Perfil

eu

Me llamo Abel, soy de Compostela y, tanto a mi como a  mi pareja Viviana, nos gusta viajar y compartir con vosotros nuestros viajes en este blog, en el que llevamos publicando desde el año 2009. Ya sea en coche, en bici, en tren, de mochileros,… lo más importante para nosotros es disfrutar del camino y después contar aquí nuestras experiencias que estamos seguros que también servirán para ayudar a otros viajeros.  Algunas entradas de este blog están escritas como diarios de viaje, otras simplemente explican algún recorrido; también hay varias guías prácticas, consejos, y lugares que considero imprescindibles dentro de algún destino. En cada entrada que publico, intento colgar un número importante de fotografías, para hacer una lectura más ilustrativa y amena. Por cierto, todas las fotos son propias, y muchas de ellas subidas con inferior calidad para que no tarde mucho en cargar la página. Espero que disfruteis de este blog, y en caso de alguna pregunta, error o problema con la visualización podeis contactar conmigo escribiendo un comentario o mandándome un correo a cabonorteblog@gmail.com

Chámome Abel, son de Compostela e, tanto a min como á  miña parella Viviana, gústanos viaxar e compartir con vós as nosas viaxes neste blog, no que levamos publicando desde o ano 2009. Xa sexa en coche, en bici, en tren, de mochileiros,… o máis importante para nós é gozar do camiño e despois contar aquí as nosas experiencias que estamos seguros que tamén servirán para axudar a outros viaxeiros.  Algunhas entradas deste blog están escritas coma diarios de viaxe, outras simplemente explican algún recorrido; tamén hai varias guías prácticas, consellos, e lugares que considero imprescindibles dentro dalgún destino. En cada entrada que publico, tento colgar un número importante de fotografías, para facer unha lectura máis ilustrativa e amena. Por certo, todas as fotos son propias, e moitas delas subidas con inferior calidade para que non tarde moito en cargar a páxina. Espero que vos guste este blog, e no caso dalgunha pregunta, erro ou problema coa visualización, podedes contactar conmigo escribindo un comentario ou mandándome un correo a cabonorteblog@gmail.com

Contacto:

Si quieres más información de un viaje, dudas, consejos, etc…no tienes más que escribir un comentario en cualquier post o mandarme un correo a cabonorteblog@gmail.com

Se queres máis información dunha viaxe, dudas, consellos, etc… non tes máis que escribir un comentario en cualquier post ou mandarme un correo a cabonorteblog@gmail.com

If you want more information, doubts, advices,… you can write a comment in a post or send me an email to cabonorteblog@gmail.com

Se você quiser mais informaçao, dúvidas, etc… pode escrever um comentário num post ou enviar-me um email a cabonorteblog@gmail.com

 

 

Cabo Norte nas redes sociais:         Cabo Norte en las redes sociales:

– Twitter: @cabonorteblog

– Facebook: Cabonorte blog

– Instagram: @cabonorteblog

– Cabozo: @cabonorteblog

8 comentarios sobre “Perfil”

  1. Ola, Abel:

    Chámome Andrés, son de Ribeira e acabo de dar co teu blog por casualidade mentres lía artigos sobre viaxes en coche por Europa. Téñoche que recoñecer que eu tamén me considero un viaxeiro incansable e, se me dan a escoller, teño claro que prefiro ir no coche explorando e descubrindo ao meu aire unha chea de sitios. Dende logo, a sensación de liberdade e de aventura que un ten é moi difícil de explicar, por moito que a algúns lles pareza unha perda de tempo este xeito de viaxar, non sempre ben entendido.

    Ademais de ter percorrido toda a España peninsular e Portugal xa en varias ocasións dunha punta á outra, temos ido co coche a sitios tan dispares coma Suecia, Grecia, Holanda, Italia, Inglaterra ou Bulgaria, por poñer algúns exemplos.

    Lin con moito interese as túas entradas sobre a viaxe ao cabo Norte e ao sur de Noruega, co posterior percorrido polos Alpes desde Eslovenia ata Francia.
    Nós viaxamos de xeito moi parecido e, en moitas cousas, síntome bastante identificado co que comentas. Sen embargo, polo xeral dispoñemos de menos días de vacacións e, aínda que nos encanta a improvisación, case sempre tentamos deixar algunhas cousas miradas de antemán para evitar sorpresas.

    Se nunha destas nos animamos por fin a ir a Noruega, que aínda o temos pendente, non descarto escribirche para facerche algunha pregunta concreta ou para que me contes curiosidades da viaxe.

    Noraboa polo teu blog!

    Andrés

    1. Ola Andrés. Parece que coincidimos moito nesta forma de viaxar, e que tes realizados viaxes moi interesantes (vexo que estiveches pola Europa do Leste e Grecia, lugares onde me gustaría ir próximamente). Alégrome moito de que te gustaran as entradas do meu blog que comentas e espero que te sexan útiles para outras viaxes, e por suposto, non fai falla decir que se te podo axudar con informacións sobre a viaxe a Noruega ou outros lugares que visitei non tes máis que mandar un comentario ou se prefires, un correo a cabonorte2009@hotmail.es . Un saúdo e graciñas polo comentario.

  2. Chamome Xose Manoel e vivo en Pontevedra ainda que sou nado en Ogrobe. Ate o de agora pensaba que eu era un rara avis pola miña forma de viaxar (sou moi partidario de ir co coche), asi, xunto coa miña compañeira recorremos Escocia e Gran Bretaña de punta a chivote, o mesmo Portugal e España e unha gran parte de Francia. Outros anos temos andado por terras de Alemania, Austria, Belxica e Holanda. Foi buscando informacion sobre unha viaxe que nos levara a Dinamarca con visitas a Alemania e Suiiza (Berlin, Rostock, etc.) cando din con este blog no que entre outras maravillas atopeime coa viaxe a Cabo Norte. que debo confesar que é unha das miñas debilidades incumplidas dende fai mais de 30 anos. O mais perto que puden chegar foi a Hammerfest en barco e calquera ano destos teremos que cumplir este desexo. O malo e que so poder dispoñer de 15 ou 20 dias de vacacions como máximo cortate bastante para facer unha viaxe desas características pero non desisto de facelo.
    Moitas grazas de novo polo teu blog e as tuas orientacions.

    1. Ola Xose Manoel! Alégrome que te gustara o meu blog e espero que te sexa útil para as tuas próximas viaxes. Eu tamén pensaba que non era moi habitual esta forma de viaxar co coche propio por Europa pero cada vez sei de mais xente que comparte esta forma de coñecer os lugares «desde o primeiro quilómetro á porta da casa». Por outro lado, recoméndoche enormormente unha viaxe ata os Paises Escandinavos. Se non te da tempo ó Cabo Norte (en 20 días pódese facer, pero non vas poder viaxar con moita calma) recoméndoche Suecia e os fiordos do Sur de Noruega, que son do máis fermoso e espectacular que vin nunca. Un saúdo, e se queres mais información da que está publicada no blog non dudes en preguntarme cun comentario ou via e mail
      ( cabonorte2009@hotmail.es )

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Blog de viajes