Amsterdam é unha cidade moi coñecida principalmente polos escaparates do seu barrio roxo e os coffee shops, pero presume tamén doutras posibilidades que a fan un destino idóneo para pasar uns días. Ten numerosos museos, como o Museo da Casa Rembrandt ou o Museo de Arte Moderno (Stedelijk Museum), a casa de Anne Frank e a fermosa Praza de Dam. Pero o verdadeiro encanto de Amsterdam que o fai realmente distinto a outras capitais europeas, é pasear polos canais, disfrutar dos seus mercados ó aire libre, curiosear polo Barrio Roxo e, como non, tomarse algo nos seus conocidísimos Coffee Shops.