Guía para visitar uno de los mejores bosques de Europa
La Selva de Irati
La Selva de Irati es uno de los bosques mejores conservados de Europa. Situado en la parte occidental de los Pirineos, compartiendo el territorio montañoso próximo a la frontera entre Navarra y Francia, está constituido generalmente por una gran masa forestal de hayas y abetos, y tiene algunas de sus áreas protegidas bajo las figuras de Reservas Natural e Integral.
Sus principales atractivos
Sin duda el principal atractivo es su impresionante bosque de hayas y abetos. Aunque fue explotado intensivamente hace muchos años, los proyectos de ordenación forestal más proteccionistas que se aplicaron posteriormente, hacen que hoy podamos disfrutar de esta preciosa masa forestal en un estado de conservación excelente.
Desde mi punto de vista, y ahora hablando más como Ingeniero de Montes que como viajero, es un lugar que siempre me ha generado muchísimo interés como gestión sostenible de un recurso natural. Aunque desde el punto de vista de viajero, pienso que lo que más mueve a cientos de turistas cada año hasta este lugar son, principalmente, razones de tipo Seguir leyendo LA SELVA DE IRATI→
A Selva de Irati é un inmenso bosque de mais de 17.ooo Ha situado principalmente nos vales de Salazar e Aezkoa, no Pirineo Navarro, aínda que se extende tamén pola cara norte dos Pirineos, en terras baixo administración francesa. Este bosque ten un valor ecolóxico e paisaxístico enorme, xa que se considera a maior masa de bosque mixto de faia (Fagus sylvatica) e abeto blanco (Abies alba) de Europa. Nós escollimos para visitar este entorno este fin de semana de mediados do mes de Outubro, xa que a cor das faias no outono(de folla caduca) contrastan co verde intenso dos abetais, polo que a paisaxe resulta moi fermosa.
Polo interior do bosque hai moitísimas rutas de sendeirismo e todas moi ben sinalizadas. Nós fixemos catro, que son as que nos pareceron máis interesantes e que recomendamos: Camino vello á koixta ( NA 69, 5.5km), Camino vello á Casas de Irati (NA 60A, 5.4km), Os Paraísos – Erlan ( NA 54C, 4,6km) e Bosque de Ursario (NA 57B, 6.7km), todas elas de pouca dificultade, xa que non superan os 300m de desnivel. Nas oficinas de información do parque ofrecen un mapa das rutas con moi boa información, previo pago de 2€ (cousa que non me gustou, xa que en moitos parques esta información é gratuita).
O accidentado relevo da zona, fai que sexan habituais estes ríos estacionais de montaña.
Nesta foto se pode observar un pequeno bosquete de abetos dentro do bosque mixto.
Nas zonas máis altas, a presenza de gando é notable, como estes cabalos no Bosque de Ursario…
… e estas cabras nas proximidades do Refuxio de Azpegi.
En pleno corazón de Selva de Irati, está a pequena e fermosa ermita de Nosa Señora das Neves. Aquí comezan e rematan entre outras, as rutas NA 69 e Na60A respectivamente.
Entre as vertentes norte e sur do Pirineo, temos entre outros o Porto de Larrau, moi coñecido pola súa dificultade para ós ciclistas, especialmente na vertiente francesa.
e nas proximidades do Porto de la Pierre St Martin, con arredor de 1800m de altitude, pódese admirar o impresionante paisaxe kárstico de Larra, sempre que non haxa moita névoa, como neste caso. Aquí pódense observar varios exemplares de piñeiro negro (Pinus uncinata)
No Porto de Orgambidé, tamén froiteirizo, podemos observar aparte dun «mojón» que serve para delimitar con claridade a «raia» da fronteira, algún monumento megalítico, bastante frecuentes nesta zona.
Como complemento á visita á Selva de Irati, pódese aproveitar para visitar fermosísimas poboacións como Orreaga, Ochagavía (da que non subo fotos xa que desta vez a visitamos de noite) ou Larrau, Sainte Engracie ou Saint Jean Pied de Port, éstes tres xa baixo administración francesa.
En Ste Engrace, destaca a súa antiga e fermosa igrexa do século XI, xunto a un curioso cemiterio.
E rematamos a viaxe na fermosísima localidade de St Jean Pied de Port, onde xa estiveramos fai uns anos, e que aproveitamos para voltar a visitar. Para min, un dos pobos mais bonitos dos Pirineos.
Outra imaxe de St Jean Pied de Port
Respecto o aloxamento, na zona hai moitísimas posibilidades, ainda que o maís abundante e recomendable son os distintos aloxamentos rurais. Desta vez escollimos a Posada Sarigarri, de 58 € noite en temporada alta, almorzo aparte (7€). A nós gustounos moito esta casa, o trato dos propietarios foi formidable e a cea (18€) foi excelente por calidade e cantidade: http://www.toprural.com/hotel-rural/posada-sarigarri_f-es-31-8264.htm#cappre