Conclusións despois de tres anos e 100.000 km co Toyota Corolla TS Híbrido
Si prefieres leer esta entrada en castellano, pincha en este enlace
Aquí compartín moitas viaxes co Toyota Avensis de 2008 que, despois de 13 anos e máis de 300.000 km, facíase un pouco vello para as longas viaxes que estaba acostumado. Por esa razón, no 2021, decidín mercar o Toyota Corolla TS, un coche que encontrei novo e a bo prezo, e do que naquel momento non escoitara falar nada malo del.
Despois de tres anos e 100.000km, comparto aquí a miña experiencia con este vehículo, xa que é unha kilometraxe bastante importante para un turismo, e vos pode facer unha idea de como vai se o estades pensando comprar, novo ou usado.
O Toyota Corolla TS
O meu Toyota Corolla TS é o modelo de 180 CV de 2021 con acabado Feel. Leva un sistema híbrido con motor de combustión e eléctrico que obtén unha potencia final de 184 CV e 190 Nm de par. No meu caso, os únicos extras do modelo orixinal son o gancho de remolque e unha roda de reposto de emerxencia en lugar do kit antipinchazos.
Motor e Sistema Híbrido: Funcionamento e consumos.
Os 180 CV de potencia penso que son máis que suficientes para mover ben o vehículo. O coche ten boa aceleración, e fai adelantamentos con rapidez. Mesmo leva con bastante soltura a nosa caravana de 740 kg de peso, como conto neste artigo. Ademais, o sistema funciona de forma moi suave, polo que en todo momento vai no réxime axeitado en función da demanda de potencia. En comparación con outros híbridos de menor potencia que teño probado (o Corolla TS de 120CV, Auris de 2007 e Prius II), este motor só se revoluciona moito en caso de moi alta demanda de potencia, cousa que raramente pasa.
Respecto ao consumo, é unha das cousas que máis me sorprendeu para ben, sobre todo en cidade (onde chega a consumir menos de 5l/100km). En estradas convencionais tamén teño feitos consumos moi baixos, sobre 5-5.5 l/100km, e por autoestradas sube polo xeral dos 6l/100km, sobre todo se hai costas e andamos en torno os 120km/h. Penso que, despois de conducir moitos coches diésel, este híbrido consume sempre menos que os diésel do seu mesmo tamaño e potencia, excepto se imos rápido por autoestrada.
Comportamento
A estabilidade deste Toyota penso que é moi boa. De feito, leva unhas suspensiones bastante máis duras que o meu Avensis, polo que o coche balancea menos, aínda que se fan notar máis os baches das estradas. De todos os xeitos, é un coche cómodo para viaxar, axudado ademais por un bo equipamento que inclúe moitos servizos de axuda á condución.
Mantemento
Cada ano ou 15.000 km, o que antes aconteza, hai que pasar polo taller para o mantemento do vehículo. Ate o momento, sempre utilicei os servicios oficiais Toyota, que penso que non teñen un prezo demasiado excesivo en comparación con outras marcas. A modo de exemplo, as revisións máis sinxelas (15.000, 45.000 e 75.000 km), que pouco máis son que aceite e filtro de aceite, andan en torno aos 175€. As de 30.000, 60.000 e 90.000, son un pouco máis caras, xa que inclúen filtro de aire, habitáculo e líquido de freos, e andan en torno aos 380 €.
Fixen 2 cambios de rodas dianteiras e un nas traseiras, usando as Michelin Cross Climate no eixo dianteiro e as Michelin Primacy no traseiro.
Avería e outras incidencias
Afortunadamente, nestes 100.000km, o Toyota Corolla TS non sufriu ningún tipo de avaría, nin mecánica nin tan sequera un simple tapizado. Por esa razón, non tiven que facer ningún uso da garantía e só fun ao taller para o mantemento correspondente.
As únicas incidencias a resaltar foron cousas que pasan polo uso habitual do vehículo: Un par de rascazos no paragolpes dianteiro, outro nunha llanta, unha pequena rotura no parabrisas dianteiro (que foi reparado, non sustituído) e, finalmente, un desgarro no tapizado da parte inferior do vehículo, debido a un roce nos baixos.
O mellor do Toyota Corolla TS
- O funcionamento de todo o sistema híbrido. É moi suave e moi cómodo de conducir en calquera condición, pero especialmente en cidade.
- Os consumos. Penso que un diesel de similar categoría e potencia só podería superalo en autoestrada, xa que en estrada, e sobre todo en cidade, gasta menos que un diésel similar.
- O equipamento: Para o seu prezo, penso que ten un equipamiento bastante completo.
- Fiabilidade: En 3 anos e 100.000km non tivo ningunha visita ao taller, salvo o mantemento.
- Relación calidade prezo: Non me parece un coche caro para o que ofrece
O peor do Toyota Corolla TS
- Capacidade do depósito de combustible: Só 45 litros son escasos para un coche desta categoría, o que limita a autonomía.
- O funcionamento do sistema de luces de estrada automático: Deixa bastante que desexar, xa que é lento e moitas veces deslumbra aos outros vehículos.
- Peso de remolcado: Só 750 kg, o que fai que xa poucas caravanas no mercado podan ser remolcadas por este modelo.
- Pouca altura respecto ao chan. Algunhas veces, sobre todo circulando con caravana, ten tocado os baixos do coche nalgún badén.
Conclusións:
Ate o de agora podo dicir, e o digo sen que Toyota me dé nada por escribir isto, que o Toyota Corolla TS é unha compra moi recomendable. O funcionamento do sistema híbrido é moi bo, os consumos baixos, e os defectos que expliquei antes non me parecen demasiado importantes coma para descartar a compra. De todos os xeitos, xa veremos se este modelo chega tan ben aos 360.000km que xa ten o meu outro Toyota, o Avensis.
E xa sabades que, como é habitual neste blogue, se tedes algunha dúbida, ou queredes partillar algunha cousa ou consello máis deste vehículo, non dubidedes en escribir un comentario.
Un comentario sobre “100000 km co Toyota Corolla TS Híbrido”