Guía práctica para gozar da paisaxe e da natureza canadiense nos Parques Nacionais de Jasper e Banff
AS MONTAÑAS ROCHOSAS
Como se fose unha columna vertebral desprazada hacia ao Oeste de Norteamérica, as Rochosas son dos lugares máis visitados de EEUU e Canadá pola súa paisaxe e natureza salvaxe. Nesta nova entrada do meu blog, comparto con vos unha viaxe polo máis xenuino destas montañas do lado canadiense, facendo un percorrido polos lugares máis fermosos e salvaxes, acompañado de datos prácticos da viaxe e fotos que fixen durante a miña visita a unha das zonas máis fermosas de Canadá.
COMO CHEGAR
Podemos chegar ás Rochosas por avión aterrizando en aeroportos próximos como o de Calgary ou Edmonton, e tamén podemos chegar por estrada en coche ou nos típicos autobuses da empresa Greyhound. Pero, sen dúbida algunha, penso que a mellor forma de chegar non é nin máis nin menos que a través do mítico tren Transcanadiense, que varias veces á semana fai unha parada na localidade de Jasper. (En esta entrada conto como foi a nosa experiencia nese tren así como é posible encontrar un billete a un prezo razonable).
COMO DESPLAZARSE
Dende logo, moverse en transporte público polas Rochosas non é a opción máis recomendable pola súa escasede. Outra opción é utilizar as empresas que fan excursións organizadas, e que tamén non recomendo por ser caras e pola falta de liberdade. Polo tanto, penso que a mellor forma de desplazarse é alugar un coche ao ser o medio máis rápido e que máis liberdade te dá. Ademáis, conducir polas Rochosas é un pracer; e non só pola paisaxe, senón pola ausencia de tráfico e cantidade de sitio onde aparcar.
Xa no coche, temos que ter coidado con non apurar moito o depósito de combustible, xa que pode haber moitísima distancia entre gasolineiras e, sobre todo, temos que estar moi atentos á fauna salvaxe (a nós cruzáronsenos varios cervos e tres osos). Outra cousa a ter en conta no coche é o baixo prezo da gasolina e o custe do aluguer. O noso non resultou excesivamente caro (535$, uns 380€ unha semana) tendo en conta que foi temporada alta e unha compañía de moito prestixio.
QUE VER
Ainda que a cadea montañosa das Rochosas é enorme, penso que para pasar unha ou dúas semanas neste paraíso é suficiente con visitar os parques nacionais de Banff e Jasper. Os dous son impresionantes e contan cunhas paisaxes espectaculares e unha boa infraestructura para coñecelos.
O Parque Nacional de Banff
O Parque Nacional de Banff é o máis concurrido dos dous, e non porque sexa o máis fermoso, senón porque simplemente é o que está mellor comunicado e o que dispón de máis promoción e servizos. O parque está cheo de picos de moita altitude, lagos glaciares e fervenzas, polo que a mellor opción é facerse cun mapa nunha das súas oficinas de turismo e plantexarse a ruta en función dos gustos de cada un. Un dos imprescindibles deste parque son os Lagos Louise e Moraine, e pódovos asegurar que paga a pena pasar o día paseando ao seu redor. Sen dúbida é un lugar único para gozar das paisaxes das Rochosas.
Se pola contra es dos que gozan dos típicos pobos cheos de turístas e tendas de recordos (eu sempre tento de evitalos), podes parar na localidade de Banff, un lugar ateigado de turistas e con prezos altísimos que non recomendo máis que para dar un paseíño, xa que para comer e durmir é moito mellor a localidade veciña de Canmore.
O Parque Nacional de Jasper
Se o que buscas é aínda máis natureza e unha reducción moi considerable do número de turistas, recomendo sen dúbida algunha o Parque Nacional de Jasper. O Lago Maligne, o Cañón do Maligne, as Athabasca Falls, o Lago Pyramid ou Edith Cavell son lugares imprescindibles dentro do parque.
Aínda que temos moitísimas máis opcións, xa fose para sendeirismo, btt, rafting ou simplemente para gozar das augas termais, coma en Miette Hot Springs.
A Icefields Highway: A Estrada dos Glaciares
A estrada que une as localidades de Jasper e Banff, e que discurre íntegramente polos dous parques nacionais, considérase unha das estradas máis fermosas do mundo, e a verdade é que non é para menos. Son máis de 200 km realmente impresionantes, atravesando bosques, cañóns de ríos, fervenzas e ate pasamos moi preto do Glaciar de Athabasca.
Unha ruta para facer con calma, gozando de conducir e das paisaxes, aínda que vixiando os animais que se nos cruzan e o combustible, xa que só hai unha gasolineira en todo o percorrido. Unha cousa a ter en conta ao conducir polos parques nacionais de Canadá e a necesidade de comprar un pase para cruzalos. Pode ser diario, pero se imos estar varios días compensa comprar o pase anual (136$, uns 96€)
ONDE DURMIR
Se gozades do camping estades de noraboa, xa que hai moitísimos, ate en zonas moi ailladas. Se o que queremos é pasar a noite nunha cama a cousa se complica, especialmente en tempada alta, xa que hai certa escasede e os prezos aumentan moitísimo. De todos os xeitos, podemos durmir nunha habitación sen deixarnos unha boa cantidade de diñeiro.
Para elo, eu penso que cando visitemos o Parque Nacional de Banff optemos por durmir en habitacións compartidas en hostels e polo contrario na menos turística Jasper, podemos pasar a noite nun dos seus numerosos bed and breakfast a precios asequibles (en esta páxina podemos ver case todos os de Jasper e a súa disponibilidade). Aquí poño o que nos costaron por noite os aloxamentos na visita ás Rochosas:
· Bed and Breakfast Seldom Inn (Jasper): 85$, 60€ aprox. Habitación doble con baño compartido. Moi recomendable
· Hotel Nakoda Lakeside Lodge (preto de Canmore): 109$, 77€ aprox. Habitación doble con baño. Moi bonito, xunto a un lago
· Hostel The Hostel Bear (Canmore): 71$, 50€ aprox. 2 persoas en litera en habitación compartida con 6 persoas. Moi ruidoso por estar a un paso da vía do tren
· Bed and Breakfast En Ska (Jasper): 90$, 64€ aprox. Habitación doble con baño e cociña. Moi recomendable.
ONDE COMER E BEBER
Como a comida neste país non é que sexa moi boa, recomendo sempre que fose posible buscar aloxamentos con cociña e así de paso aforrar un pouco. De todos os xeitos, podemos comer desde uns bos filetes pasando por pizzas e hamburguesas en moitos restaurantes e pubs en vilas como Jasper ou Canmore. Aquí vos poño un par de recomendacións:
· Whisttle Pub: Un dos mellores e máis populares sitios onde comer e beber en Jasper. Aquí podemos comer dúas Cheese Burguer con patacas e tomar unhas cervexas por pouco máis de 20$
· Rose and Crown Pub. Un dos mellores lugares de Canmore para tomarse unhas pintas e comer algo.
Pois isto é todo! E xa sabedes que como é habitual neste blog, se tedes algunha dúbida, queredes deixar aquí algún consello máis, ou simplemente queredes comentar ou compartir unha experiencia vosa similar, non dubidedes en poñer un comentario.