Situada a uns 1300 metros de altitude, aos pés dos cumios da Serra de Ancares, Piornedo é unha aldea onde parece que non pasou o tempo.
Na aldea de Piornedo, aínda hoxe se poden ver as típicas pallozas, vivendas con teito de palla habitadas ate hai ben pouco tempo por persoas e gando.
Algunha de estas pallozas pódese visitar, algo que sen dúbida recomendo facer. A que visitamos nós a última vez que estivemos en Piornedo só custa 1 euro por persoa.
Piornedo é tamén un bo lugar para gozar da montaña, xa que desde aquí se pode facer algunha ruta de sendeirismo coma a coñecida ascensión ao Pico Mustallar (11.4 km ida e volta nunhas 5 horas e 832 metros de desnivel positivo).
Tamén é un bo lugar para os que nos gusta a bici. Se levamos unha bici de estrada, recomendo subir desde Piornedo ate Porto Ancares, que foi final de etapa na Vuelta no ano 2012. Nós subimos ese porto nese mesmo ano nas nosas bicis de montaña.
E se preferimos a bici de montaña, nestes montes tamén hai boas rutas.
Tamén é un bo lugar para ir con nenos, xa que hai moitos animais e contacto coa natureza,
Aínda que Piornedo é unha aldea ben fermosa, pódese ver tamén algún feismo. Agardamos que co tempo se vaian solucionando.
Estes feismos son, afortunadamente, moi escasos aquí, así que Piornedo segue a ser un dos imprescindibles da Nosa Terra.
Polo tanto, paga a pena vir ate aquí, aínda que teñamos que pasar case unha hora por unha estreita estrada chea de curvas.
Ademais, tamén recomendo visitar lugares preto de aquí coma o antigo glaciar de Os Tres Bispos, o Castelo de Doiras, a localidade de Navia de Suarna ou a aldea de Balouta.
Nesta nova entrada, comparto con vós os que para min son os mellores lugares para ver a época romana na Galiza fóra dos museos. Foi difícil decidir cales, xa que temos unha morea de bos exemplos por todo o territorio, mais supoño que moitos concordaredes conmigo de que estes son dos máis importantes. Todos están xeolocalizados en GoogleMaps, polo que non hai máis que escribilo no buscador para chegar a eles.
A pegada romana nesta terra foi enorme. Vai desde a base da nosa propia lingua até obra civil, con algunhas infraestructuras que aínda continúan a usarse hoxe en día.
Comezamos o percorrido polo que fora unha das cidades máis importantes da Gallaecia: Lugo. Aínda que sen dúbida algunha o que máis chama a atención é a súa impresionante muralla, hai espallados por toda a cidade moitos lugares ben interesantes como as termas, Domus de Mitreo, Centro Arqueolóxico de San Roque, Casa dos Mosaicos, etc…
Outra cidade moi importante para os romanos polo seu acceso ao mar era a antiga Brigantium, A Coruña. Aquí, destaca a imponente Torre de Hércules, que aínda hoxe continúa a utilizarse como faro.
O que vemos desde fóra, é un engadido posterior de finais do século XVIII, mais non deixa de sorprendernos a súa maxestuosidade.
Se continuamos a falar de infraestructuras, de todos é coñecida a eficiencia dos romanos na construcción de estradas. Aínda hoxe, podemos ver por todo o país varias pontes, entre as que destacan a de Ourense, que cruza o Río Miño, ou a do Río Bibei.
Esta última aínda segue de soporte da estrada OU-636 co tráfico habitual dunha estrada do século XXI.
E que para os romanos a construcción de estradas era algo fundamental para a xestión do seu imperio. Unha das máis importantes era a Via Nova ou Via XVIII, onde a día de hoxe podemos ver unha serie de miliarios (para indicar a distancia) ao carón da estrada OU-312, cara a fronteira con Portugal.
Ao pé desa mesma Via Nova, xa a carón do Río Limia, temos os restos do antigo campamento romano de Aquis Querquennis, que poderemos ver só no caso de que as augas do Encoro das Cunchas no lo permitan. Moi preto deste campamento está o Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Via Nova.
Como ben sabemos, unha das razóns pola que os romanos dominaron esta terra foi polo seu ouro. E aínda que o mellor lugar par ver como o explotaban son as Médulas, nas terras do Bierzo, aquí tamén temos un curioso lugar de explotación mineral na beira do Río Sil, Montefurado, onde chegaron a desviar o curso do río.
Mais non só son infraestructuras o que nos deixaron os romanos. No espiritual, non podía deixar sen citar o curioso santuario tardorromano de Santalla de Boveda (Lugo). Do templo conservanse os muros e parte da bóveda, cubertas con fermosos frescos decorados con aves e elementos vexetais, así como unha «piscina» interior e varias columnas.
Estos son, polo tanto, os que para min son os mellores lugares para visitar a época romana na Galiza. Se che gustaría engadir algún máis, ou tes algunha pregunta sobre eles, non dubides en escribir un comentario.
Os meus lugares favoritos para ver a época castrexa
Nesta nova entrada, comparto con vós os que para min son os mellores lugares para ver a época castrexa na Galiza fóra dos museos. Foi difícil decidir cales, xa que temos unha morea de bos exemplos por todo o territorio, mais supoño que moitos concordaredes conmigo de que estes son dos máis importantes. Todos están xeolocalizados en GoogleMaps, polo que non hai máis que escribilo no buscador para chegar a eles.
Os castros, poboados fortificados da idade do ferro, son as pegadas máis visibles da cultura castrexa na Galiza. Aínda que gran parte deles están baixo a terra, hoxe en día podemos gozar dun bo número de castros escavados e mesmo dalgunha reconstrucción (con maior ou menor éxito), ademais de centros de interpretación. Estes son algúns dos meus favoritos:
Comezarei polo Castro de San Cibrao de Las (no Concello de San Amaro), non só por ser un dos máis grandes da Galiza, senón tamén por ter ao seu carón o Centro Arqueolóxico da Cultura Castrexa. A visita (que pode ser guiada) paga a pena, tanto do castro como do Centro Arqueolóxico.
Outro castro ben coñecido, tanto por ser do que máis tempo leva escavado, como pola súa espectacular ubicación, é o Castro de Santa Trega (A Garda).
As vistas desde o alto, coa desembocadura do Miño e o Atlántico ao fondo, é espectacular. Ademais, conta coa reconstrucción dalgunha vivenda, aínda que se adapta de forma dubidosa á realidade.
A non moitos quilómetros ao Norte da cidade de Lugo, en plena Terra Chá, podemos visitar outro importante castro, o Castro de Viladonga (Castro de Rei), onde se poden ver con moita claridade as murallas do poboado. Ten, tamén, centro de interpretación.
De volta á costa, non se podía deixar de falar dun dos castros máis coñecidos pola súa espectacular ubicación: o Castro de Baroña (Porto do Son). Así coma a maior cantidade dos castros soen encontrarse nos altos (outeiros, cuíñas,…), polo seu carácter defensivo, este castro está ubicado nunha fermosa península en plena Ría de Muros e Noia.
No interior da Galiza, non podemos esquecer tamén un castro como o de Castromao (Celanova). A pouca distancia do castro, hai unha recreación dun poboado castrexo.
En época de sequía, cando as augas do Encoro de Belesar o permiten, recomendo visitar tamén o Castro de Candaz (Chantada), sobre todo pola súa especial ubicación e o entorno.
Por último, aínda que non se encontra ao carón de ningún castro, senón dentro da vila de Lalín, non se debe de descartar unha visita a Castrodeza, como Centro de Interpretación da Cultura Castrexa.
Estos son, polo tanto, os que para min son os mellores lugares para visitar a época castrexa na Galiza. Se che gustaría engadir algún máis, ou tes algunha pregunta sobre eles, non dubides en escribir un comentario.
Os meus lugares favoritos para ver o
megalitismo e a Idade de Bronce
Nesta nova entrada, comparto con vós os que para min son os mellores lugares para ver o megalitismo e a Idade do Bronce na Galiza fóra dos museos.
Foi difícil decidir cales, xa que temos unha morea de bos exemplos por todo o territorio, mais supoño que moitos concordaredes conmigo de que istos son dos máis importantes.
Todos están xeolocalizados en GoogleMaps, polo que non hai máis que escribilo no buscador para chegar a eles.
O MEGALITISMO
Galiza é unha terra onde non é
difícil ver as pegadas do megalitismo. Por iso, palabras como mámoa,
anta ou pedrafita, son moi familiares para nós. Espalladas polo
territorio, encontramos numerosas mostras deste pasado neolítico,
ainda que en demasiados casos en estados de conservación moi
deteriorados, debido sobre todo aos expolios ao longo dos séculos,
ou os danos da maquinaria agrícola ou forestal nas épocas máis
recentes.
A pesar disto, a día de hoxe podemos
gozar de moitos lugares onde ver estas xoias de épocas pasadas.
Estes son algúns dos meus favoritos:
Antas ou dolmens:
Se hai un dolmen preparado para as visitas é o Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños). Completamente restaurado, protexido e con centro de interpretación.
Preto do Dolmen de Dombate podemos observar gran cantidade destes monumentos funerarios megalíticos, algúns incluídos na Ruta dos Dolmens, como pode ser a Pedra da Arca ou a Pedra Cuberta (Vimianzo).
Dentro da provincia da Coruña, tamén podemos ver outros dolmens importantes como o de Axeitos (Ribeira), Cabaleiros (Tordoia) ou Forno do Mouros (Toques).
En Terras da Limia, destacan pola súa monumentalidade a Casiña da Moura e o Foxo do Lobo (Muiños). A todos eles é moi fácil acceder.
Pedrafitas ou menhires:
Ás veces é moi dificil identificar e localizar este tipo de monumento megalítico, xa que moitos deles acabaron como marcos, lindes de fincas ou simplemente ocultos nos montes.
Pola súa fácil visualización, identificación e acceso, destaco sobre todo estes dous: a Lapa de Gargantáns (Moraña) e a Pedra Alta da Antela (Sarreaus), ambos se poden visitar de forma moi fácil, preto das estradas e mesmo están sinalizados.
Este último serve, ademáis, como marco entre os Concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía.
Crómlech:
Máis difícil de ver na Galiza son os crómlech, xa que moitas das pedras que os constitúen ficaron esquecidas baixo terra ou mesmo reutilizadas para diversas funcións.
Un dos crómlech que se pode visitar máis facilmente é o Círculo Lítico da Roda (Barreiros). Este crómlech, segundo o sinal que hai ao seu carón, está datado na Idade de Bronce.
A IDADE DO BRONCE
Se hai algo característico da Idade do Bronce na Galiza son os petróglifos. Ainda que os hai en moitísimos lugares de todo o territorio galego, é na zona do Suroeste onde temos unha maior concentración deles.
Os mellores grupos de petróglifos para visitar penso que son os de Campo Lameiro, Mogor (Marín) e Tourón (Ponte Caldelas).
Están os tres bastante próximos e os tres están moi ben conservados, teñen unha ruta sinalizada e ate contan cun centro de interpretación.
De estes tres sen dúbida o máis coñecido é o de Campo Lameiro, onde está o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, que conta con diversas actividades e visitas guiadas.
Outro lugar interesante, que todo apunta a ser datado na idade de bronce, é o Altar da Adai (Lugo). A poucos quilómetros da cidade de Lugo podemos ver esta rocha con unhas 15 cavidades ao redor e unha máis grande interior, que posiblemente fose o piso dun santuario.
Moi preto del, podemos ver tamén varios petróglifos, unha anta e un posible crómlech.
Un lugar sen dúbida moi especial, ainda que no día que escribo isto non ten sinalización e ten difícil acceso.
Estos son, polo tanto, os que para min
son os mellores lugares para visitar o megalitismo e a arte rupestre
na Galicia. Se te gustaría engadir algún máis, ou tes algunha
pregunta sobre eles, non dubides en escribir un comentario.
Guía práctica para facer a ruta dos Muíños do Folón e Picón
A ruta dos Muíños do Folón e Picón é unha das máis coñecidas do País. Está situada na aldea de Martín, no Concello do Rosal, ao Sur da Provincia de Pontevedra, moi preto da fronteira con Portugal.
A peculiaridade deste percorrido é que camiñaremos entre un total de 67 muíños, declarados Ben de Interese Cultural, así coma entre fermosas paisaxes do Val do Rosal.
Aínda que hai moitos castros espallados por todo o territorio galego, moi poucos se encontran nunha paraxe tan curiosa como o Castro de Candaz.
Situado nunha península no Río Miño, en plena Ribeira Sacra, o primeiro que debemos saber é que este castro está case todo o ano baixo as augas do Encoro de Belesar, así que só teremos uns poucos días ao ano (salvo casos de sequías prolongadas ou traballos de mantemento do encoro) para poder visitalo, polo xeral Seguir leyendo Visita ao Castro de Candaz→
Guía práctica para a visitar a Rapa das Bestas de Sabucedo
A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas tradicionais máis coñecidas do noso país, así que non podería faltar unha entrada neste blog con información para gozar desta gran festa. Agardo que vos guste e vos sexa útil!
Guía da visita a unha das lagoas máis famosas da Terra Chá
Nas chairas do centro da provincia de Lugo, en plena Terra Chá, podemos gozar dun espazo natural que é un auténtico paraíso para os amantes das paisaxes e da natureza, e en especial as aves: A Lagoa de Cospeito.
É, ademáis, un lugar único para pasear e relaxarse, xa que se pode percorrer todo ao seu redor por un bonito sendeiro.
Guía para visitar un dos entroidos máis orixinais da nosa terra
En que consiste o Entroido do Oso de Salcedo?
O entroido da aldea de Salcedo, situado no Concello de Pobra do Brollón (Lugo), é sen dúbida un dos máis orixinais da Galiza. Non ten nada que ver cos entroidos que estamos acostumados a ver por aquí, aínda que si os hai similares en lugares tan lonxanos como nos Alpes, Romanía ou mesmo no Xapón.
Consiste na representación dun oso, que percorre as rúas de Salcedo manchando aos veciños (e visitantes) con auga misturada con cinza. Tanto ten que tentemos fuxir do oso; se ve que non Seguir leyendo O ENTROIDO DO OSO DE SALCEDO→
Cando falamos de Lalín, o primeiro que pensamos é na Feira do Cocido e na súa gran calidade gastronómica. E Lalín é moito máis ca iso; xa que sen sair dos límites deste concello do centro do país, podemos pasar uns días visitando interesantes museos, ollando paisaxes que namoran, facendo rutas de sendeirismo e, como non, probando a súa fantástica comida local.
A VILA DE LALÍN
Para comezar a nosa ruta turística pola Vila de Lalín, o mellor é situarnos no vangardista e pintoresco Concello. Esta famosa obra dos arquitectos Mansilla e Tuñón, coñecida como O Castro Tecnolóxico, ten un deseño que non Seguir leyendo RUTA TURÍSTICA POLO CONCELLO DE LALÍN→