Amsterdam é unha cidade moi coñecida principalmente polos escaparates do seu barrio roxo e os coffee shops, pero presume tamén doutras posibilidades que a fan un destino idóneo para pasar uns días. Ten numerosos museos, como o Museo da Casa Rembrandt ou o Museo de Arte Moderno (Stedelijk Museum), a casa de Anne Frank e a fermosa Praza de Dam. Pero o verdadeiro encanto de Amsterdam que o fai realmente distinto a outras capitais europeas, é pasear polos canais, disfrutar dos seus mercados ó aire libre, curiosear polo Barrio Roxo e, como non, tomarse algo nos seus conocidísimos Coffee Shops.
Un dos numerosísimos canais de AmsterdamPonte sobre un canal. O uso da bicicleta está moi extendido por toda a cidade, así coma no resto do país.Hai canles por toda a cidadeO Barrio Roxo, cos seus famosos escaparatesNesta imaxe vese un gancho que aparecen en moitas casas de Amsterdam. Os edificios son polo xeral bastante estreitos, polo que non todo o mobiliario entra pola porta, para solucionar este problema, os edificios están todos un pouco inclinados e teñen un gancho que actúa a modo de polea para subir os mobles pola fiestra. O estar un pouco inclinados é máis fácil subir o mobiliario sin que golpee na fachada do edificio.Moitos barcos que están á beira do canal son usados como vivendaMagere Brug, a única ponte de Amsterdam que se abre varias veces ó día para que pasen barcos de certa envergadura.Dende o ano 2003 é tan so transitable para peóns e para por suposto bicicletasOutra imaxe do Magere Brug, aberto para deixar pasar un barco