por un sendeiro sen pendente que vai a carón dun canal, rodeado sempre de bosque.
O avó é doado de localizar. Rodeado dun valado de madeira, para non danalo, destaca sobre as demáis árbores.
Ao seu carón, un panel explicativo nos conta por que esta é unha das árbores máis coñecidas do país.
Pois isto é todo! e xa sabedes que, coma é habitual neste blog, tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente vos gustaría comentar algo sobre o lugar, non dubidedes en escribir un comentario.