Archivo de la etiqueta: via verde

A Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle

Guía da Vía verde que une Compostela e Cerceda

Via Verde Compostela Cerceda
Via Verde Compostela Cerceda

A antigua vía de ferrocarril entre Compostela e a Coruña, foi inaugurada no ano 1943. Xa no ano 2011, esta mesma vía foi abandonada debido a unha nova liña de alta velocidade. Na actualidade, un bo tramo desta antiga liña foi convertida en vía verde, polo que se pode gozar dela en bicicleta ou a pé.

Estación de Ordes
Estación de Ordes

A vía verde Compostela Tambre Lengüelle.

Están en funcionamento un total de 26.5km, entre a ponte sobre o Río Tambre (preto de Sigüeiro, Concello de Oroso) e Cerceda. Como é habitual nas vías verdes, o desnivel é moi pequeno. De feito, desde o inicio ate o fin da ruta, o desnivel sería de 119m neses 26,5km, sendo en baixada desde Cerceda cara Sigüeiro. Aínda que, como comentarei máis adiante, entre a estación de Queixas e preto de Cerceda a ruta desvíase do antigo trazado uns quilómetros, facendo algunha subida, polo que finalmente resulta un desnivel total acumulado de 262m.

Un tramo da Vía Verde
Un tramo da Vía Verde

A día de hoxe, está previsto que esta vía verde se complete ate Compostela, o que serían aproximadamente 10km máis. Para a descripción da ruta, dividirei a mesma en tres tramos máis ou menos iguais: Cerceda – Ordes; Ordes – Sigüeiro (ponte sobre o Río Tambre) e Sigüeiro – Compostela.

Estación de Cerceda
Estación de Cerceda

Tramo Cerceda – Ordes

A vía verde comeza (ou remata) en Cerceda, a apenas 1km da antiga estación, que hoxe é tamén un restaurante.

Comezo ou fin da Vía Verde en Cerceda
Comezo ou fin da Vía Verde en Cerceda

Pouco despois de pasar a estación, a ruta pola antigua vía de tren córtase e vai por un itinerario alternativo duns 4km, que discurre por estradas asfaltadas de moi pouco tráfico e pistas de terra en bo estado.

Tramo alternativo entre Cerceda e Queixas
Tramo alternativo entre Cerceda e Queixas

Neste traxecto, hai algo de desnivel de subida, aínda que pouco importante. Pouco antes da estación de Queixas, a ruta volve á antiga vía de tren, que nunca deixaremos xa ate o seu remate. Tras pasar a estación de Queixas, iremos sempre pedalendo ou camiñando ao carón do Río Lengüelle, con numerosas árbores frondosas.

Estación de Queixas
Estación de Queixas

A seguinte estación, moi pequena, é a de Gorgoullos, onde xusto ao carón temos un bar. Poucos quilómetros despois chegamos á estación de Ordes, similar á estación de Azpeitia, onde está o Museo do Ferrocarril de Esukadi. Nesta estación pódense ver algún recordo do pasado ferroviario como un eixo de tren, agullas ou o depósito de auga para os trens a vapor.

Via Verde Compostela Cerceda
Via Verde Compostela Cerceda

Tramo Ordes – Sigüeiro

Despois da estación de ordes, a vía segue en descenso xunto ao Río Lengüelle. Ao pouco, pasaremos baixo o único túnel deste tramo. Dito túnel non estaba iluminado ás veces que pasei por el, aínda que non fai moita falla, xa que non ten moita distancia.

Normas de uso da Vía Verde
Normas de uso da Vía Verde

A seguinte estación é a de Trasmonte, onde se pode facer un descanso. Non moi lonxe está a seguinte estación, a de Sigüeiro, que ten un coñecido restaurante ao seu carón.

Ponte sobre o Río Tambre
Ponte sobre o Río Tambre

A partir desta estación a ruta desvíase moi preto do río, onde logo se xunta co Río Tambre e, xusto ao pasar a ponte que o cruza, finaliza a vía verde.

Tramo sen finalizar ate Compostela
Tramo sen finalizar ate Compostela

Tramo Sigüeiro – Compostela

Desde a ponte do Tambre ate Compostela o trazado da antigua vía está completamente abandonado. Está previsto que se convirta en vía verde proximamente, aínda que de momento toca esperar.

Tramo sen finalizar ate Compostela
Tramo sen finalizar ate Compostela

Como se pode ver nas fotografías, o trazado está cheo das pedras do balastro que soportaban as vías, así como a vexetación que foi medrando desde o ano 2011 que se abandonou. Isto fai que sexa impracticable para bicicleta, aínda que se pode facer andando (mais non é facil debido ás pedras e vexetación). Neste tramo hai dúas estacións: a de Verdía e a da Sionlla.

Estación de Verdía
Estación de Verdía
Estación da Sionlla
Estación da Sionlla

Tamén hai catro túneles, tres entre Berdía e a Sionlla e un entre a Sionlla en Compostela.

Tunel preto da Sionlla
Tunel preto da Sionlla

Agardo que estes túneles si dispoñan de iluminación cando se rematen as obras da vía verde, xa que algúns son bastante longos. Tamén hai neste tramo unha ponte: o viaducto do Reconco, que era o máis alto e longo de toda a liña Santiago a Coruña.

Viaducto do Reconco
Viaducto do Reconco

Aparcamentos e outros servizos

Co obxectivo de facilitar o acceso á vía verde, hai varios aparcamentos dispoñibles, polo xeral onde están as estacións máis importantes: Cerceda, Queixas, Ordes, Trasmonte e Sigüeiro. No caso da estación de Ordes, tamén hai un área de caravanas e autocaravanas.

Area de caravanas e autocaravanas da estación de Ordes
Area de caravanas e autocaravanas da estación de Ordes

Na estación de Cerceda e preto da de Sigüeiro, hai tamén restaurantes. Ao carón da parada de Gorgoullos, hai un bar. Está previsto, ademáis, punto de recarga para bicis eléctricas.

Vía verde Compostela Cerceda
Vía verde Compostela Cerceda

E xa sabedes que, como é habitual neste blogue, se tedes algunha dúbida, ou queredes aportar algunha cousa ou consello máis desta vía verde, non dubidedes en escribir un comentario.