Archivo de la categoría: en galego

De Compostela a Fisterra en bici polo Camiño Xacobeo

 

Fisterra y su faro desde el camino
Fisterra e o seu faro dende o camiño

Xa fose pola adicción que produce a moita xente a peregrinaxe a Compostela ou simplemente por pasar unha fin de semana dunha forma diferente, cada vez máis pelegríns deciden continuar ate Fisterra polo Camiño Xacobeo. Nesta nova entrada do meu blog, comparto con vos o diario da viaxe (con gastos para dúas persoas, quilómetros e consellos) para facer este camiño en dous días polo trazado orixinal do camiño con bici de montaña.

 

 

El Camino en tierras de Dumbría
O Camiño en terras de Dumbría

 

Canto tempo dedico a facer este tramo do Camiño?

 

Eu recomendo facelo en dous días, ainda que é posible facelo en un só se cumplides os seguintes requisitos:

  • Estar en boa forma física e habituados a andar en bici
  • Gústavos madrugar
  • Facedes o camiño cando os días son longos e non hai moito barro (de maio a setembro)
  • Non vos importa ir por estrada

 

 

Corcubión dende Cee
Corcubión dende Cee

Pola contra, eu recomendo facelo en dous días se cumplides algún dos seguintes requisitos:

  • Queredes ir polo tramo orixinal do camiño (o mesmo que usan os pelegríns a pé), e o mínimo por estrada alternativa
  • Tomades o camiño de forma relaxada e, ademáis, non vos gusta madrugar
  • Gústavos parar nos lugares de interese, a ver paisaxes, a tomar algo, a comer con calma…

Por estas razóns, penso que é mellor dividir os 100 quilómetros ate o final do camiño en dúas etapas, pasando a noite en Olveiroa, unha aldea que está máis ou menos á metade do percorrido e que conta con bastantes servicios para os pelegríns.

 

 

Ponte Maceira
Ponte Maceira

 

Primeira etapa: Compostela – Olveiroa (58.07 km)

 

Partindo da Praza do Obradoiro, o camiño comeza descendendo pola rua que baixa a carón do Hostal dos Reis Católicos, a Rua das Hortas. A partir de aquí, xa non temos máis que seguir as flechas amarelas e en pouco máis dun quilómetro xa estamos fóra da cidade de Compostela pedaleando nunha pista de terra entre árbores. Despois, alternando entre a terra e o asfalto, e tras superar o nada doado Alto do Mar de Ovellas, descendemos ate Ponte Maceira, unha fermosa e ben conservada aldea ao carón do Río Tambre. A pouca distancia chegamos a localidade de Negreira, con moitos servizos para comer ou tomar algo.

 

 

Poco después de Negreira
Pouco despois de Negreira

Ao pasar Negreira, voltamos a subir durante uns 10 quilómetros bastante progresivos por unha fermosa paisaxe tipica do rural galego, que fai desta parte unha das miñas favoritas do Camiño a Fisterra. Unha vez que comezamos a descender ao pasar a aldea de Cornovo, cada vez temos mais asfalto, que vai estar máis presente ate Olveiroa.

 

 

Tramo del Camino por carretera
Tramo do Camiño por estrada

 

Gastos día 1:

 

Comida (Restaurante Barqueiro, Negreira): 26.60 €

Cea (Tapas e cañas en As Pías, Olveiroa): 9.80 €

Dormir en habitación dobre con baño (Casa Loncho, Olveiroa): 40 €

Outros (Bebidas, cañas, cafés…): 8 €

 

 

Ermita de nosa Señora das Neves
Ermita da Virxen das Neves

 

Segunda etapa: Olveiroa – Faro de Fisterra (46.8 km)

 

Sen madrugar moito, saímos de Olveiroa e continuamos por pistas de terra polos montes do Concello de Dumbría. Un pouco máis adiante da aldea de Hospital, pasamos pola curiosa Ermita da Virxe das Neves, e uns quilómetros despois xa podemos ver o mar e, tras unha perigosa baixada (pedras e moita pendente) chegamos a Cee. Tanto Cee, como a localidade veciña de Corcubión, son bos lugares para descansar e xantar polos servizos dos que dispoñen, ainda que é moito máis turística a vila de Corcubión.

 

 

Bajada peligrosa hacia Cee, con Corcubión al fondo
Baixada perigosa ata Cee, con Corcubión ao fondo

Dende Corcubión, cruzamos un monte e voltamos ao mar nas localidades de Estorde e Sardiñeiro. A poucos quilómetros desta última localidade, pouco despois de iniciar un descenso, podemos gozar dunha fermosa panorámica da vila de Fisterra e o seu faro, unha das paisaxes máis fotografiadas deste Camiño

 

 

Praia da Langosteira desde Fisterra
Praia da Langosteira dende Fisterra

Xa case chagando ao destino final, o camiño continúa a carón da Praia da Langosteira, e ao rematar ésta chega a vila mariñeira de Fisterra. A uns 3 quilómetros de Fisterra chegamos ao seu faro, punto final deste Camiño (se non se decide continuar ate Muxía) e lugar onde moitos pelegríns contemplan, se o tempo o permite, unhas das postas de sol máis espectaculares que se poden ver no mundo.

 

 

Faro de Fisterra
Faro de Fisterra

 

Gastos día 2:

 

Almorzo (Casa Loncho, Olveiroa): 7 €

Comida (Restaurante Carrumeiro, Corcubión): 28 €

Outros: 7.20 €

 

Total gastos: 126.6 € (63.3 € persoa) en 2 dias

Total quilómetros: 104.87 km (segundo o contaquilómetros da bici)

 

E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dudedes en poñer un comentario.

 

 

 

GUIA PRACTICA PARA VIAXAR POR EUROPA EN COCHE: 20 cousas que debes saber para percorrer Europa en coche

Escocia, agosto 2010
Escocia, agosto 2010

Despois de varias viaxes por Europa en coche, moitas de elas compartidas con vos neste blog en diarios de viaxe, decidinme facer unha entrada con consellos para conducir por moitos paises europeos en coche propio ou de aluguer. A razón é, sobre todo, para responder a moitas preguntas que me deixachedes e que fun respondendo en comentarios ou por correo electrónico, e que penso que poderían ser útiles para compartir con calquer persoa que guste de viaxar desta maneira.

Noruega, julio 2009
Noruega, xullo 2009

Antes de nada, comentarvos que esta guía práctica a fago tendo en conta os países que teño visitado en coche, algúns deles en varias ocasións, e que comprenden moitos da Unión Europea (a excepción dalgún do Leste de Europa e Grecia) e afíns como Noruega, Suiza e algún pequeno estado como Litchestein, Andorra ou Mónaco. Por último, decirvos que esta guía é tamén moi útil se viaxades noutro vehículo como motocicleta, autocaravana ou camión, aínda que pode variar algo no relacionado con peaxes, documentación ou accesorios obligatorios.

Luxemburgo, agosto 2008
Luxemburgo, agosto 2008

Cales son as principais vantaxes de viaxar por Europa en coche?

A principal vantaxe é sen dúbida a libertade. Podes ir ver o que queres, cando queres e sobre todo, onde queres. Se fas unha viaxe en transporte público podes ver o difícil que é chegar a certos lugares fora dos grandes núcleos de población. Desplazarse ate un parque natural, unha fermosa praia ou algunha pequena aldea perdida tórnase complicado se non temos un vehículo particular. A miña experiencia cando viaxo sen o coche é que sempre acabo visitando ou cidades ou sitios moi turísticos, e boto de menos as paisaxes rurais, as praias sen xente ou as aldeas onde fai tempo que non pasan turistas.

Austria, agosto 2005
Austria, agosto 2005

Ademáis do anterior, hai que ter en conta que nos resultará máis económico a viaxe canto máis persoas vaian no vehículo. Outra vantaxe de ir en coche é que podes levar moito máis equipaxe, como material de acampada (o que fai que aforremos bastantes cartos en aloxamento), elementos electrónicos (portátil, etc…) ou incluso unhas bicis. Por outro lado, unha cousa que me agrada moito é que ao levar matricula estranxeira moita xente te ven falar para interesarse pola tua viaxe.

Arredores de Glencolumbkille
Irlanda, agosto 2010

E cuais son os principais inconvintes?

Pero desplazarse en vehículo propio tamén ten inconvintes. O primeiro de todo é que se vas a ver só cidades o coche pode convertirse nun incordio. De feito, se es de esas persoas que só queren visitar algunhas das cidades máis grandes e turísticas de Europa como Londres, París, Berlín, etc… e non te interesan as zonas fora dos grandes entornos urbanos, entón recoméndote que vaias en transporte público.

Carretera en el sur de Francia, Abril 2009
Estrada no sur de Francia, Abril 2009

Porque moverse en coche nas cidades moi grandes pode ser ás veces unha perda de tempo e cartos (perderse, non atopar onde aparcar, pagar moito polos aparcamentos, ….). Outra cousa mala de ir en transporte privado respecto ao público é a falta de interacción con xente local e outros viaxeiros durante os desplazamentos, ainda que penso que esto se compensa coa facilidade de acceder a zonas pouco turísticas no coche, que soen ser máis amables cos forasteiros.

Crossing The Arctic Cicle in Sweden
Atravesando o Círculo Polar Ártico en Suecia, xullo 2009

Mellor viaxar en coche propio ou de aluguer?

Depende sobre todo da distancia respecto a poboación de orixe e dos días que imos estar. Se por exemplo, dispoñemos de só 10 días para percorrer Suecia está claro que compensa o aluguer. Porén, se imos pasar 15 días na Bretaña francesa aconsello sen dúbida ir en coche propio. Personalmente, como moitas das miñas viaxes son de aproximadamente un mes, a maior parte das veces eu utilizo o meu vehículo particular.

Escocia, agosto 2010
Escocia, agosto 2010

Que documentación necesito se viaxo con meu propio coche?

Para os países da UE e afíns, necesito a mesma documentación que é obrigatoria aqui. O que si se debe levar a maiores, é a carta verde do seguro (se non vola envían á casa a podedes solicitar gratuitamente á vosa compañía de seguros) e o último recibo do seguro pagado. O carnet de conducir de aqui tamén é válido, polo que non fai falla pedir o carnet de conducir internacional.

Atravesando un puente abrible en Gotemburgo, Suecia, julio 2011
Atravesando unha ponte abrible en Gotemburgo, Suecia, xullo 2011

É necesario ampliar a cobertura do seguro?

Ainda que todos os seguros serios teñen que ofrecer asistencia en estrada incluída na póliza en toda a UE, é necesario preguntar na nosa compañía sobre os límite de cartos que temos na asistencia e se se pode ampliar, xa que en caso de accidente ou avería grave pode ser que teñamos que pagar nós parte do traslado do vehículo. Se se viaxa a menudo, pode ser interesante facerse socio dalgunha asociación automovilista como RACE ou RACC, que amplian a cobertura nestes casos.

Lago Leman, Francia y Suiza, agosto de 2011
Lago Leman, Francia e Suiza, agosto de 2011

Que accesorios debo levar no meu vehículo?

Aparte dos obligatorios aqui (triángulos, chaleco, …), en algúns países é tamén necesario levar cousas como extintor (Bélxica), alcolímetro (en Francia, son de un so uso e os venden en gasolineras) ou gancho para remolcar (países dos Balcáns).

Puerto de Larrau, Navarra, octubre 2009
Porto de Larrau, Navarra, outubro 2009

É recomendable facer algunha modificación no vehículo antes de partir?

Polo xeral non é necesario máis que facer unha boa revisión ao vehículo antes de sair (niveis, rodas, cambiar aceite e filtro se imos facer moitos quilómetros,…), pero pouco máis. O único se imos circular por países con moita neve no inverno (países escandinavos, ou zonas altas dos Alpes), onde poden obligarnos a levar pneumáticos de cravos. Por outro lado, se imos circular por zonas moi despobladas eu aconsello (aparte de circular co depósito cheo) levar unha roda de reposto de tamaño normal. Eu cambiei a miña de galleta por unha normal cando fixen a viaxe ao Cabo Norte, xa que no norte dos países escandinavos hai zonas con moi pouca poboación.

Islas Lofoten, Noruega, julio 2009
Illas Lofoten, Noruega, xullo 2009

Que normas de tráfico debo de coñecer para conducir por certos países?

Ainda que as normas de tráfico son bastante similares en toda a UE, pode haber certas variacións nalgúns países. Por exemplo, debemos fixarnos nos límites de velocidade, que ainda que nas vías urbanas é practicamente xeralizado os 50 km/h, si pode ser diferente en vías interurbanas (80, 90 ou 100 en función do país e estrada) e nas autoestradas (en Francia varía entre 110 e 130 dependendo da vía e da humidade, e en Alemaña nen sequera hai límite en moitos tramos das Autobahn). Nas fronteiras de cada país sempre existe un panel informativo con estes límites.

Austria, agosto 2011
Austria, agosto 2011

Outra cousa a ter en conta é a obrigatoriedade de levar as luces de cruce acesas todo o día nos países escandinavos e en moitos do leste de Europa. En outros, como Alemaña ou Holanda, só é recomendado o seu uso polo día. Tamén hai que fixarse na tasa de alcolemia, que ainda que na maioría dos países é a mesma que aquí, nalgúns do leste pode ser incluso de 0,0. De todos os xeitos, recomendo cumprir o máximo posíble as normas de cada país, non só por seguridade, senón tamén pola obrigatoriedade de pagalas ao momento.

Holanda, agosto 2008
Holanda, agosto 2008

En que consiste a pegatina ecolóxica?

De momento só é necesaria para o acceso ás cidades alemanas, ainda que é posible que non tarde moito en ser obrigatoria tamén noutros países. Así que se ides entrar nas cidades de Alemaña, debedes saber que en moitas delas só permiten o acceso a automóbiles que cumplan determinadas condicións anticontaminación. Se ides nun coche gasolina catalizado ou un diesel non moi antigo podedes chegar até o mesmo centro, ainda que tedes que levar posta na marxe inferior dereita a pegatina verde. A pegatina a podedes conseguir en moitos talleres dese país, ou incluso a través da delegación da TÜV (a ITV alemana) en Madrid.

Pegatina ecológica alemana
Pegatina ecolóxica alemana

Hai que facer algún trámite para cruzar as fronteiras?

Viaxando en coche ou moto, en todos os países de UE, acollidos no Tratado Schengen, non é necesario ningún trámite xa que están rexidos polo libre movemento de transportes e mercancías. Podo decir, que as fronteiras entre moitos países son practicamente inexistentes, e o único que vemos é un panel que nos indica o país e os límites de velocidade. Porén, nalgunhas teño visto algún control aleatorio da policía, supoño que para o control de contrabando, inmigración, …

Pirineos franceses, diciembre 2011
Pirineos franceses, decembro 2011

En que países europeos hai peaxes e cuais son as formas de pago?

Poucos países de Europa non teñen ningún tramo de peaxe. Que eu me lembre, non teñen peaxes Alemaña, Bélxica, Luxemburgo e pouco máis. Outros, como en Holanda, Suecia, Dinamarca ou Reino Unido, as autoestradas son gratuitas, ainda que pode haber algún túnel ou ponte de pago. Despois hai varios países como Suíza, Austria ou Eslovenia que hai que mercar unha pegatina nas gasoliñeiras (con duracción variable en función do país, por exemplo en Austria se pode comprar para un mínimo de 10 días, e outros como Eslovenia hai unha única viñeta para un ano).

Pegatina para los peajes en Austria
Pegatina para os peaxes en Austria

Noruega nas entradas de algunhas localidades, e Portugal nas autovías, teñen un sistema de pago automático no que hai que poñer un aparatiño que che carga o importe á conta bancaria, aínda que no caso de Noruega tamén se pode pagar nas gasoliñeiras ou despois por banco cun recargo (ate te mandan unha carta á casa do teu país ca conta onde facer o pago). No resto dos países, teñen un peaxe similar ao de aquí nas autoestradas, aínda que en moitas de elas non hai personal nas cabinas de pago e en algunhas non hai máis remedio que pagar con tarxeta de crédito (e coidado, porque hai sitios onde non aceptan as de débito).

Austria, agosto 2005
Austria, agosto 2005

Son os combustibeis moito máis caros que aquí?

Excepto en Andorra e en Luxemburgo no ano 2008, nunca estiven nun país de Europa cos combustibles máis baratos que aquí. Nalgúns casos, como Italia, teñen uns precios altísimos. Cando fagades o presuposto da viaxe, tende en conta sempre que ides gastar bastante máis en carburante que aquí.

Cerca del Cabo Norte en Noruega, julio 2009
Preto do Cabo Norte en Noruega, xullo 2009

Como son as estacións de servizo e cual é o método de pago?

En todos os países dos que falo nesta entrada soen ter unha boa rede de estacións de servizo e en moitos con mellor calidade de combustible que aquí. Só hai que non apurar moito o depósito en certas zonas pouco poboadas como pode ser o norte dos países escandinavos. En case todos os países, é moi raro que haxa un servizo atendido e non hai máis remedio que botar nós o carburante ao vehículo. Respecto ao método de pago, recomendo usar sempre tarxeta, para non levar cartos en metálico. Tamén teño visto gasoliñeiras sen nengún persoal, onde se paga metendo a tarxeta nunha especie de caixeiro automático no surtidor. Este tipo de estacións son moi comúns en Francia; e en certos países como Suecia, teñen un prezo bastante inferior as estacións de servizo convencionais.

Eslovenia, agosto 2011
Eslovenia, agosto 2011

Como é o estacionamento en moitos países?

En moitos países, teñen un sistema de pago parecido a zona azul de aquí, con parquímetros onde poñer a moeda ou tarxeta. Noutros, hai que comprar un disco no que hai que poñer a hora de chegada, xa que hai zonas con tempo de estacionamento limitado. En moitos casos, recomendo ir directamente a un aparcadoiro público de pago como os de aquí, para non andar pendentes da renovación do tícket, e ademáis nos esquecemos de posibles multas ou roubos. En ocasións, son máis baratos que aquí.

Tunel en Mónaco, abril 2009
Túnel en Mónaco, abril 2009

Que podo facer para aforrar diñeiro na viaxe?

Viaxar en coche ten moitas vantaxes no que respecta a aforrar cartos. Neste senso, recomendo levar material de acampada, para reducir considerablemente os costes de aloxamento. Se viaxamos en furgoneta, ou incluso nun coche familiar, temos a vantaxe de durmir no interior do vehículo. Eu mesmo, como sempre tiven coches familiares, en moitos casos durmimos dúas persoas poñendo un colchón enrollable na parte de atrás do coche, como podedes ver nesta foto.

Coche cama
Coche cama

Outra forma de aforrar é utilizando algún ferri para evitar facer quilómetros por estrada e noites no camiño. Repecto ao combustible, recomendo non utilizar as estacións de servizo das autoestradas (son algo máis caras), e nalgúns países como Francia, é mellor repostar nas gasoliñeiras que teñen moitos centros comerciais, moito máis baratas. Por último, e esto o digo por experiencia, en poucos casos recomendo evitar os peaxes, xa que polo xeral as vías alternativas gratuitas soen ter moito tráfico, pasan por nucleos de poboación, etc… e o que aforramos na peaxe o gastamos en tempo, combustible ou posibles multas… ou acabamos perdéndonos e dando voltas buscando o camiño.

Suiza, agosto 2011
Suiza, agosto 2011

Que consideracións hai que ter nos países que se conduce pola esquerda?

Afortunadamente, en Europa só se conduce pola esquerda no Reino Unido e Irlanda. Non é que sexa moi complicado, xa que penso que é cuestión de adaptarse, ainda que os primeiros quilómetros teremos que ir un pouco máis atentos do normal, especialmente nos cruces e rotondas. Tamén debemos adaptarnos ás distancias que poñen nos paneis e aos límites de velocidade, xa que veñen en millas.

Nota no salpicadero cos límites máis comúns de millas por hora pasados a quilómetros por hora
Nota no salpicadeiro cos límites máis comúns de millas por hora pasados a quilómetros por hora

Se alugamos o vehículo, teremos que acostumarnos a manexar o cambio de marchas coa man esquerda, pero teremos a vantaxe de levar o volante na dereita e o velocímetro en millas. Se imos no noso propio coche (só recomendable se estamos moitos días alí), hai que poñer unha pegatina nos faros para non deslumbrar cando levemos as luces de cruce acesas (ver foto), e recomendo ademáis levar escrito nunha zona visible do salpicadero os equivalentes de velocides en millas e km/h para non pasarnos ningún límite de velocidade.

Adhesivo para adaptar a luz dos faros á circulación pola esquerda
Adhesivo para adaptar a luz dos faros á circulación pola esquerda

Que teño que ter en conta á hora de alugar un vehículo?

O primeiro que recomendo se alugades vehículo no estranxeiro é que vos decidades por unha compañía de certo prestixio. Ainda que as veces soen ser un pouquiño máis caras que outras, penso que compensa, especialmente cando hai algún problema. De todos os xeitos, sempre se debe revisar ben o contrato de aluguer e fixarse ben se en caso de accidente temos que pagar unha franquicia (recomendable se a franquicia non é moi grande, xa que o aluguer será máis barato) e se imos desplazarnos por varios países ver cales inclúe o seguro. Se viaxades en temporada alta, é boa cousa reservar antes o vehículo, e recordade que en moitos casos vos esixiran unha fianza a cargo dunha tarxeta de crédito. Por último, antes de coller o coche e xusto antes de deixalo, botarlle un vistazo aos posibles rascazos que ten o coche para que non vos responsabilicen a vos.

La Toscana en coche de alquiler, Italia, diciembre 2012
A Toscana en coche de aluguer, Italia, decembro 2012

Algún consello no referente á seguridade contra os roubos?

Polo xeral, viaxar por Europa é bastante seguro. De feito, nos países do centro e norte de Europa podo decir que son máis seguros que aquí en moitos aspectos. No resto dos países, compre ter as mesmas normas básicas propias do sentido común que cando estamos aquí: non deixar cousas de valor á vista ao estacionar, evitar os barrios marxinais, etc…

Puente 25 de abril en Lisboa, Portugal, diciembre 2009
Ponte 25 de abril en Lisboa, Portugal, decembro 2009

Hai diferenzas na forma de conducir entre os países?

Os conductores do centro e norte de Europa son bastantes cumplidores coas normas de circulación, e pódese decir que non o son tanto os do sur e o leste, ainda que non hai que asustarse xa que en ningún momento chega a ser perigoso. Persoalmente, penso que os conductores franceses son os máis cumpridores e os italianos os que menos, pero, repito, por toda a UE pódese conducir con tranquilidade.

Atasco en Florencia
Atasco en Florencia

Como debo levar a equipaxe con seguridade?

Se viaxamos moitos días, é normal que levemos moita equipaxe, en especial se levamos material de acampada ou bicicletas. Para evitar sancións, non debemos levar o equipaxe solto polo vehículo e debemos separar a zona de carga da dos pasaxeiros cunha rede. En moitos casos é recomendable levar un cofre na baca para aliviar o espazo do habitáculo. Se levamos bicicletas, o mellor é levalas suxeitas cun equipo homologado. Eu penso que o mellor sistema é o portabicicletas que se acopla ao remolque do coche, e ainda que a instalación é cara e ademáis as bicis van no exterior, é mellor sistema que levalas no teito (aumenta moito o consumo e é un perigo ao entrar nos parquins) ou colgadas do portón (non deixa ver as luces en moitos casos). Persoalmente eu opto por levalas no interior do coche, ben amarradas, xa que non afectan ao consumo e non están expostas a roubos. Non sei se é do todo legal (penso que si ao ir atadas), mais até o día de hoxe nunca tiven problemas.

Cabaña en Loftahammar
Cabaña en Loftahammar, Suecia, xullo 2012

Suxerencias

E estes son as que eu considero as 20 cousas máis importantes para conducir por Europa; e xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha duda, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha viaxe vosa similar, non dudedes en poñer un comentario.

Ademáis, aquí podes consultar varios diarios de viaxe con distintos percorridos, gastos, suxerencias, …

Viaxe ao Cabo Norte

Viaxe á Escocia e Irlanda

Viaxe aos fiordos noruegos, Austria, Eslovenia, norte de Italia, …

Viaxe por Europa en coche e algo en bici

Consellos para viaxar por Francia en coche con pouco diñeiro

O CAMIÑO DO NORTE EN BICI

De Irún a Compostela polo Camiño do Norte.

San Vicente de la Barquera
San Vicente de la Barquera

O litoral Cantábrico é un destino imprescindible para moitos viaxeiros. As paisaxes costeiras, importantes cidades ao pé de praia, e localidades turísticas como Zarautz, San Vicente de la Barquera, Llanes, Ribadeo, etc… fan desta costa unha das máis visitadas da Península. No meu caso, xa a teño percorrido en varias ocasións, ainda que agora quería coñecela dunha forma moi diferente: En bici, seguindo a ruta xacobea a Compostela.

Hondarribia
Hondarribia

Como acostumo a facer en moitas viaxes que publico neste blog, tentarei compartir con vos a diario da viaxe, co percorrido diario, fotos, consellos,etc,… Ao final do post podedes ver o resumo de gastos (para dúas persoas) e quilómetros percorridos etapa a etapa. Espero que vos guste e vos sexa útil.

DÍA 1: CHEGADA E A PREPARARSE PARA A RUTA
IRÚN – HONDARRIBIA (5.52 km)

Chegamos a Irun sobre as 2 da tarde no tren procedente de Burdeos, xa que rematábamos a nosa viaxe por Europa no Interrail (neste enlace podedes ver a diario de viaxe do Interrail). Así que despois de xantar, fomos buscar as bicis na delegación dunha empresa de mensaxería. Despois de montalas e de sellar a credencial do peregrino no albergue de peregrinos de Irún, comezamos o camiño xa ben entrada a tarde, polo que este día non pudimos facer máis de 5 quilómetros, a distancia que separa Irún do albergue Capitan Altximista (bastante caro), pretiño de Hondarribia.

Pasaia
Pasaia

DÍA 2: DURA ETAPA E FERMOSAS PAISAXES
HONDARRIBIA – Pasaia – Donostia – Orio – ZARAUTZ (52.86 km)

Comezar a pedalear subindo o Monte Jaizkíbel é a mellor forma de entrar en calor. Lástima que o estado do camiño xacobeo sexa nesta zona bastante difícil para unha bici con alforxas, polo que preferimos concluir o porto pola estrada. Despois, baixada ate a fermosa localidade de Pasaia, onde hai que coller un barquiño para cruzar a ría.

Igueldo, Donostia
Igueldo, Donostia

A poucos kilómetros chegamos a Donostia e a atravesamos por un comodísimo carril bici que fai imposible perdernos e, ademáis, levanos ao carón da Praia da Cuncha. Os quilómetros restantes ate Zarautz son bastante duros, con moitos desniveis e cun estado do camiño un pouco duro para unha bici con alforxas, polo que é recomendable en moitos casos continuar pola estrada. Por sorte, a guía que levamos, Camino del Norte en BTT, de Juanjo Alonso (Editorial Desnivel), indicanos as alternativas para bici. Xa na turística Zarautz, hai moitos restaurantes, bares e hoteis ainda que todo bastante caro. Para durmir nós optamos polo albergue municipal (donativo).

Costa Vasca
Costa Vasca

DÍA 3: CONTINUA O PASEO POLA COSTA VASCA
ZARAUTZ – Getaria – Zumaia – Deba – Mutriku – Ondarroa – MARKINA (54.24 km)

Esta etapa a fixemos case sempre por estrada, xa que segundo a guía o camiño está en moi mal estado para a bici. De todos os xeitos, a parte costeira desta ruta é moi bonita e pasa por interesantes localidades como Zumaia, Deba, Mutriku ou Ondarroa, onde xira ao interior. Decidimos durmir en Markina (no albergue municipal, donativo), xa que hai bastante distancia ate a seguinte poboación.

Mosteiro de Zenarruza
Mosteiro de Zenarruza

DÍA 4: OS MONTES VASCOS POR ESTRADA
MARKINA – Gernika – Lezama – BILBO (67.73 km)

Como xa coñecíamos a dureza desta etapa, decidimos que sería mellor facela por estrada, tendo en conta o durísima que é polo trazado orixinal do camiño e o pouco tráfico das estradas alternativas. Penso que non nos equivocamos, xa que pedaleamos case sempre por estradas secundarias atravesando caseríos, montes,…e tres portos de montaña que nos deixaron cansadísimos ao chegar a Bilbo. Aqui decidimos durmir de hotel para descansar por un día sen toques de queda, ronquidos e madrugóns.

Bilbo
Bilbo

DÍA 5: DE NOVO NA COSTA
BILBO – Getxo – Portugalete – Castro Urdiales – ISLARES (56.8 km)

Máis descansados que os días anteriores, partimos hacia a costa polo trazado alternativo ao camiño, na marxe dereita da Ria de Bilbo, moito máis turística dentro do que cabe nunha cidade industrial. Para cruzar a ría, utilizamos o transbordador da mítica Ponte de Vizcaya, aínda hoxe moi utilizada, e que nos deixa en pouco máis dun minuto en Portugalete. Nesta localidade, podemos facer un pouco de trampa para chegar á parte alta da mesma sen esforzo utilizando unhas «aceiras mecánicas». Despois, dirixímonos até a costa por un bidegorri (carril bici) de varios quilómetros. Xa ao carón do mar, volvemos ao típico camiño rompepernas xunto ao cantábrico que nos acompañará até terras galegas. Tras pasar Castro Urdiales decidimos durmir en Islares. Alí, pasamos a noite nun cámping que alquila tendas de campaña ben equipadas por pouco máis do que costa o albergue da mesma localidade.

Guggenheim, Bilbo
Guggenheim, Bilbo
Puente de Vizcaya
Ponte de Vizcaya

DÍA 6: CRUZANDO RÍAS EN CANTABRIA
ISLARES – Laredo – Santoña – Somo – Santander – BEZANA (67.94 km)

Desde que o día anterior entramos en Cantabria, pedaleamos sempre o máximo posible polo camiño orixinal a Compostela, sempre que as condicións do camiño o permitan. Despois de Islares, pasamos pola localidade de Laredo e cruzamos a ría ate Santoña por barco. Unhas cantas costas despois chegamos a outra ría onde temos que utilizar de novo outro barco para ir a Santander. Pouco estivemos nesta cidade, que xa coñecemos ben, e paramos a durmir no albergue de Santa Cruz de Bezana (donativo, incluído almorzo e cea).

Llegando a Santander
Chegando a Santander

DÍA 7: ATRAVESANDO LUGARES HISTÓRICOS
BEZANA – Santillana de Mar – COMILLAS (61.53 km)

Se de algo se pode caracterizar esta etapa é de rompepernas. A verdade é que o é todo o camiño, mais neste tramo moito máis. De todos os xeitos a bondade do clima cantábrico e as paisaxes fan que se vaia levando ben. Ademáis, cruzar lugares históricos tan importantes coma Santillana de Mar ou Comillas fan que te sintas como un turista máis que coma un ciclista. Comillas, aparte de histórica, tamén é un destino moi típico de praia, o que fai que todos os aloxamentos (incluído o albergue) estén cheos no verán. Afortunadamente, nós atopamos de casualidade unha habitación nunha casa privada por 30 euros.

Santillana de Mar
Santillana de Mar
Casa del Indiano, Colombres
Casa do Indiano, Colombres

DÍA 8: CHEGADA A ASTURIAS
COMILLAS – San Vicente de la Barquera – Unquera – Llanes – VILLAHORMES (72.33 km)

Fermosa etapa ao carón do mar, pasando pola Praia de Oyambre, San Vicente de la Barquera, Unquera, Colombres (onde podemos visitar a casa do Indiano)… pero sobre todo, o mellor da etapa é o tramo que discurre pola ruta de gran percorrido GR AS-19 pouco despois de entrar en Asturias, moi ben acondicionado para bicis. Tras pasar Llanes, continuamos pola beira da estrada AS-263 até que nos cansamos, así que buscamos para durmir en Villahormes, concretamente no albergue privado Punta Pestaña.

Por la GR AS 19 en Asturias
Pola GR AS 19 en Asturias

DÍA 9: GOZANDO DA COMIDA ASTURIANA
VILLAHORMES – Ribadesella – Colunga – Villaviciosa – AMANDI (58.93 km)

Etapa con moito asfalto, que se vai levando ben gracias a beleza e o bo clima de Asturias. O camiño pasa pola turística Ribadesella, típico lugar onde facerse unhas fotos xunto aos seus palacetes ao carón da praia. En Colunga, toca parar para recuperar forzas coa boa cociña asturiana. Xa en Villaviciosa, buscamos un sitio onde durmir. Como alí estaba todo cheo, atopamos unha casa rural poucos quilómetros máis adiante ao carón do camiño, nunha casa rural na aldea de Amandi.

Subiendo el Alto de la Cruz
Subindo o Alto da Cruz

DÍA 10: A ASTURIAS MÁiS URBANA
AMANDI – Xixón – AVILÉS (57.82 km)

Despois de Amandi, pouco despois de onde se desvía o Camiño Primitivo (que fixen un tempo despois, e que falo nesta entrada do blog), comeza a dura subida ao Alto de la Cruz, sen dúbida unha boa forma de queimar o almorzo. A pouca distancia, e tras voltar subir outro alto, chegamos a cidade de Xixón. A ruta pasa ao carón da Praia de San Lorenzo e polo centro da cidade, polo que pode ser un bo lugar para xantar. Pola tarde, continuamos rumbo Avilés, onde pedaleamos bastantes quilómetros a través de barrios urbanos e industriais. A cidade de Avilés, ben coñecida por min xa que traballei alí dous anos, non é tan fea como parece polos seus redores, polo que merece unha parada para pasear polo centro e para gozar dos bos sitios para cear que ten.

Hórreo en Asturias
Hórreo en Asturias

DÍA 11: UN PASEO POLA N 632
AVILÉS – Soto del Barco – Soto de Luiña – Cadavedo – CANERO (75.17 km)

A etapa sae de Avilés polas vilas de Salinas, Piedras Blancas e Soto del Barco, a partir de onde decidimos seguir pola N 632, tendo en conta a recomendación da xente da dificultade do camiño orixinal para as bicis con alforxas. Ainda que ao principio hai que compartir a vía con bastante tráfico, a cousa cambia a partir da Concha de Artedo, onde a estrada vólvese moi tranquila e pasa por sitios fermosos que fan da ruta un paseo, aínda que non por eso deixa de haber bastantes desniveis. Despois dunha parada a xantar no Restaurante Cabo Vidio (bastante caro, mais cunha calidade que paga a pena), xa entrada a tarde, escollimos para durmir un albergue en Canero (preto de Luarca), que pertence ao Hostal Canero, que sorprendentemente non tiña a ningún peregrino ainda sendo pleno agosto.

Soto del Barco
Soto del Barco
La tranquila N 632
A tranquila N 632

DÍA 12: DÍA DE SOL E PRAIA PARA DESPEDIRNOS DA COSTA
CANERO – Luarca – Navia – Tapia de Casariego – RIBADEO (72.75 km)

Fixemos este tramo un bonito dia de domingo, bastante soleado pero, coma acostuman ser estes días de verán na costa cantábrica, con temperaturas suaves…así da gusto pedalear! Despois de unhas paradiñas en Luarca e Navia, a etapa vai pola campiña costeira preto da costa e ás veces ao carón de algunha praia, chea de xente nestas datas. Pouco despois de Tapia de Casariego, continuamos polo camiño de terra da senda costeira que vai xunto ao mar. Tras cruzar a Ponte dos Santos, entramos na primeira localidade baixo administración galega: Ribadeo. Alí descansamos na Pensión Linares, situada na mesma praza da vila e a bo prezo.

Porcía, Asturias
Porcía, Asturias
Playa de Peñarronda, Tapia de Casariego
Praia de Peñarronda, Tapia de Casariego

DÍA 13: O INTERMINABLE ALTO DA XESTA
RIBADEO – Lourenzá – Mondoñedo – Abadín – MARTIÑÁN (68.40 km)

Despedímonos do mar en Ribadeo rumbo a Mondoñedo. Ate esa localidade é unha etapa típica rompepernas, con subidas e baixadas bastante fortes, mais con fermosas paisaxes que compensan o esforzo. Despois dunha parada na vila medieval de Mondoñedo, o camiño tórnase nunha subida contínua ao Alto da Xesta. A dureza desta etapa fíxome lembrar a da nosa terceira xornada por Euskadi (Martina – Bilbo), aínda que esta vez a levamos mellor, non sei se porque estamos en mellor forma física ou porque xa estamos máis preto de Compostela. Acabamos a xornada na localidade de Martiñán, onde deixamos as bicis na casa duns coñecidos e nos desplazamos até Lugo a tomarnos un día de descanso, ben merecido despois deste duro día.

Cerca de Lourenzá
Preto de Lourenzá
Mondoñedo
Mondoñedo

DÍA 14: DESCANSO EN LUGO

DÍA 15: CADA VEZ MÁIS PRETO!

MARTIÑÁN – Vilalba – Baamonde – SOBRADO DOS MONXES (73.97 km)

Ainda que o día comeza con neboeiros, o sol quenta moito xa desde a mañá na que sería sen dúbida a etapa máis calurosa de todas as que fixemos. Como botamos de menos a brisa do Cantábrico! E dende logo esta calor non axuda para subir as frecuentes costas, e moi en especial as que transcurren polas terras do concello de Friol. Decidimos acabar a xornada no excepcional Mosteiro de Sobrado dos Monxes, sen dúbida o mellor lugar posible para pasar a última noite do camiño.

A Terra Chá
A Terra Chá
El Camino Francés
O Camiño Francés

DÍA 16: CHEGADA A COMPOSTELA

SOBRADO DOS MONXES – Boimorto – Arzúa – Arca – COMPOSTELA (64.82 km)

A pouca distancia a Compostela fai que esta etapa sexa un paseo, e ainda que con frecuentes desniveis, non é nada dura se ademáis se fai nun día perfecto para andar en bici, como o que tivemos nós. A partir de Arzúa, o Camiño do Norte xúntase co Camiño Francés, polo que a partir de aquí o número de peregrinos aumenta de forma espectacular, obrigándonos a moderar a velocidade para non molestar aos camiñantes. Despois da subida ao Monte do Gozo, xa podemos ver Compostela, que ademáis de ser o final do Camiño é a cidade onde nacín e onde vivo. Tras 15 días pedaleando, aos que haberá que sumar o mes que estivemos de Interrail, chegamos a Praza do Obradoiro coma final desta viaxe tan distinta ao que estamos acostumados. Sen dúbida unha experiencia única que nos obriga a facernos a seguinte pregunta: cal será o noso próximo Camiño?

Praza do Obradoiro, Compostela
Praza do Obradoiro, Compostela

Resumen de distancias e gastos para duas persoas

Dia 1: Irún – Hondarribia: 5.52 km

Auga: 0.26 €

Envío por mensaxería:10 €

Día 2: Hondarribia – Zarautz: 47.34 km

Albergue + almorzo + cea + cervexas (Capitán Altximista): 51 €

Supermercado: 7.02 €

Barco Pasaia: 2.8 €

Bares: 11.9 €

Cea: 16.4 €

Outros: 7€

Día 3: Zarautz – Markina: 54.24 km

Almorzo: 5.9 €

Supermercado: 4.23 €

Bares: 10.6 €

Cea: 17.3 €

Outros: 4 €

Día 4: Markina – Bilbo: 67.73 km

Almorzo: 13 €

Supermercado: 5.73 €

Bares: 14.6 €

Cea: 21.75 €

Outros: 0.65 €

Día 5: Bilbo – Islares: 56.80 km

Hotel con almorzo (Holyday Inn): 87.5 €

Ponte Vizcaya: 1.20 €

Bares: 9.4 €

Cañas + ración de calamares: 8.9 €

Alquiler da tenda + Almorzo (camping Playa Arenillas): 31.5 €

Cea: 21.1 €

Día 6: Islares – Bezana: 67.94 km

Supermercado: 8.55 €

Bares: 4.40 €

Barco a Santoña: 6 €

Barco a Santander: 7 €

Día 7: Bezana – Comillas: 61.53 km

Supermercado: 4.82 €

Bares: 5.8 €

Casa en Comillas: 30 €

Cea: 22.5 €

Outros: 50 €

Día 8: Comillas – Villahormes: 72.33 km

Almorzo: 10.2 €

Supermercado: 13.26 €

Bares: 2.8 €

Cea: 29 €

Albergue (Punta Pestaña): 24 €

Outros: 11.30 €

Día 9: Villahormes – Amandi: 58.93 km

Almorzo: 5 €

Supermercado: 1.54 €

Comida: 22.6 €

Bares: 5.2 €

Cea: 29.6 €

Día 10: Amandi – Avilés: 57.82 km

Casa Rural Puente de Amandi: 48 € con almorzo

Bares: 7.8 €

Supermercado: 6.17 €

Cea: 25.3 €

Día 11: Avilés – Canero: 75.17 km

Hotel + almorzo (Hostal Félix): 50.20 €

Supermercado: 4 €

Comida: 27.20 €

Cea: 24 €

Día 12: Canero – Ribadeo: 72.75 km

Albergue + almorzo (Hostal Canero): 33 €

Bares: 6.3 €

Bocatas + cañas: 15.70 €

Día 13: Ribadeo – Martiñán: 68.40 km

Hotel + almorzo (Pensión Linares): 56.9 €

Supermercado: 6.46 €

Comida: 18.4 €

Día 14: Descanso

Día 15: Martiñán – Sobrado dos Monxes: 73.97 km

Supermercado: 4.8 €

Bares: 3 €

Albergue de Sobrado dos Monxes: 12 €

Cea: 14.2 €

Día 16: Sobrado dos Monxes – Compostela: 64.82 km

Almorzo: 5.5 €

Bares: 5.20 €

Comida: 11 €

TOTAL:

  • Kilómetros percorridos: 905.3 km (unha media de 64.6 km por día)

  • Gastos: 1042.44 € dúas persoas (521.22 € persoa, unha media de 34.75 € por persoa e día)

… E VOS RECOMENDO…

· Pasar polo menos un par de días en Compostela, que é unha cidade que ten moito que ver aparte da Catedral, como podedes ver neste enlace.

· Seguir outro par de días ata Fisterra, para acabar o Camiño a carón do mar no impresionante Faro de Fisterra, que podedes ver tamén neste enlace.

· E se o Camiño do Norte vos gustou, estou convencido que o Camiño Primitivo vos gustará ainda máis, xa que pasa por impresionantes paisaxes de montaña. O podedes comprobar vendo as fotos e as etapas neste enlace.

FIN

Espero que esta diario da viaxe vos sexa de utilidade, e se tedes algunha pregunta máis, algunha suxestión, algún consello,… non dudedes en poñer un comentario ou enviar un correo a cabonorte2009@hotmail.es

GUIA PRÁCTICA DO INTERRAIL. 20 cousas que debes saber antes de percorrer Europa en tren

En tren por Eslovenia
En tren por Eslovenia

Neste post explícovos o que penso que é importante saber para viaxar por Europa en tren. Espero que vos sexa útil para gozar dunha viaxe como esta. E se ademais queredes ver o meu diario de viaxe co percorrido, visitas e gastos non tendes máis que pinchar neste enlace a outro post do meu blog.

Hungría
Hungría

· Que é o interrail?

O interrail é un billete único que te permite percorrer un país ou varios de Europa (dependendo do tipo de billete) válido para a maioría das compañías de tren do territorio europeo.

· Que países inclúe?

Case todos os da Unión Europea (Irlanda, Reino Unido, Portugal, España, Italia, Grecia, Francia, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Alemania, Dinamarca, Suecia, Finlandia, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Austria, Eslovenia, Croacia, Rumanía e Bulgaria), Noruega, Suiza, Bosnia Hercegovina, Serbia, Montenegro, Macedonia e Turquía. Son 30 países en total, ainda que en realidade son 29, xa que non inclúe o país de residencia do propietario do billete. Pódese decir polo tanto que cubre case toda a Europa excepto Estonia, Letonia, Lituania, Albania, Kosovo, Bielorusia, Ucrania, Moldavia e Rusia. Ainda que no estaría mal que incluíse tamén estes países, se o pensamos ben, cun só billete de interrail poderíamos chegar até a fronteira con Irán!

En tren por Croacia
En tren por Croacia

· Que tipos de billetes hai?

Hai só dous tipos de billetes:

  • O InterRail Global Pass, que inclúe todos os países que dixen no apartado anterior

  • O InterRail One Country Pass, válido para un só país a escoller, excepto o de residencia do propietario do billete

Antigamente tamén había un billete para grupo de países pero xa non existe.

Despois, dentro do Global Pass podemos escoller entre varios períodos de validez:

  • 5 días entre 10 días: Válido para 5 días de uso do tren dentro de 10 días seguidos

  • 10 días entre 22 días: Válido para 10 días de uso do tren dentro de 22 días seguidos

  • 15 días contínuos: inclúe todos os días dentro dos 15 días

  • 22 días contínuos: inclúe todos os días dentro dos 22 días

  • un mes contínuo: inclúe todos os días dentro dun mes

Polo que deberíades escoller a duración do billete en función do tempo que teñades para a viaxe e o que pensades estar nun sitio sen moverse. Se ides estar nos destinos varios días recoméndovos calquera dos dous primeiros.

Despois, a tarifa depende da idade:

  • Xoven: menos de 25 anos

  • Adulto: máis de 25 anos. É a máis cara

  • Adulto maior: 60 anos ou máis

  • Neno: de 4 a 11 anos

Por último, queda escoller entre:

  • Primeira clase: máis cómoda e con máis servizos… e máis cara

  • Segunda clase: a máis económica, ainda que penso que suficiente

Nós utilizamos o billete InterRail Global Pass, de un mes contínuo, para adultos e en segunda clase, que nos saíu a 658 € cada un. As tarifas as podedes consultar nesta páxina, así como tamén comprar o billete (tamén o podedes comprar nunha estación RENFE)

Estación de Saint Jean en Burdeos
Estación de Saint Jean en Burdeos

· Quen pode utilizar un billete de Interrail?

Só é válido para persoas residentes en Europa. En caso contrario hai a opción do billete do Eurail, que penso que é bastante similar ao do interrail.

· Cando e onde comeza a validez do billete do interrail?

Cando se compra o billete poñedes a data que queredes de inicio, e a partir de ese día que escolléchedes xa estará activo. O billete comeza a súa validez en calquer pais que inclúa o pase sempre e cando non sexa o de residencia. Ainda que neste caso, podemos optar por unha reducción do billete do tren do 30% até unha estación do tren da fronteira ou até un aeroporto para desplazarnos ao estranxeiro (nós utilizamos este desconto para ir de Compostela a Irún).

Bosnia
Bosnia

· Que trens inclúe?

Practicamente todos os dos países do pase, incluíndo nocturnos e os de alta velocidade. Pode ser que non entre algunha compañía que explote algunha liña privada mais son excepcións. Tamén inclúen algún tren urbano (estilo metro) e incluso algún ferri ou bus. Nestes últimos casos, se non están incluídos no billete, é bastante común que teñan descontos. Nesta páxina podedes descargar un mapa de todas as liñas.

· Hai que pagar algún suplemento antes de subir a algún tren?

Si. Algúns trens internacionais ou de alta velocidade necesitan facer antes unha reserva de plaza (xa que están limitadas), e en certos casos hai que pagar por elo. Os precios dependen do tren e do país. Nós, na nosa viaxe dun mes gastamos un total de 71€ por persoa nestas reservas.

Estación de Prvacina, Eslovenia
Estación de Prvacina, Eslovenia

· Como planifico a viaxe?

Para coñecer todos os horarios de tren de todos os países, reservas, etc… recoméndovos esta páxina. Eu é a que utilicei, e ademáis vin utilizar tamén a algúns vendedores de billetes das estacións.

· Como controla o billete o revisor?

Se para coller o tren é necesario reserva, é necesario ir pola billetería da estación (as máis grandes teñen xa ventanillas específicas para viaxes internacionais e interrail), enseñar o billete do interrail e facer a reserva (haxa que pagar ou non). Se non é necesario reserva non hai máis que subir directamente ao tren, ensinámoslle o noso billete do interrail ao revisor durante a viaxe, e xa está.

Bosnia
Bosnia

· Como é o billete e que teño que cubrir?

O billete indica principalmente o nome e DNI do usuario, pais de residencia, data de validez e tipo de pase. Ademáis, leva anexo unha folla para cubrir nós cos nosos datos persoais, tipo de tícket e os datos da viaxe, que penso que non é obligatorio, mais todo o mundo o levaba cuberto e algúns revisores o miraban. O último punto, o de datos da viaxe, hai que cubrir a data e hora de saída, e localidade de orixe e destino do tren, e algúns revisores o marcan cunha maquiniña.

Destinos a cubrir en el billete del interrail
Destinos a cubrir no billete del interrail

· Que facer ao cruzar as fronteiras?

Dentro da Unión Europea, en todas as fronteiras dentro do tratado Schengen, non hai que facer nada, xa que se pode decir que non existen. Só temos que levar con nós sempre o DNI, igual que aqui. Para o resto dos países, ahi que levar pasaporte.

· Que debo levar como equipaxe imprescindible?

O mínimo posible, xa que temos que cargar con el toda a viaxe. Eu penso que o imprescindible é o seguinte: pouca roupa (un par de pantalóns, unhas camisetas, roupa interior, unha chaquetiña e un chuvasqueiro de emerxencia plegable), dous pares de zapatos (no verán cuns tenis e unhas chanclas é suficiente), a documentación (eu a levo nunha riñonera impermeable debaixo da roupa), unha gorra, gafas de sol, unha toalla de secado rápido, un móbil, un kit de aseo (pasta e cepillo de dentes, desodorante, xabrón, un tubiño de crema solar,…), e un saco de durmir se durmides en albergues ou no tren. A maiores, eu levei un pequeno botiquín, unha libreta para anotar cousas, unhas gafas de reposto, un cámara de fotos e unha tablet (moi útil para ver guías de viaxe e conversación, libros electrónicos, películas, conectarse a internet coa wifi, skype, etc…).

Todo isto debería caber nunha mochila, ainda que eu recomendo a maiores levar unha riñoneira ou unha especie de bolso de man para levar a documentación e cousas que se usen moito. Tendo en conta que nós despois enlazamos o interrail co Camiño de Santiago en bici, utilizamos alforxas da bici cun adaptador para convertilas en mochilas, que ainda que non teñen moito espazo (mais suficiente para levar o que dixen anteriormente) e son algo máis incómodas que unha mochila normal, teñen a vantaxe de que son impermeables.

Alforjas/mochilas con todo nuestro equipaje para hacer el interrail
Alforxas/mochilas con todo o noso equipaxe para facer o interrail

· Que facer durante a viaxe en tren?

Contade con pasar moitas horas en tren. Especialmente se evitades os de alta velocidade (que soen ter prazas limitadas e coste de reserva) e se viaxades por países con vías e trens bastente obsoletos. O mellor que podedes facer para pasar as horas é aproveitar para falar e coñecer xente, mais cando eso non sexa posible eu recoméndovos levar unha tablet xa que ali podedes levar libros electrónicos, pelis, guias de viaxe, guias de conversación, xogos, etc…

· Onde durmir?

Loxicamente onde imos durmir dependerá do noso presuposto. Se o podemos permitir, unha opción é buscar hoteis ben de prezo. Para elo, é aconsellable buscar antes en internet (e incluso reservar en temporada alta) un preto da estación para non cargar moito coas mochilas. O seguinte escalón en prezo son os hostels ou albergues, bastante económicos pero tamén ruidosos e ollo cos roubos nalgúns deles. Non recomendo ir de cámping xa que non son moito máis baratos que os albergues e hai que cargar co material de acampada. Outra opción, a máis económica con diferenza e bastante utilizada por moitos usuarios do interrail con pouco presuposto, é a de coller trens nocturnos e durmir no tren.

Polonia
Polonia

· Onde comer?

Esta é outra variable que dependerá moito do noso presuposto. Como viaxeiro, especialmente se coincide coa viaxe en tren, haberá moitos días de xantar bocadillo e comida rápida. Mais recomendo tamén comer quente de vez en cando e de paso probar a gastronomía local. As veces, para aforrar uns cartiños, aconsellovos buscar apartamentos ou albergues con dereito a cociña.

· Canto diñeiro podo gastar na viaxe?

Como é lóxico dependerá sobre todo do aloxamento, comida, bebida (especialmente con alcol) e o precio do billete do interrail. Nós gastamos uns 2300€ cada un en un mes con absolutamente todo incluido: pase interrail gobal pass adulto (658€ o billete), durmindo case sempre de hotel, probando moita comida e bebida local, etc… podedes ver os gastos desglosados neste post. Ainda así, penso que é posible facelo por algo menos da metade se se durme en albergues e no tren, evitamos os restaurantes, frecuentamos pocos bares, visitamos países baratos, …

Lago Leman, Suiza
Lago Leman, Suiza

· Algún consello para aforrar máis?

Seguir os consellos do final da anterior pregunta é o mellor que podemos facer se queremos aforrar unha importante cantidade de diñeiro, mais tamén hai algúns trucos para gastar menos. Por exemplo, evitar as reservas dos trens buscando destinos alternativos, utilizar transporte urbano incluído no interrail, comprar nos supermercados os bocadillos, descargarse as guias turísticas de internet, buscar información e mapas nas oficinas de turismo, chamar a casa polo skype, etc… e se sabedes algún máis non dudedes compartilo nos comentarios.

· É aconsellable saber idiomas?

Saber idiomas é unha axuda moi importante para moverse no estranxeiro, para coñecer xente, pedir de comer, etc… ainda que non desenvolverse moi ben noutra lingua non é excusa para non saír da casa. Moita xente chega moi lonxe utilizando apenas catro palabras e unha guía de conversación; ten en conta que hoteis, restaurantes, etc… xa están acostumados a entenderse cos turistas. Ademáis, e isto o digo por experiencia, viaxar é a mellor forma de aprender idiomas. Vale máis un mes de viaxe polo estranxeiro que meses de academias de idiomas. A lingua máis útil na Europa é sen dúbida o inglés, que coñecen en todos os hoteis, oficinas de turismo e a maior parte dos viaxeiros. Aínda así, tamén son moi úteis o alemán e o francés aparte do español.

Tren de Bosnia
Tren de Bosnia

· Compensa respecto outras formas de viaxar?

Os que seguides este blog sabedes ben que xa fixen bastantes percorridos por Europa no meu coche, así que vou comparar o interrail respecto a que eu considero unha das mellores formas de coñecer Europa: o vehículo propio (ou de aluguer). Para empezar, o tren non te da a liberdade de coñecer lugares que si son facilmente accesibles en coche, moto ou autocaravana, como localidades pequenas, parques naturais, praias, etc…, polo que ao final co interrail só acabas visitando cidades. Ademáis, cun vehículo propio podemos aforrar bastante en aloxamento indo de cámping, hoteis de baixo custo nas aforas das cidades, …ou durmindo no propio vehículo. E hai que considerar tamén que o billete do interrail non é que sexa barato para adultos. Polo que penso, e esto é unha opinión persoal, que o interrail en moitos casos non compensa respecto o coche. Sí pode resultar máis barato se se viaxa só ou se ides dous menores de 26 anos (o billete é bastante máis económico), mais no resto dos casos penso que é máis barato viaxar en coche. De todos os xeitos, viaxar en tren tamén ten outras vantaxes, como que é máis descansado ao non ter que conducir, coñeces xente no tren, non tes problemas de buscar aparcamento, etc… É cuestión de gustos.

Gare de Lyon de París
Gare de Lyon de París

· Que lugares son os máis recomendables para ver?

Como dixen no apartado anterior, viaxando co interrail é común acabar visitando só cidades. Así que supoño que calquera que estivese nestes destinos estará de acordo conmigo que son paradas obligatorias París, Roma, Florencia, Venecia, Budapest, Praga, Cracovia, Berlín, Bruselas, Bruxas, Amsterdam e Estocolmo. Ainda que non imprescindibles, teño que decir que cidades como Milán, Gante, Dresde, Bratislava, Varsovia Ljubljana, Zagreb, Sarajevo ou Mostar tamén son interesantes. De todos os xeitos, esta é unha opinión moi persoal e seguro que vos sabedes tamén dalgún destino que paga a pena e que vos animo que compartades cun comentario. Por outro lado, non recomendo visitar co interrail Reino Unido ou Irlanda a non ser que se teña un pase único destes países, xa que o prezo da reserva para cruzar o Canal da Mancha me parece abusivo.

En tren por Bosnia
En tren por Bosnia

Suxerencias

Espero que estes consellos sexan de utilidade para a vosa viaxe en tren por Europa, e se tedes algunha pregunta máis, algunha suxestión, algún consello,… non dudedes en poñer un comentario!

INTERRAIL 2013: UNHA VOLTA POR EUROPA EN TREN

En tren por Bosnia
En tren por Bosnia

Despois de varios anos percorrendo a Europa en coche, no ano 2013 tocou unha viaxe un pouco diferente: En tren, desde casa e con só unha mochila cada un por equipaxe. Como acostumamos a facer cando viaxamos, o destino decidímolo segundo a marcha ou como moito o dia anterior. Neste post comparto con vos o itinerario, o dia a dia da viaxe (dúas persoas, durante un mes) e os gastos.

Recorrido Interrail 2013
Percorrido Interrail 2013

Día 1: Compostela – Irún

Sempre que podemos gústanos empezar a viaxe desde casa, sen coller avión. Aínda que en principio planteámonos ir en avión ate París decidimos sair en tren da casa polo feito de facer a viaxe máis xenuina. Saímos da estación de Compostela sobre as nove da mañá, e chegamos a Irún xa ben entrada a tarde. O xusto para tomar uns pinchos que non voltaríamos probar nun mes.

Gare de Lyon de París
Gare de Lyon de París

Día 2: Irún – París

En poucas horas, o tren de alta velocidade TGV deixounos en París ao mediodía. Pouco tempo estivemos nesta cidade, que xa coñecemos e na que decidimos estar máis días á volta se tivésemos tempo. Pouco máis pudemos facer que buscar o aloxamento e ir a estación Gare de Lyon para reservar o billete para o día seguinte á Milán, previo pago da reserva (ver guia práctica) e modificación do traxecto.

Catedral de Milán
Catedral de Milán

Día 3: París – Milán

Segundo nos dixeron o día anterior na estación, o tren que vai directo a Milán tiña as plazas reservadas para o interrail cheas, así que nos buscaron unha ruta alternativa vía Lyon e Xenebra. Foi unha viaxe longa porque tivemos que enlazar tres trens mais era eso ou esperar varios días en París. Aínda así, a viaxe lévase ben sobre todo na última etapa Xenebra – Milán, xa que as paisaxes dos Alpes son impresionantes. Xa en Milán, tamén é impresionante a súa catedral, unha das máis fermosas de Europa, así como a boa comida italiana.

Venecia
Venecia

Día 4: Milán – Pádua con visita a Venecia

Tendo en conta os carísimos aloxamentos de Venecia, decidimos buscar para durmir en Pádua, bastante preto da cidade dos canais, e moitísimo máis barata. Pasar o día en Venecia foi o mellor que pudimos facer. Eu pensaba que ía ser a típica cidade artificial para turistas, mais é unha cidade fermosísima e única que non ten comparación con ningunha outra do mundo. Paga a pena pasear pola cidade, pasar pola Praza de San Pedro e darse unha volta polos canais, aínda que sexa nos numerosos «batobuses» que hai.

En tren por Eslovenia
En tren por Eslovenia
Ljubljana
Ljubljana

Día 5: Pádua – Ljubljana

Catro trens diferentes utilizamos para chegar á capital de Eslovénia. Os dous primeiros na Italia, con retrasos, moita calor e cheos de xente. Os dous segundos xa no país Balcánico: Trens pequenos, con poucos viaxeiros onde nos movíamos lentamente por unhas paixases fermosísimas. Foi coma empezar unha nova etapa na viaxe, na que abandonabamos o estrés italiano e nos introducíamos no tranquilo modo de vida dos países balcánicos. A influencia eslava deste pequeno país é evidente en cousas como o carácter das xentes e a gastronomía. A capital de nome impronunciable, Ljubljana, é un bó lugar para comezar a coñecer os Balcáns.

Zagreb
Zagreb

Día 6: Ljubljana – Zagreb

Dedicamos só unha mañá para coñecer a tranquila e pequena Ljubljana. É tempo suficente para dar un paseo relaxado polo centro e subir até o castelo. Ao mediodía collimos o tren que en pouco tempo nos deixou na nosa seguinte capital europea: Zagreb. De esta cidade, capital de Croacia, chamoume a atención que parece unha cidade máis centroeuropea que balcánica. Case podería decir que ten máis similitude con Munich que con Dubrovnik, por poñer uns exemplos. Mais iso só na arquitectura en xeral, xa que ten moito máis ambiente, especialmente nocturno. É un bó lugar para gozar dunha boa cea e tomarse unhas cervexas ate ben tarde (a nós, até nos invitaron a unhas).

En tren por Croacia
En tren por Croacia
Split
Split

Día 7: Zagreb – Split

Despois de bastantes horas nun lento tren que cruza até a costa, chegamos a Split xa caendo a tarde. O tempo xusto para ver o diferente que é de Zagreb. Split, é unha cidade mediterránea, o que quere decir que, aparte dunha arquitectura diferente á centroeuropea, é moito máis caótica, ruidosa e sucia que a capital croata. De todos os xeitos, penso que ten un interés histórico e cultural maior que Zagreb, polos seus restos arqueolóxicos, que non pudimos coñecer até o día seguinte.

Costa croata
Costa croata
Dubrovnik
Dubrovnik

Día 8: Split – Dubrovnik

Split ten un casco antigo que a fai única: Medrou dentro dun templo. Despois da destrucción do templo do emperador romano Diocleciano, xurdiu unha cidade entre as súas ruinas. Cómpre entón dar un paseíño polo seu centro, cousa que fixemos boa parte da mañá. Despois, collimos un bus até Dubrovnik, xa que non hai conexión por tren até aló, que nos deixou nesa cidade nunhas horas. En Dubrovnik, moita xente, turistas e ambiente até altas horas nesta bonita cidade amurallada, que aínda que está ben restaurada, é un pouquiño artificial.

Mostar
Mostar

Día 9: Dubrovnik – Mostar

Para chegar a Mostar tivemos que desplazarnos outra vez en autobús. E cruzar dúas veces a fronteira bosnio – croata co seu correspondente control de pasaportes. Mais estas incomodidades pagaron a pena, xa que Bosnia foi o país que máis nos gustou da viaxe. Mostar é unha cidade fermosísima nun país moi especial. Aínda que pobre, e con moitísimas pegadas da guerra que se poden ver en moitos dos seus edificios, a cidade ten un casco histórico ben restaurado entre unha paisaxe e arquitectura 100% balcánica con moitísima influencia musulmana, como se poden ver nas frecuentes mezquitas. Sen dúbida, é unha visita moi recomendable.

Mostar
Mostar
Sarajevo
Sarajevo

Día 10: Mostar – Sarajevo

Sarajevo é unha cidade que ten unha importancia enorme para os que nos gusta a historia. Xa non só pola sua ubicación, nun país balcánico e musulmán, se non tamén porque foi tristemente célebre por ser o lugar onde se desencadenou a I Guerra Mundial tras o asasinato do Archiduque Francisco Fernando de Austria, mais sobre todo polo seu asedio durante tres anos nas guerras balcánicas dos 90. Do primeiro suceso só queda unha plaquiña de recordo sobre o lugar do asasinato, mais da última guerra hai pegadas por toda a cidade. Entre edificios novos e restaurados (como o célebre Holiday Inn onde se aloxaban os periodistas durante o asedio) hai moitísimas vivendas cheas de restos de metralla ou morteros. Aínda que entre unha paisaxe fermosa rodeada de montañas, Sarajevo non é unha cidade moi bonita, mais para min foi unha parada imprescindible nesta viaxe, pola sua historia, pola sua xente, pola sua comida, … Posiblemente o lugar que máis me marcou en moito tempo.

Por favor, dejen las armas fuera!
Por favor, deixen as armas fora!
La antigua Avenida de los francotiradores. Al fondo a la derecha, en amarillo, el Holliday Inn
A antiga Avenida dos francotiradores. Ao fondo á dereita, en amarello, o Holliday Inn
Paisaje del interior de Bosnia
Paisaxe do interior de Bosnia

Día 11: Sarajevo – Zagreb

Máis de 10 horas levounos percorrer os aproximadamente 400 quilómetros que separan as capitais, debido a un retraso (parece ser que por un roubo) e unha avería (os últimos quilómetros tivemos que facelos en bus). Sen dúbida, viaxar no tren de Sarajevo a Zagreb é como retroceder tres décadas no tempo, tendo en conta a idade do tren, as paradas en estacións vacías, a ausencia de aire acondicionado….mais tamén encontramos cousas boas de fai trinta anos que xa non vía, coma a cercanía da xente. Acostumados a vivir nunha sociedade indiviadualizada como a nosa, ver como persoas de estes lugares nos falan, se interesan por nos, e ate comparte a sua comida fai que a potencial tortura dunha viaxe tan longa sexa unha experiencia. Hai que decir que a viaxe faise en vagóns con varios compartimentos de seis prazas como os trens de fai moitos anos (e bastante habituais ainda no leste de Europa), o que facilita a interacción entre os viaxeiros. Chegamos a Zagreb sobre as 10 da noite. En calquera cidade non ibérica esto sería un problema para cear, buscar o hotel, tomar algo…mais non en Zagreb. Aqui parece que estamos en casa.

Budapest
Budapest

Día 12 Zagreb – Budapest

Aínda que os nosos plans eran continuar desde Sarajevo ate Belgrado e despois ir até Budapest por Rumanía non nos foi posible por cuestión de tempo e enlace de trens. Así que continuamos o noso percorrido polo leste de Europa cara a capital de Hungría via Zagreb nun tren parecido o da xornada anterior, aínda que un pouquiño (non moito) máis rápido. Tras moitos quilómetros atravesando a chaira da estepa húngara a presencia de enormes bloques de impersonais edificios de cemento da época soviética nos avisa da chegada a Budapest. Os arredores de Budapest non teñen nada que ver co seu centro, xa que os seus edificios delatan que no seu tempo foi unha das capitales europeas máis importantes.

Parlamento de Budapest
Parlamento de Budapest

Días 13 y 14: Budapest

Decidimos descansar en Budapest uns días, dedicando o tempo a pasear, alquilar unhas bicis (non o fagades en Budabike, que nos querían timar) e gozar da boa gastronomía. Son visitas imprescindibles o Barrio do Castelo, o Parlamento, os baños termais… mais o mellor é pasear e comer. Un bo lugar onde estar uns días.

Bratislava
Bratislava

Días 15: Budapest – Bratislava

Seguindo o percorrido polas capitales Europeas continuamos dirección Bratislava. Aínda que non ten fama de ser unha cidade moi bonita nin turística, a realidade é que recomendo pasar por aquí. A cidade é moi tranquila e cun bo ambiente para tomar unhas cervexas e cear con calma. E se tedes a sorte coma nós de pasar a noite no Hotel Danubia Gate, un hotel de luxo (até con jacuzzi) por 63.75 euros co almorzo non o dubidedes.

Viena
Viena

Día 16: Bratislava – Viena – Bratislava

Como non coñecíamos Viena decidimos pasar o dia na capital austríaca. Non recomendo dormir alí xa que é moi cara, así que paga a pena desplazarse desde Bratislava (a 60 quilómetros) aproveitando o billete Global Pass do interrail. Se non se chega moi tarde, penso que un día para pasear por Viena é suficiente, aínda que tendo tempo e ganas se lle podía dedicar varias xornadas. Mais para o meu gusto é unha cidade bastante impersoal e chea de turistas, polo que prefiro pasar mais tempo noutras cidades.

Cracovia
Cracovia

Día 17: Bratislava – Cracovia

Se non coñecedes Praga recoméndovos continuar a viaxe ate alí, mais coma nós xa estivemos cinco días hai uns anos decidimos continuar cara outro país que non coñeciamos: Polonia. Escollimos Cracovia para facer unha parada, xa que nos comentaron que a cidade pagaba a pena. Non nos defraudou, xa que aparte da sua pegada histórica (a diferenza de moitas cidades ao seu redor, Cracovia non foi destruída na segunda guerra mundial) ten lugares moi fermosos como a Plaza do Mercado ou o Castelo Real. Ademais ten boa comida e bos sitios para tomar unhas cervexas.

Campo de concentración de Auschwich
Campo de concentración de Auschwich

Días 18 y 19: Cracovia

Para visitar o Campo de Concentración de Auschwitz é necesario dedicarlle un día. Aínda que se pode chegar alí en tren incluido no billete do interrail, recomendo coller un bus que vai directo desde a estación de buses á carón da de tren, xa que é bastante máis rápido e non é nada caro. Sobre o campo de concentración non vou decir nada que non sepades. É unha visita desagradable, mais penso que importante para coñecer a historia e, sobre todo, até o que pode chegar facer o ser humano. Xa de novo Cracovia, o mellor é dedicarlle outro día para gozar desta cidade, especialmente tomando unhas cervexas polo Barrio Xudeu, unha das zonas con máis vida desta cidade.

Palacio de la Cultura y la Ciencia, Varsovia
Pazo da Cultura e a Ciencia, Varsovia

Día 20: Cracovia – Varsovia

Debido á falta de tempo e a mala comunicación en tren quedámonos coas ganas de visitar a cidade ucraniana de Lviv, así que continuamos cara o norte co destino á capital polaca. O primeiro que chama a atención de Varsovia nada máis sair da estación de tren e o imponente Pazo da Cultura e da Ciencia, agasallo nos anos 50 da antiga URSS ao pobo polaco, e é ainda hoxe en día o edificio máis alto de Polonia. Xa no centro histórico, pode decirse que Varsovia é unha cidade moi animada e fermosa, e podo afirmar, non só pola miña opinión se non tamén a de outros viaxeiros, que é unha cidade digna dunha visita.

Varsovia
Varsovia
Poznan
Poznan

Día 21: Varsovia – Poznan

A ausencia de prazas para interrail nun tren directo a Berlin fixo que nos detivésemos na localidade polaca de Poznan. Foi un descobremento agradábel, xa que non é en absoluto fea e ten bos locais para comer e tomar cervexas. Ademais, como é menos turística que Varsovia ou Cracovia é bastante máis barata. Un bo sitio para pasar unha tarde de domingo.

Trabants en Berlin
Trabants en Berlin

Día 22: Poznan – Berlín

Aínda que Berlín xa é para nós unha cidade coñecida, decidimos volver. Non destaca pola sua beleza, mais é unha das capitais máis interesantes de Europa para quen lle guste a historia contemporánea. As pegadas da Berlin dividida durante case 30 anos fai a esta cidade única, mais tamén hai outros lugares interesantes como a Porta de Branderburgo ou a Potsdamer Platz. Neste enlace tes máis información sobre que ver e facer en Berlin.

Puerto de Hamburgo
Porto de Hamburgo

Día 23: Berlín – Hamburgo

De volta á Europa occidental, os trens volven ser rápidos, cómodos,…. e máis individualistas. Xa case nos esquecéramos da alta velocidade, polo que sorprendeunos facer tantos quilómetros en pouco tempo. De Hamburgo, antiga cidade Hanseática con poucos restos de aquela época, pouco podo decir máis que a súa vida xira ao redor do seu importante porto. Aparte desto só me pareceu interesante a visita á torre do que queda da catedral (parcialmente destruída tras os bombardeos da segunda guerra mundial) e a cantidade de restaurantes portugueses, onde se pode comer un excelente bacallau para fuxir por un día da comida alemana.

Catedral de Colonia
Catedral de Colonia

Día 24: Hamburgo – Colonia

Así como o corazón de Hamburgo é o seu porto, o de Colonia (Köln en alemán) é a súa catedral. E a verdade é que é impresionante, mais tamén hai que decir que pouco hai máis que ver nesta cidade. Se hai outro destino na mente do viaxeiro que non quede moi lonxe de aqui non seria mala idea parar, ver a catedral, e continuar a viaxe. Ademais, se chegamos en tren, a estación central está xusto ao lado da catedral, polo que non é necesario facer outros desprazamentos. Mais pasar o dia na cidade tampouco é mala opción se te gustan as cervexas deste país.

Aquisgrán
Aquisgrán

Día 25: Colonia – Aquisgrán

Decidimos facer unha parada en Aquisgrán (Aachen en alemán) tendo en conta a importancia que ten esta cidade na historia de Europa. Supoñíamos que quedarían interesantes restos do seu pasado…mais non foi así. Non digo que pasar por aqui sexa un día perdido, só que apenas quedan pegadas da súa historia, mais hai que decir que aparte do seu acolledor centro, hai tamén bos sitios para tomar cervexas.

Bruselas
Bruselas

Día 26: Aquisgrán – Bruselas

Das tres cidades turísticamente máis importantes de Bélxica (Bruxas, Gante e Bruselas), xa só nos quedaba por coñecer a súa capital. E ao igual que as outras dúas, non nos defraudou en absoluto, especialmente grazas a fermosísima Grand Place. Recomendo polo tanto visitar esta cidade, e para o viaxeiro en interrail que nunca estivese neste país nin nos arredores o animo a visitar tamén Bruxas, Gante e Amsterdam. Se ese é o voso caso e facedes un percorrido similar ao noso interrail, recoméndovos desde Hamburgo seguir até Amsterdam e despois parar nestas tres cidades belgas.

Lille
Lille

Día 27: Bruselas – Lille

Francia é un país ben coñecido por nós, e aínda que xa pasamos algunha vez polo norte nunca nos detivemos en Lille. Así que aproveitamos a viaxe rumbo París para visitar esta cidade típicamente francesa, e así de paso volver a gozar da comida deste país. Ademais, viaxar por Francia non é caro se se teñen en conta certos consellos, como estes que explico neste post.

París
París

Día 28: Lille – París

París é deses lugares que aínda que xa coñeces, non te importa volver. Así que nada maís chegar e deixar as mochilas no hotel, non dubidamos en coller o metro para ir outra vez a Montmartre. Sen dúbida o mellor sitio onde ver o acabar o día nesta cidade.

Día 29: París

Dedicamos este día para pasear por París e tamén para visitar un lugar que non coñecíamos e está xa nos arredores desta cidade (aínda que se chega no metro): A Basílica de Saint Denís, de gran importancia histórica por ser a primeira iglesia gótica e por ter a tumbas dos reis de Francia. Se non coñecedes París recoméndovos estar aquí un par de días máis para ver a Torre Eiffel, o Louvre, Campos Elíseos, Montmartre, … e todos eses lugares míticos que oimos falar desta cidade.

Notre Dame de París
Notre Dame de París

Día 30: París – Burdeos

Como xa non quedaban sitios no tren para o interrail a outra hora, tivemos que sair xa ben entrada a tarde para Burdeos. Non nos importou, xa que tamén coñecíamos xa esta cidade francesa. Así que pode decirse que só paramos en Burdeos para pasar a última noite deste interrail 2013. Se ides con tempo, non sería mala idea pasar un día enteiro nesta cidade da Aquitania francesa.

Día 31: Burdeos – Irún

Aínda que o noso billete do interrail incluíanos este día para chegar a casa (eso sí, despois de Irún só cun desconto do 30%), xa tiñamos decidido acabar esta viaxe en tren por Europa en Irún. Así que, despois de baixar do tren e encher os nosos estómagos con boa comida vasca, dirixímonos a unha axencia de mensaxería para recoller as nosas bicicletas para volver a Compostela polo Camiño do Norte, mais eso xa é outra historia.

Gastos da viaxe (para duas persoas)

Billete interrail: 1379€

  • 658€ cada un polo billete de InterRail Global Pass para adulto (entre 26 e 60 anos) de 1 mes, sen límite de viaxes

  • 31.65€ cada un polo billete desde Compostela a Irún, incluído o desconto do 30%

Reservas de praza en certos trens: 142€

  • Hendaya – París: 18€ persoa

  • París – Lyon e Xenebra – Milán: 29€ persoa

  • Poznan – Berlin: 4€ persoa

  • Hamburgo – Colonia: 4€ persoa

  • Aquisgran – Bruselas: 4€ persoa

  • Lille – Paris: 6€ persoa

  • París – Burdeos: 6€ persoa

Aloxamento: 1705.85€ en total. Prezos por habitación doble e noite: (C.A: incluido o almorzo)

  • Irún: Pensión Bidasoa: 49.50€

  • París: Appartement Paris Cocoon Daumesnil: 79€ (apartamento, mais non recomendable)

  • Milán: Albergo Salermo: 58€ C.A.

  • Padua: Picola Padova: 57€ C.A. (casa particular)

  • Ljubljana: Hotel Park: 74€ C.A. (non encontramos outro mais barato)

  • Zagreb: Rooms Zagreb: 55€ (casa particular bonita e céntrica, mais bastante cara)

  • Split: 36€ (hostel simple e un pouco ruidoso)

  • Dubrovnik: Rooms Tomas: 50€ (casa particular con excelentes vistas ao porto)

  • Mostar: Motel Demadino: 50€ C.A. (moderno e cerca do centro)

  • Sarajevo: Bosnia Hotel: 60€ C.A. (bastante luxoso, moderno e céntrico)

  • Zagreb: Taban Hostel: 65€ C.A. (céntrico mais algo ruidoso)

  • Budapest: Inn Side Hotel: 65€ C.A.

  • Bratislava: Danubia Gate: 63.75€ C.A. (precio de risa para este hotel de super luxo)

  • Bratislava: Hotel Tatra: 59.40€ C.A. (unha porqueria comparado co anterior)

  • Cracovia: Old Time Hotel: 54€ C.A.

  • Cracovia: Hotel Tournet: 37.9€ C.A.

  • Varsovia: Apartamenty Zgoda: 41.5 € C.A.

  • Poznan: Blooms Inn and Apartaments: 41.3€ C.A.

  • Berlin: Hotel Allegra: 59€

  • Hamburgo: Alpha Hotel Garni: 50€ C.A.

  • Colonia: Cerano City Hotel Köln: 66.5€ C.A.

  • Aquisgrán: Hotel Stadtnah: 55€ C.A.

  • Bruselas: Atlas Hotel Brussels: 65€ C.A.

  • Lille: Ibis Styles Lille Centre Gare Beffroi: 59€ C.A.

  • París: Hôtel Montsoures Orleans: 55€ C.A.

  • Burdeos: Ibis Bordeaux Gare Saint-Jean: 61€

Outros gastos: 1451€ Inclúe todo o que fai falla para a viaxe de un mes sen contar tren e aloxamento: Comida, cañas, buses e metro, etc…

Total viaxe: 4678€ (2339€ cada un)

Se desexades máis información, podedes ver esta guia práctica, ou tamén deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

QUE VER E FACER EN ROMA

O  imprescindible de Roma.

Rome
Roma

Por sorte, desta vez chego a unha cidade de Italia sen o coche. Os recordos que teño de conducir por este país non son nada bos. Desta vez vou sentado na primeira fila do bus que nos trae do aeroporto e podo ver o tráfico sen participar nel. Vexo como o conductor do autobús da mil bocinazos mentres fala polo móbil, e como discuten un tipo dun coche con outro dunha moto que case chocan. Un turista que vai preto de mi dime: It’s Italy!

Está claro que Roma non é un lugar para o transporte privado, pero si é un sitio estupendo para pasear…e sobre todo para ver o mellor da historia do imperio romano e do renacemento. Porque neste senso Roma está cheo das mellores pegadas destas épocas.

 

San Angelo Castle
O Castelo de San Angelo

O máis destacado dos restos romanos son o Foro e o Coliseo, que están tan preto un do outro que de feito para a entrada úsase o mesmo tíquet. No primeiro deles pódese ver os restos do que era o centro da antigua cidade, como varios edificios, templos, arcos,…así como as residencias imperiais e o estadio no Monte Palatino contiguo ó Foro. E do Coliseo que vou decir que non se sepa xa: o gran anfiteatro romano cun aforo dunhas 50000 persoas, unha espectacular obra de enxeñería de 2000 anos de antigüedade.

 

Colosseo
Coliseo

Ó carón do Foro e Coliseo tamén están os restos dos Foros Imperiais e do Mercado de Trajano, así como a fermosísima Columna de Trajano. Cun pouco de imaxinación, aquí é doado retroceder no tempo.

Pero non todos os restos romanos da cidade están preto do Coliseo. A non moita distancia están as Termas de Caracalla e o Templo de Vesta, e na parte máis céntrica da cidade o impresionante Panteón, de visita obrigada (e gratuita), aínda que só sexa para contemplar a cúpula dende o interior.

 

Trajan's Market
Mercado de Trajano
Trajan's Column
Columna de Trajano
Pedra da Verdade
Pedra da Verdade

Pero a gran época dorada de Roma non foi só durante o Imperio Romano, tamén foi a cuna do Renacemento. O mellor lugar de ver pegadas desta época, e da idade noderna, é facer unha visita ata a Cidade do Vaticano e as fontes da cidade.

 

Saint Peter's Square
Praza de San Pedro

Cidade do Vaticano é un estado de menos de medio quilómetro cadrado situado na parte oeste de Roma, máis aló do Rio Tiber, pero a un paso do centro. De obrigada visita son os Museos Vaticanos, coa impresionante Capilla Sixtina, e a Basílica e Praza de San Pedro. Recomendo tamén subir ata a cúpula da Basílica (sempre que non se padeza de claustrofofia, nin medo ás alturas e non importe subir uns cantos centos de escaleiras) para así gozar dunhas fabulosas vistas de Roma.

 

Views from the Dome of Saint Peter's Basilica
Roma dende a cúpula da Basílica de San Pedro

E despois de ver ruinas e museos hai que pasear. Camiñar moito polo centro e descubrir as impresionantes prazas como Nabona, Spagna, Popolo, …. ou a famosísima Fontana di Trevi.

 

Nabona Square
Piazza Nabona
Fontana di Trevi
Fontana di Trevi

O dito ata aquí é o imprescindible de Roma: Restos romanos, o Vaticano, as prazas e as fontes… Pero esta é unha cidade con tanta historia que en calquer parte da mesma se poden atopar lugares interesantes, como o Museo Borghese, as Catacumbas, ou o Barrio do Trastévere e moitos máis. Tamén pode ser interesante unha pequena excursión ata as ruinas de Ostia Antica, para ver a cidade anexa ó porto da antiga Roma. Todo depende do tempo e das ganas que se teña de ver máis historia.

 

Ostia Antica
Ostia Antica

E para rematar, repito o consello que dou sempre ós interesados en viaxar a calquer destino, e que penso que é imprescindible para coñecer ben os sitios a onde se viaxa,: Despois de ver todos os lugares de interés, hai que misturarse coa xente local nos seus bares, restaurantes, etc… que se poden recoñecer perfectamente porque non hai apenas turistas neles. Son mellores e máis baratos, e ademais é menos probable que te timen ó cobrar, algo que por desgracia é bastante común en Italia.

 

Popolo Square
Piazza di Popolo

Se desexas máis información, podes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

QUE VER E FACER EN BERLÍN

O mellor de Berlín

The Branderburg Gate
A Porta de Branderburgo

Cando o GPS do meu coche ainda marcaba máis de 20 quilómetros para o centro de Berlín, xa entrara nos arredores da cidade, o que me daba a idea da extensión que ocupa a mesma. Pero a pesar da suas dimensións quedei moi sorprendido polo pouco tráfico e pola cantidade de sitio onde aparcar. Non sei se será pola boa planificación que caracteriza ós alemáns ou porque non conducín en horas punta, pero teño que recoñecer que non perdín nin un segundo en atascos en Berlín e ademais vin moito sitio onde aparcar (non podo decir o mesmo doutras cidades alemanas).

A Trabant in Berlin
Un Trabant en Berlín

Pero claro está que para percorrer a cidade o coche non é a mellor solución. Berlín conta cunha boa rede de transporte público que facilita moito a visita, ainda que eu penso que a mellor forma de moverse por Berlín é a bicicleta. Nós levábamos as nosas, pero alí hai moitos lugares onde alugar unhas bicis.

Spee River
Rio Spree

Ainda que non é tan fermosa coma outras cidades europeas, Berlín gustoume porque é historia contemporánea pura. Ademais, non existe outro lugar onde se poda ver a diferencia tan evidente entre o bloque oriental (DDR) e occidental, e iso que xa fai máis de 20 anos da caída do muro que dividiu a cidade en dous durante case 30 anos.

.

The Wall
O Muro

O máis interesante da capital alemana para min é todo o relacionado coa división da cidade polo antigo muro e con Berlín Leste. Lugares coma a East Side Gallery, Check Point Charlie e o museo da DDR son exemplos puros da historia recente da cidade, así como a impresionante Fernsehturm ou torre de telecomunicacións, todo un símbolo do bloque oriental, visible dende case toda a cidade. Tamén son famosos os semáforos da DDR Ampelmännchen.

Here was The Wall
Por aquí pasaba o muro
DDR traffic lights
Semáforo da DDR
DDR traffic lights
Semáforo da DDR
In The Wall
Brecha no Muro
The East Side Gallery
East Side Gallery

Ainda que xa pasaron máis de 20 anos da reunificación, a pegada do sistema socialista se pode ver por toda a antiga parte leste da cidade, con avenidas amplas e enormes bloques de edificios de formigón. Pero Berlín ten máis que restos da antiga DDR que merecen ser visitados, coma a Porta de Branderburgo, o Bundestag ou a modernísima Potsdamer Platz , así coma fermosos lugares á beira do Río Spree. Tamén é recomendable dar unha volta pola rua máis céntrica, a Unter den Linden e pola Illa dos Museos.

Karl Marx Avenue
Avenida de Karl Marx
Memorial who died crossing the river
Memorial polos mortos cruzando o Rio Spree

Pero como dende o meu punto de vista só unha pequena parte de viaxar é ver museos, o mellor para disfrutar de Berlín é pasear, imaxinarse a sua historia polos restos que podemos ver no presente e frecuentar os moitos bares da cidade para tomar unhas boas cervexas alemanas. Se buscamos sitios onde non hai moitos turistas, podemos atopar sitios onde comer e beber cantidade e calidade sen gastar moitos cartos. Sen dúbida, esto e a sua pegada da historia recente son o mellor de Berlín.

Berlin and the River Spee
Berlín e o Rio Spree

Se desexas máis información, podes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

UNHA VOLTA POR EUROPA EN COCHE…E UN POUCO EN BICI

Outro ano máis, outra voltiña por Europa no coche e outra diario de viaxe que comparto neste blog. E coa mesma forma de viaxar de sempre: sen percorrido fixo, sen apenas facer reservas e sen seguir os destinos típicos das guias de viaxe. A novidade deste ano: levar con nós unhas bicicletas. Esta foi a ruta:

Ruta 2012
Ruta 2012

A viaxe durou de 38 días e fixemos un total de 8230 quilómetros en coche e 543 en bici. Coma nas outras viaxes que teño publicado neste blog en formato de diario de viaxe (viaxe ao Cabo Norte, Escocia e Irlanda, Fiordos Noruegos, Eslovenia), detallarei os aloxamentos, costes da viaxe, etc … de cada día, coa particularidade de que desta vez os publicarei ao final desta entrada en vez de explicalos dia por dia, xa que explicar da anterior maneira 38 días faría unha entrada moi longa.

PRIMEIRA ETAPA EN FRANCIA: NORMANDIA E RUMBO AO NORTE

Coma de costume, cada vez que temos que ir hacia o Norte por Francia, collemos o ferry de Xixón a St Nazaire, para aforrar tempo (e cartos) na viaxe.

Gijón desde el ferry
Xixón dende o ferry

Sen dúbida, é unha maneira moi cómoda de viaxar, ó ir facendo a viaxe de forma tranquila e pola noite. Son 15 horas de viaxe ben aproveitadas para durmir e para descansar mentres se fan uns cantos quilómetros polo mar. Unha vez en terra, seguimos rumbo á Normandía, onde xa estivemos outros anos, para vela con máis calma que outras veces.

En Normandía
En Normandía

Igual que o ano anterior, escollemos para dormir alí un par de días na casa rural Les Vignets, un sitio perfecto e ben barato, ideal para ver a zona das praias do desembarco…e para disfrutar da compañía dos seus propietarios. Sen dúbida un dos meus aloxamentos favoritos.

Costa en Normandía
Costa en Normandía

E que facer na Normandía? Pois ver as famosas praias do desembarco, os numerosos restos da guerra, os museos, os cemiterios dos soldados de distintas nacionalidades…e unha visita á pequena cidade de Bayeux.

Cementerio alemán
Cemiterio alemán
Cementerio americano
Cemiterio americano
Restos de un puente del desembarco
Restos dunha ponte do desembarco

Coma fai un ano, a chuvia voltou a botarnos da Normandía, e continuamos hacia o norte coma sempre, sen rumbo fixo e ata onde cheguemos. Fixemos un par de paradiñas antes de sair de Francia, a primeira en L’Etrat, a ver a famosa pedra en forma de elefante (recomendable, se un non se desvía moito da ruta); a segunda parada en Berges, que non ten nada de especial salvo ser o lugar onde se grabou a película francesa «Bienvenido al Norte»

L'Etrat
L’Etrat
Bergues
Bergues

HOLANDA: UNS DÍAS NO PARAÍSO DA BICICLETA

Tras cruzar desta vez Bélxica case sen pisala, chegamos á Holanda buscando un lugar tranquilo onde pasar uns días, e repetimos outra vez na pequena localidade de Medemblik, concretamente no Camping Arado, onde pasáramos só unha noite nunha viaxe no 2008. Por sorte, tiñan un pequeno apartamento libre no cámping, noviño e moi ben equipado por 40 euros noite.

Molino en Medemblik
Muíño en Medemblik

E que facer neste pequeno lugar de Holanda durante tres días con un par de bicicletas? Pois pasear moito en bici e aproveitar para ver algún lugar interesante como por exemplo as fermosas Edam (imprescindible facer coincidir a visita en martes, para ver o mercado de queixos), Volendam ou a illa de Market. Tamén recomendaría, como non, visitar Amsterdam, cousa que non fixemos xa que estivemos no 2008.

Mercado de Edam
Mercado de Edam
Barco a la Isla de Market
Barco á Illa de Market
Market
Market
En Medemblik
En Medemblik

Carriles bici por todos lados e sen pendentes fai que, sen dúbida algunha, a mellor forma de viaxar por aquí sexa en bicicleta.

En Bici en Edam
En Bici en Edam

Pero a viaxe continúa e seguimos cara ó norte. O noso próximo destino: Suecia. Así que continuamos o camiño polo Afsluitdijk dirección Alemania e despois, tras pasar unha noite en Ascheberg, nas zonas de lagos de Plöm, cruzamos Dinamarca ata Helsingør, para coller o ferry á Suecia.

.

NOVE DÍAS POLO SUR DE SUECIA

Os que teñades lido outros diarios de viaxe deste blog xa coñeceredes o noso gusto polos países Escandinavos, así coma a nosa sempre desexada parada na cidade de Gotemburgo para visitar aos nosos amigos Kersti, Lito e Sofía, que sempre nos coidan da mellor forma posible. Tres días pasamos en Gotemburgo desta vez, e ainda que os dous primeiros días o tempo non acompañou, si o día de excursión á Illa de Vrångö.

Costa frente Gotemburgo
Costa frente Gotemburgo
En Isla de Vrångö
En Isla de Vrångö

E continuamos polo sur de Suecia hacia o interior, concretamente ata o Göta Kanal (un canal que cruza o país dende o Atlántico ata o Báltico) moi axeitado para facer unha ruta en bici pola beira do canal. Ainda que o tempo non acompañou en absoluto, non impediu disfrutar de pedalear un pouco polas bonitas paisaxes do Göta Kanal, Vassbacken e no Tivedens National Park.

Göta Kanal
Göta Kanal
En Suecia
En Suecia
En bici por Suecia
En bici por Suecia
Parque Natural Tivedens
Parque Natural Tivedens

Seguindo hacia ó leste chegamos á costa, concretamente a Loftahammar, onde pouco podimos andar en bicicleta debido á chuvia, pero si contemplar a fermosa luz destes países nórdicos sobre os lagos e mar.

.

Loftahammar
Loftahammar
Loftahammar
Loftahammar
Cabaña en Loftahammar
Cabaña en Loftahammar

Buscando unha melloría no tempo nos diriximos despois cara o sur, sendo Båstad o sitio elexido, igual que en anos anteriores. O por que? Pois porque nos gusta a paisaxe dese lugar, situado nunha zona costeira da Escania sueca, e tamén, por que non dicilo, para volver durmir noutro dos nosos aloxamentos favoritos : Sjöbyggaregården Bed and Breakfast . Afortunadamente, o bo tempo acompañounos neste lugar para pasar toda una xornada sobre a bicicleta. Unha invitación a cear dos propietarios do B&B, foi o guinda do pastel do noso paso por Suecia.

Costa en Båstad
Costa en Båstad
Atención!
Atención!
Lugar en Båstad
Lugar en Båstad

CAMIÑO AO SUR: ALEMAÑA E AUSTRIA

Ainda que xa estivemos varias veces na Alemaña non coñeciamos a sua capital. Así que desta vez non dubidamos facer unha parada en Berlín para percorrela na bicicleta.

Berlín
Berlín

Ainda que non é tan fermosa coma outras cidades europeas, Berlín gustoume porque é historia pura. Ademais, non existe outro lugar onde se poda ver a diferencia tan evidente entre o bloque oriental (DDR) e occidental, e iso que xa fai máis de 20 anos da caída do muro.

Muro de Berlín
Muro de Berlín

O máis interesante da capital alemana para min é todo o relacionado coa división da cidade polo antigo muro e con Berlín Leste. Lugares coma a East Side Gallery, Check Point Charlie e o museo da DDR son exemplos puros da historia recente da cidade, así como a impresionante Fernsehturm ou torre de telecomunicacións.

East Side Gallery, Berlín
East Side Gallery, Berlín

Tamén son famosos os semáforos da DDR Ampelmännchen

Semaforo DDR. Berlín
Semaforo DDR. Berlín
Semaforo DDR. Berlín
Semaforo DDR. Berlín

Pero Berlín ten máis que restos da antiga DDR que merecen ser visitados, coma a Porta de Branderburgo ou a modernísima Potsdamer Platz , así coma fermosos lugares á beira do Río Spee. Sen dúbida unha interesante cidade, onde a mellor forma de visitala é a bicicleta.

Rio Spee. Berlín
Rio Spee. Berlín

Ainda que xa pasaron máis de 20 anos da reunificación, a pegada do sistema socialista se pode ver en moitas cidades alemanas, con avenidas amplas, enormes bloques de edificios de formigón,…

Señal de entrada en el antiguo bloque oriental
Sinal de entrada no antigo bloque oriental

Despois de Berlín, continuamos pola antiga alemaña oriental dirección sur, concretamente hacia a cidade de Dresde. Ainda que foi completamente destruida na segunda guerra mundial, Dresde foi moi ben restaurada e pódese decir que é unha das cidades alemanas máis fermosas. Como aficionado ós coches que son, non dubidei visitar a fábrica onde Volkswagen fabrica os Phaeton e Bentley, ainda que recomendo ir con cita para poder vela ben por dentro.

Dresde
Dresde
Dresde
Dresde
Semaforo DDR femenino. Dresde
Semaforo DDR feminino. Dresde
Semaforo DDR femenino. Dresde
Semaforo DDR feminino. Dresde

Continuamos hacia o sur de Alemaña pasando pola República Checa, facendo unha parada en Karlovy Vary, unha moi turística cidade balneario que non nos gustou demasiado. Sen dúbida, é moito maís fermosa e tranquila a cidade de Cheb, que visitamos o ano pasado.

Karlovy Vary, República Checa
Karlovy Vary, República Checa

Xa no extremo surleste alemán, chegamos a Berchesgaden, localidade situada nun fermoso lugar nas montañas dos Alpes, preto do lago de Konigsee. Pero á parte da paisaxe do lugar, os turistas veñen a este lugar para ver o famoso lugar onde Hitler tiña a sua casa de vacacións: O niño da águia. Impresionante sobre todo pola vista ós Alpes que hai desde alí, xa que dentro do edificio non hai practicamente nada que recorde ós seus orixes históricos.

Nido del Águila
Niño da águia
Konigsee
Konigsee

Neste punto da viaxe, e tras dudar se ir hacia Viena ou Munich, decidimos seguir hacia a capital Bávara debido á (en teoría) melloría do tempo nese lugar. Ainda que a cidade de Munich non me gustou moito (de feito, penso que é unha parada completamente prescindible), si me pareceu interesante visitar o campo de concentración de Dachau, a uns 15 km ao norte do centro da cidade. Neste campo de concentración, que se conserva en bastante bo estado, podemos ver ata que nivel de degradación pode chegar o ser humano, especialmente en lugares como os crematorios ou as celdas de castigo.

Campo de concentración de Dachau
Campo de concentración de Dachau

A medio camiño entre Munich e Dachau podemos ver a fábrica (hai que ir con cita) e o Museo BMW, este último só recomendable para devotos da marca, xa que teño visto museos do automóbil moito mellores (especialmente o Museo do Automóbil de Mulhouse, que visitaremos uns días despois).

BMW. Munich
BMW. Munich

Tras pasar uns cantos días por cidades, o corpo pedíanos campo e bicicleta, polo que seguimos hacia os Alpes e nos quedamos na localidade austríaca de Lech. Por que? Pois porque pasamos por alí e nos gustou.

.

En bici en Lech
En bici en Lech
Alpes en Lech
Alpes en Lech

Un par de días con moito sol (xa o botábamos de menos) e moitas costas e altitude foron suficientes para voltar a gozar da bicicleta e poñernos un pouco en forma. E despois, volta ao leste, tras pasar polo pequeno estado de Lietchestein (non nos gustou) chegamos á Selva Negra alemana, onde pasaremos a noite antes de cruzar a fronteira con Francia.

Lietchestein
Lietchestein

OUTRA VEZ EN FRANCIA: UNS DIAS NA ALSACIA E VOLTA A CASA

Igual que fixemos o ano pasado, decidimos pasar uns días de relax en Francia antes de voltar á casa. Escollimos para elo a Alsacia, xa que é unha zona que só coñeciamos de paso. Así que chegamos xa de mañá á turística (e fermosa) localidade de Riquewihr e comezamos buscar algún aloxamento onde pasar estes días. E atopamos un pequeno apartamento moi ben de prezo na aldea veciña de Hunawihr.

Hunawhir
Hunawhir

Non nos equivocamos coa elección. Hunawihr é un fermoso e tranquilo lugar rodeado de viñedos, que conta ademais con moitas pistas para andar en bicicleta. Ten moi preto as turísticas Riquewihr e Riveauville, e a uns 15 quilómetros a cidade de Colmar. Todas estas localidades son de obrigada visita, especialmente para contemplar as fermosas fachadas das casas alsacianas. Un pouco máis ao sur, na cidade de Mulhouse, recomendo facer unha parada no Museo del Automóvil de Mulhouse, tanto se se é aficionado aos coches como se non, xa que é unha interesante forma de ver a historia da mobilidade na Europa neste último século.

Colmar
Colmar
Casa alsaciana
Casa alsaciana
Riquewihr
Riquewihr

Desde a Alsacia continuamos rumbo á casa cruzando toda Francia dende o Nordés ata o Suroeste. Para facer a viaxe máis levadeira facemos primeiro unha etapa ata Avallon, onde aproveitamos para visitar o Hotel Dieu, en Beaune. A segunda etapa levaranos ata a rexión onde se pode ver o mellor arte rupestre de Francia, concretamente ata a localidade de Les Eyzies (prometemos voltar para ver as covas con tranquilidade), facendo unha paradiña polo camiño na interesante basílica de Vézelay.

Basílica de Vezelay
Basílica de Vezelay

Continuando de camiño á casa, e ainda con ganas de andar máis en bicicleta, pasamos un par de noites en Lesaka, co obxectivo de adicar un día a percorrer a Via Verde do Bidasoa… e gozar da boa cociña vasca. Despois, co estómago ben cheo e ainda con máis ganas de boa comida, facemos outra paradiña en Asturias, chegando á casa ao dia seguinte.

Costa asturiana en Cabo Vidio
Costa asturiana en Cabo Vidio

Outro ano máis, outra voltiña por Europa en coche que non nos defraudou. Sen dúbida algunha, levar este ano as bicicletas fixo desta viaxe distinta ás demais, xa que foi a mellor forma de percorrer lugares como a Normandía, Holanda, Suecia, Berlín, Os Alpes ou Alsacia. Se repetiremos o ano que ven non o sabemos, xa que por un lado queremos probar desplazarnos de forma diferente, a ser posible en transporte público. Pero o que non podemos negar é que, ate hoxe, viaxar coma fixemos nesta última viaxe é a mellor forma de viaxar que coñecemos.

DATOS DE INTERESE

Aloxamentos (euros por noite. C/D: inclúe almorzo)

Les Vignets (Saint Laurent, Normandía, F): 38 euros C/D

Hotel Premiere Classe (Capelle la Grande, Dunkerque, F): 41 euros

Apartamento en Camping Arado (Medemblik, NL): 40 euros

Pension Rode (Ascheberg, D): 60 euros C/D

Cabaña Camping Wassbacken (Wassbacken, S): 460 SEK

Cabaña Camping Stenkällegårdens (Karlsborg, S): 450 SEK

Cabaña Camping Bjursunds (Loftahammar, S): 425 SEK

Bed and breakfast Sjöbyggaregården (Båstad, S): 850 SEK C/D

Hotel Pension Heckendorf (Ratzeburg, D): 85 euros C/D

Hotel Potsdamer Platz (Berlin, D): 88 euros C/D

Hotel Cityherberge (Dresde, D): 61.5 euros C/D

Gasthof Hoerterer Hammer (Hammer, D): 89 euros C/D

Haus Sonnblick (Berchesgaden, D): 40 euros C/D

Hotel Garni Forelle (Günding, D): 79 euros C/D

Haus Jehle (Lech, A): 62 euros C/D

Pension Gebele (Schluchsee, D): 55 euros C/D

Apartamentos Le Clos Seiler (Hunawihr, F): 39 euros

Hotel Premiere Classe (Avallon, F): 39.6 euros

Chambre d’hotes Mme. Bauchet (Les Eyzies, F): 50.66 euros C/D

Casa rural Larraenea (Lesaka, EH): 55 euros C/D

Hotel Cabo Vidio (Oviñana, AS): 60 euros C/D

Gastos totais e quilómetros percorridos por día:

1- 28/6: 234.4 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 58.07 euros + 309.57 ferry

2- 29/6: 317.6 km en coche, 5.07 km en bici. Gastos: 29 euros

3- 30/6: 79.8 km en coche, 17.38 km en bici. Gastos: 11.7 euros

4- 1/7: 541.4 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 341.84 euros

5- 2/7: 400.4 km en coche, 9.84 km en bici. Gastos: 33.87 euros

6- 3/7: 0 km en coche, 44.18 km en bici. Gastos: 29,6 euros

7- 4/7: 72.7 km en coche, 31.92 km en bici. Gastos: 40.35euros

8- 5/7: 537.8 km en coche, 9.6 km en bici. Gastos: 224.95 euros

9- 6/7: 500.5 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 188 euros + 360DKK + 66 SEK

10- 7/7: 0 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 0

11- 8/7: 0 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 70 SEK

12- 9/7: 227.3 km en coche, 12.37 km en bici. Gastos: 127.56 SEK

13- 10/7: 65.6 km en coche, 24.73 km en bici. Gastos: 1084 SEK

14- 11/7: 259.6 km en coche, 10,4 km en bici. Gastos: 797.43 SEK

15- 12/7: 396.4 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 628.8 SEK

16- 13/7: 25.8 km en coche, 45.16 km en bici. Gastos: 85 SEK

17- 14/7: 411.5 km en coche, 0 km. Gastos: 100.97 euros + 649 DKK + 2125 SEK

18- 15/7: 273.4 km en coche, 18.61 km en bici. Gastos: 118.07 euros

19- 16/7: 0 km en coche, 37.35 km en bici. Gastos: 68 euros

20- 17/7: 251.2 km en coche, 11.47 km en bici. Gastos: 226.1 euros

21- 18/7: 538.5 km en coche, 12.81 km en bici. Gastos: 139.79 euros

22- 19/7: 81.4 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 172.6 euros

23- 20/7: 234.3 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 126.8euros

24- 21/7: 51.1 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 49.99 euros

25- 22/7: 207.6 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 221.84 euros

26- 23/7: 0 km en coche, 29.53 km en bici. Gastos: 56.2 euros

27- 24/7: 0 km en coche, 22.7 km en bici. Gastos: 55.4 euros

28- 25/7: 305.9 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 302.52 euros

29- 26/7: 127.2 km en coche, 9.79 km en bici. Gastos: 116.11euros

30- 27/7: 120.3 km en coche, 11.55 km en bici. Gastos: 44.25 euros

31- 28/7: 0 km en coche, 53.7 km en bici. Gastos: 19.16 euros

32- 29/7: 37.9 km en coche, 19.06 km en bici. Gastos: 43.95 euros

33- 30/7: 441.2 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 333.81 euros

34- 31/7: 485.5 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 95.42 euros

35- 1/8: 371.6 km en coche, 28.58 km en bici. Gastos: 137.04euros

36- 2/8: 0 km en coche, 65.11 km en bici. Gastos: 72.3 euros

37- 3/8: 457.7 km en coche, 12.7 km en bici. Gastos: 263.7 euros

38- 4/8: 175 km en coche, 0 km en bici. Gastos: 110.73euros

Total: 8230.6 km en coche, 543.61 km en bici. Gastos: 4147.7 euros + 1009 DKK + 4983.79 SEK (aproximadamente 4858 euros en total dúas personas en 38 días)

Se desexades máis información, podedes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es

GUIA DE VIAXE POLA BRETAÑA FRANCESA

Un percorrido polo mellor da Bretaña Francesa

Roscoff, Bretaña
Roscoff, Bretaña

Se chegaches ata este post será porque andas a buscar información sobre viaxar pola Bretaña Francesa; polo tanto, non fará falta que te conte as razóns de por qué facelo, xa que probablemente alguén xa te falou das paisaxes, da cultura bretona, das crêpes, …, así que penso que xa terás razóns dabondo para escoller a Bretaña de vacacións. Eu visiteina en varias ocasións; a primeira vez no 1998 e logo no 2007, 2010, 2011 e 2012, así que non hai dúbida que se te interesa todo o que escoitaches da Bretaña, é seguro que repitas destino, igual que me pasou a min.

.

Cruceiro en Bretaña
Cruceiro en Bretaña

Nesta entrada intentarei facer un percorrido por diversas zonas da Bretaña indicando os sitios máis turísticos e algún que outro lugar menos coñecido pero que eu considero interesante; ainda que, como sempre digo eu, o mellor dunha viaxe é descubrir lugares por un mesmo, e te podo asegurar que na Bretaña é habitual atoparse con gratas sorpresas. Centrareime, pois, en que visitar; pero se ademais queres consellos de cómo viaxar por aló e sen gastar moitos cartos, bótalle un vistazo a este post do meu blog.

A COSTA SUR

Como o máis probable é que chegues dende a Península, o dende o ferry de St Nazaire, comenzarei o percorrido polo sur. Pódese decir que a primeira localidade de entrada é La Roche-Bernard, unha localidade bastante acolledora cun porto cheo de veleiros a carón dunha fermosa ponte colgante. É, ademáis, bastante máis tranquila que a veciña Port-Navalo, moi saturada no verán polo turismo de «sol» e praia.

La-Roche-Bernard
La-Roche-Bernard

Continuando polo Golfo de Morbihan, pasamos Vannes, e seguimos en dirección a dun dos lugares máis interesantes e coñecidos da Bretaña: Os alineamentos megalíticos de Carnac. O conxunto máis importante é o que está situado ó norte da localidade de Carnac, onde se pode ver alineamentos de máis de 1000 menhires.

Alineamentos megalíticos en Carnac
Alineamentos megalíticos en Carnac

Pero non só hai menhires en Carnac. Continuando pola estrada D768 cara ó sur, recomendo achegarse ata a localidade de Quiberon, onde hai máis restos megalíticos e, sobre todo, fermosas praias e cantís. Se seguimos en dirección oeste, despois de pasar a cidade de Lorient (moi coñecida polo seu Festival Intercéltico), a seguinte parada turística sería Pont-Aven, poboación famosa por ser a cuna dos pintores da Escola de Pont-Aven, sendo Paul Gauguin o máis coñecido.

Pont-Aven
Pont-Aven

A pouca distancia de Pont-Aven chegamos a tamén moi visitada Concarneau, onde destaca o seu conxunto medieval amurallado.

Concarneau
Concarneau

O OESTE

Na parte máis occidental de Bretaña son famosas as Puntas de Raz e Saint Mathieu, onde podemos disfrutar do Atlántico máis salvaxe, case sempre con moito oleaxe e fortes ventos. Quizá a máis espectacular das dúas sexa a Punta de Raz, situada máis ó sur, ainda que hai que pagar un precio excesivo polo aparcamento. De todos os xeitos, se queremos aforrar eses cartos, podemos disfrutar das vistas da Punta de Raz dende a veciña Punta de Van.

Punta de Raz
Punta de Raz

Preto da Punta de Raz recomendo facer unha parada na localidade de Pont-Croix e, sobre todo, en Locronan, ainda que a excesiva carga turística no verán (e o precio do aparcamento) quítalle algo de encanto.

Crèperie
Crèperie

Se temos tempo, se pode continuar todo pola estrada a carón da costa hacia o norte, e aproveitando para probar as distintas variedades de galettes (crêpes salgadas de trigo sarraceno) e crêpes doces nas numerosas creperías que imos atopando polo camiño.

Galettes: Crêpes salgadas de trigo sarraceno
Galettes: Crêpes salgadas de trigo sarraceno

E chegamos a Brest, capital do Finistère, o departamento máis occidental da Bretaña, sen apenas interese turístico, polo que recomendo seguir hacia a costa do norte pasando pola Punta de Saint Mathieu, con fermosas vistas da costa como en Plouneour.

Costa en Plouneour
Costa en Plouneour

A COSTA NORTE

Seguindo pola costa, e tras unha parada en Roscoff, chegamos a outro dos lugares máis coñecidos da Bretaña: a Costa do Granito Rosa. Un paseo polo sendeiro dos aduaneiros na localidade de Ploumanach é unha das mellores formas de contemplar esta paisaxe.

A Costa do Granito Rosa, en Ploumanach
A Costa do Granito Rosa, en Ploumanach

Despois o mellor é continuar, sempre á carón da costa, hacia o leste, pasando pola Punta de l’Arcouest (con vistas, e posibles excursións á Illa de Bréhat) e o Cap Fréhel.

Casa bretona
Casa bretona

Ainda que non todo son paisaxes na costa do norte da Bretaña, xa que tamén son case de obrigada visita as cidades de Dinan e Saint-Malo. De Dinan, o que máis destaca é o seu castelo e a cidade medieval.

Dinan
Dinan

Saint-Malo é unha das cidades máis fermosas da Bretaña e tamén das máis visitadas. É unha cidade amurallada, moi ben reconstruida despois da sua destrucción polos bombardeos da segunda guerra mundial.

Rua dentro das murallas de Saint-Malo
Rua dentro das murallas de Saint-Malo

E continuando pola costa hacia o leste chegamos a Cancale, onde podemos tomarnos unhas ostras como manda a tradición nesta localidade.

Cancale
Cancale

O LESTE

Ainda que situado administrativamente fora da Bretaña, por apenas uns metros, sería case un delito pasar por alto un dos lugares máis famosos e visitados de toda Francia: o Mont-Saint-Michel. Simplemente espectacular, esta montaña no mar (só coa marea alta) acolle unha fermosa abadía no seu punto máis alto e unha aldea medieval. En temporada alta, recomendo visitalo pola tarde-noite, cando xa se foron a maior parte dos turistas. Ademáis, a imaxe do Mont-Saint-Michel iluminado na escuridade paga a pena

Mont-Saint-Michel
Mont-Saint-Michel

Pero na parte oriental da Bretaña non só temos o Mont-Saint-Michel. A pouca distancia podemos facer unha paradiña na localidade de Dol-de-Bretagne, para despois continuar cara ó sur ata Fougères, outra interesante cidade medieval.

Fougères
Fougères

Sen desviarnos moito de Fougères, e continuando coas cidades medievais, podemos visitar Vitré, que conta cun bonito castelo.

Breizh Cola: O refresco de cola da Bretaña
Breizh Cola: O refresco de cola da Bretaña

O INTERIOR

Quizás o interior sexa a zona menos coñecida da Bretaña, pero non por elo é a menos interesante. Con moitos menos turistas en relación coa costa, no interior hai moitos lugares fermosos onde descansar polo menos un par de días. Huelgoat ou Pontrieux son dous exemplos, ainda que o viaxeiro pode atoparse con outro destino similar onde relaxarse.

Ruta en bici en Huelgoat
Ruta en bici en Huelgoat

No interior da Bretaña tamén podemos aproveitar para contemplar unha das xoias máis coñecidas desta cultura: los recintos parroquiales. Aparte da igrexa, o conxunto está formado xeralmente por un arco monumental, un osario e un calvario. Os máis famosos son os de Pleyben, Guimiliau e Saint-Thégonnec.

Recinto parroquial de Pleyben
Recinto parroquial de Pleyben

O máis interesante dos conxuntos parroquiais son os calvarios, auténticas obras de arte talladas na pedra onde se representan esceas da biblia.

Calvario en Pleyben
Calvario en Pleyben

Por último, e só no caso de ter tempo ou ser moi aficionado ás lendas do Rei Arturo, non dubides en visitar o famoso bosque de Brocelandia, situado na localidade de Paimpont. Alí, hai unha ruta que pasa por lugares relacionados con esta lenda, ainda que penso que só paga a pena para interesados no tema.

Bosque de Brocelandia
Bosque de Brocelandia

Pois ata aqui o percorrido pola Bretaña que propoño, que sempre podes complementar con outros sitios famosos para visitar como pode ser Vannes, Josselin, …ou Rennes, a sua capital; todo dependerá do tempo que dispoñas. Espero que sexa de moita axuda para quen planee un viaxe pola zona e se queres máis información podes deixar un comentario ou escribir a cabonorte2009@hotmail.es. Se ademáis queres consellos para viaxar barato por Francia podes ver esta outra entrada do meu blog.

Fin

POR EUROPA EN COCHE 3ª PARTE: DENDE ESLOVENIA Á LUGO

Ésta é a terceira parte do diario da miña viaxe por Europa en coche no ano 2011. Na primeira parte describo o percorrido dende a saída da casa ata Noruega, incluíndo unha volta polos fiordos (pinchar aqui para ver o relato da 1ªparte); e na segunda parte, dende Noruega ata Eslovenia (pinchar aqui para ver o relato da 2ªparte). A continuación, comentarei a viaxe dende a saída de Eslovenia ata casa, representado no seguinte mapa.

Percorrido da viaxe e da terceira parte
Percorrido da viaxe e da terceira parte

As ideas xerais da viaxe xa as comentei tamén na 1ª parte do diario, que se poden resumir en disfrutar de cada xornada, sen levar percorrido fixo, sen facerlle apenas caso ás guías de viaxe e non facer reservas de aloxamento, que nos limita a durmir nun sitio prederminado. Esto último non o imos cumplir nesta parte da viaxe polo menos nunha ocasión, xa que como comentarei en breve, en Eslovenia decidimos reservar unha casa rural para pasar uns días nos Alpes franceses, para descansar alí de tantos días de viaxe. De todos os xeitos, esto non deixa de ser unha excepción en toda a viaxe.

22 DE AGOSTO: O LAGO DI GARDA

Stara Fužina (SLO) – Torri del Benaco (I)

O Parque Natural do Triglav de Eslovenia é un deses sitios onde nos gustaría voltar noutra ocasión. A ser posible nunha época de menos calor e levando unhas bicicletas como equipaxe. Pero a viaxe continúa e saímos cara Italia non sen antes encher o depósito de gasoil (1.238 euros/litro en comparación cos 1.5 euros/litro de Italia).

Xa en Italia, a calor faise cada vez máis insoportable, onde chegamos a estar á 40ºC. Por esa razón, decidimos non visitar Venecia (estivemos a apenas 20 quilómetros desta famosa cidade) e nos diriximos hacia a zona dos lagos, xa que pensamos que alí faría algo máis de fresco.

Lago di Garda (Italia)
Lago di Garda (Italia)

Chegamos ata o Lago di Garda e, a decir verdade, non notamos que refrescase moito. Buscamos un hotel na beira do lago, e esperamos a que baixasen un pouco as temperaturas. Pola noite, a uns 30 grados, segue sendo moi pesado pasear, pero se disfruta moito mellor do lugar, como por exemplo dunha cea nunha terraza xunto ó lago, na localidade de Torri del Benaco.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 33.01 euros, apartamento de Stara Fužina (2 días): 92 euros, supermercado: 2.90 euros, peaxes: 8.60 euros

Quilómetros percorridos no día: 466.1

23 DE AGOSTO: O LAGO DI COMO

Torri del Benaco (I) – Laglio (I)

O día empeza xa con 30ºC, e moi probablemente se cheguen ós 40ºC pola tarde. Nestas condicións tan pouco propicias para o paseo, a mellor forma de coñecer os lagos será rodeándoos no coche, onde estamos tan a gusto gracias ó aire acondicionado. De todos os xeitos, as paisaxes do Lago di Garda, Como e o d’Iseo (entre os dous anteriores), disfrútanse moito dende o coche, sempre que se vaia polas estradas máis próximas ós lagos, sen presas, e facendo paradas para contemplar as vistas e algunhas localidades

Lago di Como (Italia)
Lago di Como (Italia)

Despois de case rodear por completo o Lago di Como, intentamos buscar un sitio onde durmir na beira oeste do lago. Tardamos bastante en atopar un aloxamento á un prezo razonable, xa que prácticamente todos pasan dos 100euros. Ésta é unha zona moi turística, pero tamén o é o Lago di Garda e non é tan caro. Supoño que será porque o Lago di Como sempre foi un destino das clases máis pudientes de Europa desde fai máis dun século, e eso se nota en moitos hoteles de luxo que teñen xa preto de cen anos. Ainda así, eu esperaba atopar tamén algún sitio onde durmir para os que viaxamos sen derrochar e, cando xa estabamos a punto de decidirnos por un cámping (durmir de cámping a 30 grados non nos facía moita gracia) atopamos un hotel por 75 euros con almorzo e aire acondicionado.

Gastos pagados no día: Hotel en Torri del Benaco: 74 euros, supermercado: 7.67 euros, cea: 27 euros

Quilómetros percorridos no día: 368.9

24 DE AGOSTO: UN POUCO DE FRESCO NO VAL DE AOSTA

Laglio (I) – Valsavarenche (I)

A paisaxe dos Lagos de Italia gustounos moito, ainda que non o disfrutamos todo o que o merece pola calor. Buscando lugares tamén fermosos, pero cun pouco máis de fresco, decidimos ir hacia o Val de Aosta, xa ben dentro dos Alpes, concretamente dentro do Parque Natural Gran Paradiso. E chegamos ata Valsavarenche.

Valsavarenche (Italia)
Valsavarenche (Italia)

Nesta pequena localidade, dentro do Parque Natural, atopamos temperaturas razoables, paisaxe de montaña, prezos xustos e moita tranquilidade. Despois de pasar polos saturados Lagos di Como e Garda, e de sufrir durante tantos quilómetros a nefasta forma de conducir dos italianos, disfrutamos moito da paz deste lugar. Aloxámonos nunha casa rural (ten a denominación de «chambre d’hotes», xa que por aqui xa se fala francés) con boas vistas, e preto do centro do pobo.

Gastos pagados no día: Hotel en Laglio: 75 euros, supermercado: 23.73euros, gasóleo: 45.06 euros, peaxe: 3.30, cea: 29.70 euros

Quilómetros percorridos no día: 258.3

25 DE AGOSTO: DE VOLTA Á FRANCIA

Valsavarenche (I) – Filinges (F)

Despertarnos neste lugar fai que teñamos moitas ganas de pasar varios días por aqui. E así faremos en Filinges, a pouca distancia de onde estamos, xa en terras francesas. Pero antes, aproveitando parte da mañá, contemplamos algo das paisaxes do Parque Natural Gran Paradiso

Parque Nacional Gran Paradiso (Italia)
Parque Nacional Gran Paradiso (Italia)

Despois, seguimos rumbo Filinges cruzando o alto de Saint Bernard (2188m.), con moi boas paisaxes alpinas; e facendo unha parada en Albertville, para comer unhas galettes nunha creperia bretona. Ben entrada a tarde, chegamos ó apartamento que tiñamos reservado en Filinges, onde imos pasar uns días. Á primeira vista o apartamento é perfecto para nós. Está situado no último piso dunha casa de pedra antigua, perfectamente restaurado, e con tódalas comodidades que podemos necesitar. Ademáis, o entorno é moi tranquilo, pero preto da «civilización» para ir de compras ou tomar algo. Respecto ós anfitrións (un deles galego) non teño máis que decir que son perfectos.

Gastos pagados no día: Chambre d’hotes de Valsavarenche: 70 euros, supermercado: 31.72euros, peaxe: 1, comida: 27 euros, aparcamento Albertville: 0.60 euros

Quilómetros percorridos no día: 264.3

26 DE AGOSTO: COMEZAN OS DÍAS DE DESCANSO NOS ALPES

Filinges (F) – Filinges (F)

Levamos xa 25 días viaxando, polo que necesitamos dunha temporadiña de descanso. Queremos estar uns días facendo de turistas pero sen facer moitos quilómetros, sen madrugar, sen necesidade de ter que andar buscando sitios para comer e durmir, … Apetécenos levantarnos cando despertemos, almorzar tranquilamente; e logo ir a dar unha volta polos arredores, facer a compra, tomar algo, e despois voltar á casa pola noite para cear e ler un pouco antes de durmir.

O Mont Blanc, dende o apartamento de Filinges
O Mont Blanc, dende o apartamento de Filinges

Creo que eleximos o lugar idóneo para levar este estilo de vida. De feito hoxe, tras erguernos tarde e almorzar, fumos ó mercado; despois a xantar en Annemasse e a tomar unhas cervexas en Bonne, onde aproveitamos para ir ó supermercado. E pola noite, cea no apartamento cun bo viño francés.

Gastos pagados no día: Supermercado: 11.60 euros, comida: 29.70 euros, cervexas: 4.70 euros

Quilómetros percorridos no día: 75.2

27 DE AGOSTO: ANNECY

Filinges (F) – Filinges (F)

Hoxe adicamos ó día a coñecer Annecy, unha cidade moi turística que ten canais e está situada á beira dun lago co mesmo nome.

Annecy (Francia)
Annecy (Francia)

O centro de Annecy é un lugar agradable para pasear, ainda que nesta época do ano hai moito turismo. O que máis me gustou foron os canais e a antigua cárcere (Palacio d’Isle), que rodeada de canais ten unha forma parecida a un barco. Hoxe, ademáis, disfrutamos dun mercadillo de artículos de segunda man (tan comúns en Francia). Como é habitual nas nosas viaxes por Francia, comimos nunha creperie bretona as galettes de trigo de sarraceno que tanto nos gustan.

Galettes
Galettes

Pola tarde, rodeamos o Lago de Annecy, que está entre montañas que algunha supera os 2000m de altitude. Supoño que na primavera e no inverno, cos picos nevados, a paisaxe ten que ser aínda máis fermosa.

Lago de Annecy (Francia)
Lago de Annecy (Francia)

Gastos pagados no día: Supermercado: 11.17 euros, comida: 32.70 euros, aparcamento Annecy 2.40 euros, gasóleo: 30.01 euros

Quilómetros percorridos no día: 141.3

28 DE AGOSTO: UNHA EXCURSIÓN A SUIZA

Filinges (F) – Filinges (F)

Como estamos a pouco máis de 30 quilómetros de Suiza hoxe decidimos facer unha excursión por ese país. Descartamos ir ata Xinebra, que ainda que a temos moi preto, non nos apetece visitar ningunha cidade. Así que pasaremos o día visitando as localidades da beira sur do Lago Leman (case todas francesas).

Lago Leman
Lago Leman

Despois, unha pequena excursión polos alpes suizos preto de Monthey, contemplando as paisaxes de montaña deste país.

Estrada en Suiza
Estrada en Suiza

Gastos pagados no día: Comida: 25.50 euros

Quilómetros percorridos no día: 194.3

29 DE AGOSTO: LE CIRQUE DU FER A CHEVAL

Filinges (F) – Filinges (F)

Unha excursión ata o círculo glaciar de Fer a Cheval vai ser a nosa forma de pasar o último día de descanso dentro destas «vacacións» nos Alpes. O circo, preto da localidade de Samoëns, aparte da súa beleza, é moi interesante, xa que se pode observar perfectamente a forma de ferradura dun antigo glacial.

Cirque du fer a cheval
Cirque du fer a cheval

Gastos pagados no día: Comida: 34.60 euros, gasóleo: 55.01 euros, supermercado: 17.31 euros

Quilómetros percorridos no día: 102.6

30 DE AGOSTO: HACIA O SUR DE FRANCIA

Filinges (F) – Albi (F)

Coma novos despois destes días de relax nos Alpes, continuamos a ruta de regreso á casa. Facemos unha parada en Le Puy-en-Velay para xantar e para ver a impresionante ubicación da capilla de Saint Michel de Aiguilhe, situada na cima dunha formación volcánica.

Le Puy-en-Velay (Francia)
Le Puy-en-Velay (Francia)

Pasamos a noite e o final da tarde na cidade de Albi, que ten un certo encanto, e unha catedral feita en ladrillo moi interesante.

Gastos pagados no día: Apartamento de Filinges (380 euros por 5 noites), peaxes: 17 euros, Hotel Albi: 57.80 euros, Cea Albi: 28.70 euros

Quilómetros percorridos no día: 576.6

31 DE AGOSTO: CADA VEZ MÁIS PRETO DA CASA

Albi (F) – Sara (F)

Continuamos facendo quilómetros de volta á casa e, tras pasar Toulouse, decidimos dirixirnos hacia o Iparralde (coñecido como País Vasco francés), un lugar perfecto para decansar un par de días. Ainda que estivemos no Iparralde en varias ocasións (incluso teño unha entrada do blog sobre esta zona), sempre que podemos buscamos unha escusa para volver aquí, xa que nos gusta de forma especial. Desta vez, decantámonos pola pequena e fermosa localidade de Sara.

Gastos pagados no día: Gasóleo: 30 euros, comida: 23.5 euros, peaxes: 13.80 euros, cervexas: 4.80 euros

Quilómetros percorridos no día: 427.7

1 DE SETEMBRO: DESCANSANDO NO IPARRALDE

Sara (F) – Sara (F)

Día de descanso en Sara e arredores, disfrutando da calidade de vida do Iparralde

Sara, Iparralde
Sara, Iparralde

Gastos pagados no día: Supermercado: 46.36 euros, cervexas: 5.60 euros

Quilómetros percorridos no día: 93.3

2 DE SETEMBRO: CELEBRANDO A FIN DA VIAXE EN ASTURIAS

Sara (F) – Luanco

Seguimos facendo quilómetros de volta á casa, pouco á pouco, como decidimos facer en toda esta viaxe. Tras facer unha parada para xantar nunha praia preto de Llanes, chegamos a Luanco, localidade onde vivín dous anos e que lle teño un cariño especial. Será aquí onde celebremos a última noite desta viaxe.

Gastos pagados no día: Hotel Sara: 212.80 euros (inclúe dúas noites e dúas ceas), supermercado: 4.35 euros, gasóleo: 53 euros, peaxes: 10.61 euros, cervexas: 13.80 euros

Quilómetros percorridos no día: 448.9

3 DE SETEMBRO: FIN DA VIAXE

Luanco – Lugo

Estes 33 días de viaxe pasáronsenos tan rápido que case non nos demos de conta. Voltaríamos facer sen dubidalo os 10.907.6 quilómetros que acabamos de percorrer por tantas estradas de Europa. Coma sempre, nada máis chegar xa estamos pensando a dónde será á próxima viaxe: Europa do Leste? Europa do Sur? Países Escandinavos de novo? Dá igual decidilo agora. Coma sempre, non o sabremos ata poucos días antes de partir.

Gastos pagados no día: Hotel Luanco: 85 euros (inclúe a cea), gasóleo: 46.01 euros.

Quilómetros percorridos no día: 233.3

FIN

Pinchar aquí para ver a 1ª parte da viaxe

Pinchar aquí para ver a 2ª parte da viaxe

Se desexades máis información, podedes deixar un comentario ou escribir á cabonorte2009@hotmail.es