Archivo de la categoría: en galego

RUTA EN COCHE POLA COSTA DA MORTE

Unha ruta en coche ou moto polo mellor da Costa da Morte

Cabo Vilán, Costa da Morte
Cabo Vilán, Costa da Morte

(Si prefieres leer esta entrada en castellano, pincha aquí)

A Costa da Morte é un dos lugares máis coñecidos da Galiza. O seu nome fai referencia aos numerosos naufraxios acontecidos ao longo dos séculos nas súas augas, sometidas á dureza máis extrema do Atlántico.

Pedra de Abalar, Muxía
Pedra dos Cadrís, Muxía

E que o mar aquí bate moi forte, especialmente no inverno, deixándonos unhas das paisaxes máis abruptas e salvaxes de Europa, embelecidos aínda máis polas súas impresionantes postas de sol. 

Praia de Nemiña
Praia de Nemiña


Calquera época é boa para achegarse ata a Costa da Morte. No verán, polo respiro que nos dá o seu clima, que nos fará gozar das súas praias, case desertas, ata altas horas da tarde (aquí é onde se pon o sol máis tarde do continente europeo en determinadas épocas do ano).

Praia do Lago
Praia do Lago

O resto do ano, para vivir a forza do mar nas súas costas máis abruptas,así como gozar das súas paisaxes e gastronomía coa menor saturación da época estival.

Esta ruta está pensada para hacer en coche o moto
Esta ruta está pensada para facer en coche ou moto

Comparto aquí, convosco, esta ruta que deseñei pola Costa da Morte, unha zona que coñezo moi ben, xa que vivín nela durante 17 anos.

Arou
Arou

A ruta pódese facer nuns catro días, aínda que recomendo aumentala ata como mínimo unha semana,para gozar de todos estes lugares con máis calma.

A RUTA

Desde Malpica a Laxe

Malpica – Punta Nariga– Corme – O Roncudo – Ponteceso – Laxe.

Comezamos a ruta pola Costa da Morte desde Malpica
Comezamos a ruta pola Costa da Morte desde Malpica

Partindo da vila mariñeira de Malpica, seguiremos unha pequena estrada preto da costa ata a Ermida de Santo Adrián, onde hai un miradoiro.

Illas Sisargas
Illas Sisargas

Durante o traxecto, podemos ver as Illas Sisargas, unhas illas cun pequeno faro, que están deshabitadas. A nosa seguinte parada será Punta Nariga, cun curioso faro de recente construción nun bonito enclave con todo o Atlántico de fondo. Desde aquí, tamén se poden ver as Illas Sisargas ao Norte.

Punta Nariga
Punta Nariga

Despois, continuaremos ata Corme. Este pobo mariñeiro é un bo punto para comer marisco nalgún dos seus restaurantes, onde probaremos os percebes que se collen na zona. Moi preto de Corme, podemos contemplar a arquitectura tradicional cun bo número de hórreos en Corme – Aldea (non confundir coa poboación de Corme, onde está o porto), e na aldea de O Roncudo.

Punta de O Roncudo
Punta de O Roncudo

Se seguimos a estrada desde Corme cara ao Oeste,chegaremos ata a Punta de O Roncudo, cun faro e numerosas cruces que nos lembran as vidas que se levou o mar neste lugar.

Desandando os últimos quilómetros antes de chegar a Corme, e seguindo despois pola AC-424, chegaremos á localidade de Ponteceso, coñecida por ser o lugar de nacemento do noso poeta do Rexurdimento Eduardo Pondal, creador da letra do Himno Galego.

Faro de Laxe
Faro de Laxe

En Ponteceso, cruzamos o Río Anllóns e continuaremos pola AC-429 ata Laxe, cunhas vistas preciosas da Ría de Corme e Laxe e a desembocadura do Río Anllóns. Laxe, conta cunha enorme praia que veremos xusto cando cheguemos ao pobo.

Praia dos Cristais, Laxe
Praia dos Cristais, Laxe

E se cruzamos Laxe seguindo rumbo ao Oeste, podemos ver o seu faro e a curiosa Praia dos Cristais, cunha area moi particular que lle dá este nome.

Desde Laxe a Muxía

Laxe – Camelle –Arou – Cabo Vilán – Camariñas – Muxía.

Costa preto de Camelle
Costa preto de Camelle

Saímos de Laxe pola AC-433 en dirección Sur para achegarnos ata Camelle. Durante o camiño, é boa idea facer unha parada na Lagoa de Traba, xusto á beira da praia co mesmo nome.

Lagoa de Traba
Lagoa de Traba

Unha vez en Camelle, o máis coñecido deste pequeno pobo pesqueiro, é o Museo de Man, un curioso artista que viviu durante anos neste lugar e ao que tiven a sorte de coñecer.

A obra de Man
A obra de Man

Desde Camelle, imos seguir a estrada da costa que pasa por Arou en dirección ao Cabo Vilán. Pouco despois de Arou converterase nunha pista de terra, pero recoméndolles continuar sen medo: está en bo estado para calquera turismo e, sobre todo, faravos gozar dun dos tramos máis belos e salvaxes da Costa da Morte.

Praia do Trece desde o alto do Monte Branco
Praia do Trece desde o alto do Monte Branco

Á beira desta estrada, podemos ver o espectacular Monte Branco, unha gran duna que se alza varios metros pola montaña desde a fermosa Praia de Trece.

Cemiterio dos Ingleses
Cemiterio dos Ingleses

Tamén pasaremos á beira do Cemiterio dos Ingleses, que nos lembra un dos naufraxios máis terribles desta costa. A pista acaba preto do Cabo Vilán, co seu impoñente faro.

O Cabo Vilano nunha ruta en bici
O Cabo Vilán nunha ruta en bici

Desde Cabo Vilán continuamos cara Camariñas, onde nos apetecerá unha boa mariscada antes de seguir camiño a Muxía.

Ao fondo, Muxía, desde preto de Camariñas
Ao fondo, Muxía, desde preto de Camariñas

Para ir a Muxía, sairemos de Camariñas pola AC-432 ata Ponte do Porto, e cruzaremos o Río Anllóns por unha estrada na cal, a uns poucos quilómetros de Ponte do Porto, veremos sinalizado a Praia do Lago, unha das miñas praias favoritas desta zona. Se seguimos esta estrada preto da costa chegaremos, finalmente a Muxía.

Santuario da Virxe da Barca, Muxía
Santuario da Virxe da Barca, Muxía

Muxía é coñecida polo seu Santuario da Virxe da Barca, onde diríxense moitos peregrinos que queren facer este variante do Camiño rumbo a Fisterra. Á beira do santuario, está a famosa Pedra de Abalar.

Desde Muxía a Fisterra

Muxía – Cabo Touriñán– Nemiña – Corcubión – Fisterra – Cabo Fisterra.

Cabo Touriñán
Cabo Touriñán

Ao saír de Muxía dirixirémonos ao punto máis occidental da Europa continental: o Cabo Touriñán. Aquí, un panel explicativo cóntanos que este abrupto e belo enclave é o lugar onde máis tarde se pon o sol de todo o continente en determinadas épocas do ano.

Este panel, indícanos que aquí é onde se pon o sol máis tarde nalgunhas épocas do ano.

A nosa seguinte parada será moi preto, seguindo a costa, nunha das mellores praias da Costa da Morte para facer surf: Nemiña. Desde Nemiña, podemos seguir ata Lires e ver a mesma praia desde a Praia de Lires, así como a desembocadura do Río Castro.

Praia de Nemiña
Praia de Nemiña

Desde Lires, teremos dúas opcións. A primeira é ir cara Fisterra polas estreitas estradas da costa, pasando pola aldea da Canosa, así como á beira dunha das praias máis salvaxes desta costa: O Rostro, onde en 1987 naufragou o Casón.

Corcubión
Corcubión

A outra opción é ir por unha mellor estrada pola ría, pasando por Corcubión, unha vila que aínda ten unhas cantas casas ben conservadas.

Cabo Fisterra
Cabo Fisterra

A ruta costeira acaba no Cabo Fisterra, o «fin da terra», un dos lugares máis visitados da Galiza, tras pasar a localidade do mesmo nome.

Fisterra
Fisterra

Fisterra e o seu faro, ademais de ser frecuentado por miles de turistas cada ano, tamén recibe a chegada de miles de peregrinos. Está claro que o lugar é moi especial.

O Interior

Ézaro – Olveiroa –Dolmen Pedra da Arca – Vimianzo – Muíños do Mosquetín –Dolmen de Dombate – Castro de Borneiro – Buño.

Ézaro
Ézaro

Na Costa da Morte tamén temos cousas moi interesantes que ver no seu interior. Se saímos de Fisterra, voltaremos a Corcubión e Cee para, a partir desta localidade, seguir pola estrada da costa en dirección a Muros durante uns quilómetros. A nosa seguinte parada será Ézaro, un bonito pobo do Concello de Dumbría onde é imprescindible ver a súa fervenza que acaba no mar.

Fervenza do Ézaro
Fervenza do Ézaro

A cantidade de auga desta fervenza dependerá de se está aberto ou non o encoro próximo. Desde o pobo de Ézaro, recomendo subir por unha estrada de gran pendente (foi final da Volta Ciclista a España en 2013), ata o miradoiro do encoro, cunhas espectaculares vistas do Cabo fisterra e o Monte Pindo (se tedes tempo, recomendo un día para subilo, como conto nesta entrada).

Subindo o Miradoiro do Ézaro
Subindo o Miradoiro do Ézaro

Desde Ézaro continuaremos por unha estrada sen apenas tráfico ata Olveiroa, unha aldea con varias casas de arquitectura tradicional e etapa do Camiño de Santiago ata Fisterra. Despois, seguiremos en dirección Vimianzo, por unha zona onde existen varios dólmenes que valen apena ver, por exemplo, o Dolmen da Pena da Arca, preto de Baíñas.

Dolmen da Pena da Arca
Dolmen da Pena da Arca

Unha vez en Vimianzo debemos visitar o castelo, unha das mellores fortalezas medievais da Galiza. Conta cun museo e varias mostras de artesanía en directo.

Castelo de Vimianzo
Castelo de Vimianzo

A pouca distancia de Vimianzo, seguindo a estrada AC-552 en dirección á Coruña, temos os Muíños do Mosquetín, un bo exemplo de industria tradicional de aproveitamento da auga.

Muíños do Mosteirín
Muíños do Mosteirín

Acabaremos a nosa ruta con dúas xoias arqueolóxicas da zona. A primeira, o Dolmen de Dombate, que conta ademais cun centro de interpretación.

Dolmen de Dombate
Dolmen de Dombate

E a moi pouca distancia, o Castro de Borneiro, un dos máis importantes da Galiza.

Castro de Borneiro
Castro de Borneiro

Para terminar, se estades interesados na olería, podedes acabar a ruta na localidade de Buño, moi coñecida pola súa cerámica.

Cabo Vilán
Cabo Vilán

Esta é a miña ruta proposta para coñecer o mellor da Costa da Morte. Como é habitual neste blogue, se tedes algunha dúbida, ou se xa a coñecedes e queredes deixar algún consello máis, non dubidedes en escribir un comentario.

Ruta dos Muíños do Folón e Picón

Guía práctica para facer a ruta dos Muíños do Folón e Picón

Muíños do Folón
Muíños do Folón

A ruta dos Muíños do Folón e Picón é unha das máis coñecidas do País. Está situada na aldea de Martín, no Concello do Rosal, ao Sur da Provincia de Pontevedra, moi preto da fronteira con Portugal.

Muíños
Muíños

A peculiaridade deste percorrido é que camiñaremos entre un total de 67 muíños, declarados Ben de Interese Cultural, así coma entre fermosas paisaxes do Val do Rosal.

Sinalización na ruta
Sinalización na ruta

A ruta: lonxitude e desnivel.

A ruta, catalogada como a PR-G 94, é circular, e ten Seguir leyendo Ruta dos Muíños do Folón e Picón

Visita ao Castro de Candaz

Guía da visita ao Castro de Candaz

castro de candaz

Aínda que hai moitos castros espallados por todo o territorio galego, moi poucos se encontran nunha paraxe tan curiosa como o Castro de Candaz.

Castro de Candaz
O Castro de Candaz, emerxe do Encoro de Belesar coa seca

Situado nunha península no Río Miño, en plena Ribeira Sacra, o primeiro que debemos saber é que este castro está case todo o ano baixo as augas do Encoro de Belesar, así que só teremos uns poucos días ao ano (salvo casos de sequías prolongadas ou traballos de mantemento do encoro) para poder visitalo, polo xeral Seguir leyendo Visita ao Castro de Candaz

Que facer en Lalín

10 cousas polas que recomendo visitar Lalín

Río Arnego polo Concello de Lalín
Río Arnego polo Concello de Lalín

1: Gozar da natureza

Lalín está situado no corazón do territorio galego, no que domina unha paisaxe de fermosos vales cheos de soutos, carballeiras e ríos de augas cristalinas.

Fraga de Catasós Lalin
Fraga de Catasós

Por esta razón, nas terras do Concello de Lalín, temos moitos lugares onde podemos gozar da natureza, ainda que se hai que escoller un par deles serían sen dúbida a Fraga de Catasós, un fermoso bosque autóctono declarado Monumento Nacional, e a Serra do Candán, incluído na Rede Natura 2000.

Tronco dun castiñeiro na Fraga de Catasós
Tronco dun castiñeiro na Fraga de Catasós

Tamén hai lugares fermosos a Seguir leyendo Que facer en Lalín

Ruta en coche pola Ribeira Sacra

Unha ruta en coche ou moto polo mellor da Ribeira Sacra

Canón do Sil, Ribeira Sacra
Canón do Sil, Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é un dos lugares máis completos desde o punto de vista turístico. Por un lado, pola súa paisaxe, con excelentes miradoiros sobre os ríos Miño e Sil. Por outro lado, polo seu valor histórico, con importantes igrexas románicas e mosteiros (de aí o nome de Ribeira Sacra), así coma de pisadas romanas.

Cabo do Mundo, Ribeira Sacra
Cabo do Mundo, Ribeira Sacra

Por último, reúne moitas actividades que fará imposible aburrirse como poden ser rutas de sendeirismo, btt ou turismo enolóxico, ao ser a Ribeira Sacra tamén unha denominación de orixe vinícola. A mellor forma de percorrer a Ribeira Sacra é Seguir leyendo Ruta en coche pola Ribeira Sacra

A Rapa das Bestas de Sabucedo

Guía práctica para a visitar a Rapa das Bestas de Sabucedo

rapa da bestas, sabucedo

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas tradicionais máis coñecidas do noso país, así que non podería faltar unha entrada neste blog con información para gozar desta gran festa. Agardo que vos guste e vos sexa útil!

rapa das bestas, sabucedo
Cabalos no curro

Que é a Rapa das Bestas?

A rapa das bestas é unha actividade tradicional que consiste en agrupar os cabalos que se encontran ceibes no monte para Seguir leyendo A Rapa das Bestas de Sabucedo

Unha volta polo Concello de A Estrada

Ruta turística polo mellor do Concello de A Estrada

Pazo de Oca, a Estrada
Pazo de Oca

Para un santiagués coma min o Concello de A Estrada non é en absoluto descoñecido. De feito, xa visitei o Pazo de Oca en outras ocasións, paseei varias veces ao carón do Río Ulla en lugares como Pontevea ou o Xirimbao, e mesmo non fai moito tempo que contemplei a paisaxe da comarca desde miradoiros como o de San Miguel de Castro.

Areal de Berres, A Estrada
Areal de Berres

Pero ainda que é un lugar familiar para min, sempre quedan cousas por descubrir, por iso Seguir leyendo Unha volta polo Concello de A Estrada

A Lagoa de Cospeito

Guía da visita a unha das lagoas máis famosas da Terra Chá

Lagoa de cospeito, lugo, terra cha

Nas chairas do centro da provincia de Lugo, en plena Terra Chá, podemos gozar dun espazo natural que é un auténtico paraíso para os amantes das paisaxes e da natureza, e en especial as aves: A Lagoa de Cospeito.

Situación da Lagoa de Cospeito
Situación da Lagoa de Cospeito

É, ademáis, un lugar único para pasear e relaxarse, xa que se pode percorrer todo ao seu redor por un bonito sendeiro.

A Lagoa de Cospeito, Lugo, terra cha
A Lagoa de Cospeito

A LAGOA DE COSPEITO

A lagoa tivo considerables dimensións no pasado, e foi Seguir leyendo A Lagoa de Cospeito

Visita ao templo de Santalla de Bóveda

Guía para visitar o Templo de Santalla de Bóveda (tamén coñecido polo seu nome en castelán Santa Eulalia de Bóveda), unha xoia da nosa historia única no mundo

santalla de boveda, lugo

Moi preto da cidade de Lugo, temos un dos templos máis interesantes e a súa vez máis descoñecidos do país: O templo de Santalla de Bóveda.

Santalla de Bóveda

Hai bastantes teorías en relación a súa orixe, xa que algúns din que é celta e outros o sitúan na época romana, como un templo adicado ao Deus Mitra ou a Deusa Cibeles.

santalla de bóveda, lugo
O templo, a carón da igrexa

O que si parece que está claro é a orixe precristiá, xa que Seguir leyendo Visita ao templo de Santalla de Bóveda