Dinamarca é un país composto por unha península (Jutlandia) e varias illas de maior e menor tamaño, como Groenlandia (próxima ó Polo Norte), Selandia (onde está Copenhage), etc… e unha pequena e interesante illa chamada Illa de Møn. Se planeades unha visita a Dinamarca e buscades tranquilidade e unhas fermosas paisaxes, recoméndovos que pasedes un par de días nesta illa.
Ésta é unha imaxe do Mar Báltico dende unha das praias
A xoia paisaxística desta illa son os seus cantís, coñecidos como Møns Klint. Podemos admiralos camiñando por un espectacular sendeiro Ligazón
No resto da illa o relevo litoral é máis suave, pero non por elo menos fermoso.
Outra tranquila imaxe da parte occidental da illa
A mellor época para visitar esta zona é de maio a setembro. Nós fumos en Agosto, e ó ser verán , nestas latitudes hai millóns de avispas, polo que hai que aprender a convivir con elas. Para liberarnos un pouco delas no camping, nós usabamos un cebo composto por un trozo de botella cortada pola mitade e con zume de laranxa no seu interior. Na foto podemos ver a cantidade de avispas que caían en apenas media hora. Como información práctica cabe destacar, como xa sabedes, os altísimos precios deste país. Así que para comer o mellor é mercar a comida en supermercados e despois cociñar no camping. Para durmir, recoméndovos o camping onde quedamos nós a dormir, moi bonito e tranquilo, que podedes ver na seguite ligazón. Anímovos a que visitedes esta illa! Ligazón