Archivo de la etiqueta: Magere Brug

AMSTERDAM en imaxes

Amsterdam é unha cidade moi coñecida principalmente polos escaparates do seu barrio roxo e os coffee shops, pero presume tamén doutras posibilidades que a fan un destino idóneo para pasar uns días. Ten numerosos museos, como o Museo da Casa Rembrandt ou o Museo de Arte Moderno (Stedelijk Museum), a casa de Anne Frank e a fermosa Praza de Dam. Pero o verdadeiro encanto de Amsterdam que o fai realmente distinto a outras capitais europeas, é pasear polos canais, disfrutar dos seus mercados ó aire libre, curiosear polo Barrio Roxo e, como non, tomarse algo nos seus conocidísimos Coffee Shops.

Un dos numerosísimos canais de Amsterdam
Un dos numerosísimos canais de Amsterdam
Ponte sobre un canal
Ponte sobre un canal. O uso da bicicleta está moi extendido por toda a cidade, así coma no resto do país.
Hai canles por toda a cidade
Hai canles por toda a cidade
O Barrio Roxo, cos seus famosos escaparates
O Barrio Roxo, cos seus famosos escaparates
gancho
Nesta imaxe vese un gancho que aparecen en moitas casas de Amsterdam. Os edificios son polo xeral bastante estreitos, polo que non todo o mobiliario entra pola porta, para solucionar este problema, os edificios están todos un pouco inclinados e teñen un gancho que actúa a modo de polea para subir os mobles pola fiestra. O estar un pouco inclinados é máis fácil subir o mobiliario sin que golpee na fachada do edificio.
Moitos barcos que están á beira do canal son usados como vivenda
Moitos barcos que están á beira do canal son usados como vivenda
Magere Brug
Magere Brug, a única ponte de Amsterdam que se abre varias veces ó día para que pasen barcos de certa envergadura.Dende o ano 2003 é tan so transitable para peóns e para por suposto bicicletas
Outra imaxe do Magere Brug
Outra imaxe do Magere Brug, aberto para deixar pasar un barco