Archivo de la etiqueta: Castelo de Praga

PRAGA en imaxes

Praga é unhas das cidades Europeas máis fermosas. Situada a ambos lados do Rio Moldava, conta con barrios antigos como o Stare Mesto ou Mala Strana, a famosa Ponte de Carlos V que os une, así como o Castelo e a Catedral de San Vito na parte alta da cidade.

Vista de Praga
Praga. En primeiro plano a Ponte de Carlos V, xunto o Barrio de Mala Strana e no alto, a Catedral de San Vito
Estatua da Ponte de Carlos V
Estatua da Ponte de Carlos V. A ponte está decorada con estatuas que representan personaxes históricos, biblícos e históricos. Cada extremo está fortificado por dúas torre.
Panorámica da praza da Cidade Vella
Panorámica da praza da Cidade Vella; á esquerda aparece o reloxo astronómico
Reloxo astronómico
Reloxo astronómico. É un dos monumentos máis emblemáticos da cidade; cada hora en punto aparecen polas dúas fiestras da parte superior as figuras dos apóstoles, despois canta o galo. Tamén aparece o esquelete ( a morte), o xudeu( a codicia)o turco e a vanidade.
Sinagoga
Unha das numerosas sinagogas do Barrio Xudeu, o Josefov
Cemiterio xudeu
Cemiterio xudeu. É o máis antigo do mundo,fundado no século xv.Hai máis de 12000 tumbas.Como tiñan moi pouco espazo, ían poñendo unhas tumbas por ribas das outras, por iso ofrece esa imaxe de desorde tan característica do cemiterio.
Entrada ó Castelo de Praga
Entrada ó Castelo de Praga. Na parte alta da cidade destacan o Castelo de Praga e a Catedral de San Vito ó seu carón
Torre da Pólvora
Torre da Pólvora. É unha das entradas cidade vella. Ten un mirador a 44 metros de altura.
Vista dende unha marxe do Rio Moldava
Vista dende unha marxe do Rio Moldava
Rincón no Mala Strana
Rincón no Mala Strana
Rua na parte alta da cidade
Rua na parte alta da cidade
Unhas das estatuas da Ponte de Carlos V
Unhas das estatuas da Ponte de Carlos V
Cruceiro polo Rio Moldava
Cruceiro polo Rio Moldava
Catedral de San Vito dende o Monte Petřín
Catedral de San Vito dende o Monte Petřín