Subida al Alpe d'Huez

SUBIDA AO ALPE D’HUEZ EN BICI

Guía para ascender en bici ao mítico porto Alpe d’Huez

Subida al Alpe d'Huez
Subida ao Alpe d’Huez

Si prefieres leer enta entrada en castellano pincha en este enlace

Un dos portos máis coñecidos do Tour de Francia nas etapas alpinas é o do Alpe d’Huez. Por iso, na última viaxe por Europa, coma ben aficionado á bicicleta e a subir portos, decidín facer este ascenso. Tendo en conta que nestas viaxes só levo unha bici de montaña (bastante vella e pesada), non teño máis remedio que facer o ascenso con ela. De todos os xeitos, esta guía para subir ao Alpe d’Huez é válida para calquera tipo de bicicleta, xa sexa de «carretera» (o máis habitual), montaña ou eléctrica.

Subida al Alpe d'Huez
Subida ao Alpe d’Huez

O Alpe d’Huez

O Alpe d’Huez está situado na parte occidental dos Alpes, en territorio francés. O porto tal como se sube no Tour de Francia sae desde a localidade de Le Bourg-d’Oisans, no fermoso Val de Oisans, á beira do Río Romanche. Son un total de 13.9 km cos seus famosos 21 «virages», que saen desde unha altitude de 730 m. e, tendo a súa cima a 1840m., fan un desnivel de 1110m.

Subida al Alpe d'Huez
Subida ao Alpe d’Huez

A ascensión do Alpe d’Huez

Saíndo do centro da localidade de Le Bourg-d’Oisans, cruzamos a rotonda coa estrada xeral D1091 que comunica Grenoble con Briançon, e dirixímonos cara a D211 en dirección a La Garde e L’Alpe d’Huez. A poucos metros desta rotonda, na primeira curva á esquerda, veremos o sinal que indica o inicio do porto do Alpe d’Huez.

Inicio ao porto de Alpe d'Huez
Inicio ao porto de Alpe d’Huez

A partir de aquí xa todo o ascenso é bastante duro, con pendentes que xa superan o 10% sen nengún descanso ate a localidade de La Garde, onde hai unhas casas, unha delas cun bar. O ascenso continúa moi duro, pasando por varias «virages» máis, desde onde imos gañando altitude e tendo fermosísimas vistas ao Val de Oisans. Despois de pasar a metade dos km do porto, e antes de chegar ás primeiras viviendas da localidade de Huez, vemos a igrexa de Saint Ferréol.

Saint Ferreol
Saint Ferréol

Aquí, hai unha pequena área de descanso, e mesmo un sitio con ferramentas por se precisamos facer algunha reparación na bicicleta.

Ferramentas na subida ao Alpe d'Huez
Ferramentas na subida ao Alpe d’Huez

A partir deste lugar xa está todo máis humanizado, con máis ambiente urbano que bosque, aínda que o ascenso segue sendo difícil. Xusto ao pasar a localidade de Huez, veremos un cruce que debemos continuar recto se queremos seguir polo mítico ascenso, aínda que as dúas estradas chegan ao mesmo lugar.

Huez
Huez

Desde este lugar, xa son poucos quilómetros ate o final, e xa veremos os edificios da estación de ski de L’Alpe d’Huez onde remata o porto. Estes últimos quilómetros xa non teñen nada de sombra e, xa nos finais, cruza o casco urbano desta estación de ski.

Ultimo km do Alpe d'Huez
Ultimo km do Alpe d’Huez

Ao pasar o centro da mesma, vindo pola Route du Signal, debemos de xirar á dereita pola Avenue de l’Étendard, xusto enfrente do Sphere Bar. Seguimos por esta avenida cruzando recto unha rotonda e, na segunda rotonda, subimos á esquerda pola Avenue du Rif Nel onde veremos o pórtico de metal que sinaliza o final do porto.

Meta do Alpe d'Huez
Meta do Alpe d’Huez

Ao seu carón, veremos unha especie de podio con tres bicicletas onde moitos ciclistas fanse a foto despois deste duro ascenso.

Podium do Alpe d'Huez
Podium do Alpe d’Huez

Guía práctica para a visita ao Alpe d’Huez

· Como chegar.

O inicio da subida está en Le Bourg-d’Oisans, na estrada que une Grenoble con Briançon (D1091). O máis habitual é acceder desde a cidade de Grenoble, que se encontra a 51km por unha estrada convencional (uns 50min de viaxe).

· Onde aloxarse.

En Le Bourg-d’Oisans hai varios lugares onde aloxarse. E mesmo xusto no inicio do porto hai dous camping, aínda que se soen encher en verán. De todos os xeitos, nas localidades próximas hai moitas opcións para durmir, sobre todo na cidade de Grenoble

· Estado da estrada ao Alpe d’Huez e tráfico.

A estrada de subida ao Alpe d’Huez ten moi bo firme e é bastante ancha. O malo é o tráfico que ten, xa que dá acceso aos resorts que hai na montaña, sobre todo en fin de semana e vacacións.

A subida ao Alpe d'Huez ten bastante tráfico
A subida ao Alpe d’Huez ten bastante tráfico

· Sinalización da subida.

A subida a porto está moi ben sinalizada. Cada quilómetro ten a súa sinalización así coma as 21 «virages». Tamén está sinalizado o inicio e o final, este último cun arco estilo «meta». O único que se bota en falta é sinalización ao chegar á estación de ski, xa dentro do último quilómetro, onde mellor seguir as indicacións que escribín antes

· Que facer no alto do Alpe’Huez.

A diferencia de outros portos de montaña, o Alpe d’Huez remata nunha localidade chea de servizos de bares, restaurantes, hoteles,… Ademais, unha vez alí arriba, tamén se poden facer outras rutas ciclistas (con bicis de montaña), polos montes de arredor.

· A mellor época para ir.

Excepto no inverno, que pode haber neve e xeo debido á altitude, calqueira época do ano é boa para ir. No verán, hai días que fai moita calor, así que sería bo evitar as horas centrais do día. Convén mirar tamén a previsión meteorolóxica antes da ascensión, xa que as tormentas son frecuentes sobre todo no verán.

A meta do Alpe d'Huez
A meta do Alpe d’Huez

Ate aquí a guía de ascenso ao Alpe d’Huez. E xa sabedes que, como é habitual neste blogue, se tendes algunha dúbida, ou queredes compartir algunha experiencia ou algún consello sobre a subida a este porto, non dubidedes en escribir un comentario.

Un comentario sobre “SUBIDA AO ALPE D’HUEZ EN BICI”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.