Camping no Reino Unido

A caravana Adria Aviva 360

A caravana Adria Aviva 360 DK despois de tres anos de uso

Camping no Reino Unido
Adria Aviva 360DK

Ainda que tres anos non parece moito tempo de uso nunha caravana, a nosa Adria Aviva 360 a utilizamos moito durante todo este tempo; máis de 200 noites repartidas en varias viaxes, ao darlle un uso moi rutero. Polo tanto, comparto aquí como é esta caravana, os accesorios, mantemento, fallos, etc…así como o que máis e o que menos nos gustou dela.

Adria Aviva 360DK
Adria Aviva 360DK

A Adria Aviva 360 DK.

A nosa Adria Aviva 360 é o modelo DK, é dicir, a que leva na parte posterior da caravana dúas literas fixas. É o modelo de PMA ate 750kg, polo que non precisa nin matriculación, nin seguro propio nin ten que pasar a ITV. Foi comprada nova en Xullo de 2022 no concesionario Adria de Ormar Caravan en Girona. A caravana en xeral penso que ven ben equipada, con baño, ducha, WC, cociña de gas con dous fogóns, neveira trivalente, boiler de auga quente, luces interiores led, chasis e estabilizador AL-KO, roda de reposto,…

A Adria Aviva co avancé
A Adria Aviva co avancé

Accesorios e complementos da nosa Adria Aviva.

Coa compra da caravana, déronnos a escoller entre un toldo ou un avancé. Nós ao final decidímonos polo avancé (marca Ticamo), xa que o vimos máis útil en caso de chuvia e vento (usamos a caravana tamén no inverno e climas chuviosos).

O interior do avancé
O interior do avancé

Tamén daban a opción de instalar sen custe unha antena de TV, cousa que nós non usamos, e optei pola instalación de amortecedores na suspensión, xa que lle imos dar un uso moi rutero. Xa baixo custe, instalóuselle unha bombona de gas pequena.

Amortecedores, imprescindibles nunha caravana rutera
Amortecedores, imprescindibles nunha caravana rutera

Unha vez recollida do concesionario, ao longo destes tres anos instaláronselle os seguintes complementos e accesorios:

  • Unha vitrocerámica portátil (moito máis cómodo que o gas para cociñar)
  • Un radiador eléctrico (tendo en conta que usamos a caravana tamén no inverno)
  • Un depósito portátil de augas grises
  • Unha mosquiteira de imáns (que substituiu a de pompóns que traía)
  • Un antirroubo do enganche do remolque
Depósito de augas grises
Depósito de augas grises
Mosquiteira de imáns
Mosquiteira de imáns
Outros accesorios: lámpara portátil e organizador.
Outros accesorios: lámpara portátil e organizador.

As viaxes nestos tres primeiros anos.

Durante tres anos, usamos a Adria Aviva máis de 200 noites, repartidas en varias viaxes desde Galiza:

Camping en Vizille (Alpes franceses)
Camping en Vizille (Alpes franceses)

Mantemento, fallos e avarías despois de tres anos de uso.

Cada ano, levamos a caravana a facer a súa correspondente revisión anual ao concesionario Adria que temos máis preto, a Caracol Park en Vigo. A revisión inclúe proba de estanqueidade e engrase, e ten un custe de 150 €. Penso que é necesario para a súa correcta conservación e para manter a garantía de fábrica. Ademáis, penso que tamén fundamental para a súa boa conservación, a temos sempre gardada nun aparcamento cuberto, algo imprescindible tendo en conta a humidade en Galiza.

Desgaste do pneumático despois de tres anos de uso
Desgaste do pneumático despois de tres anos de uso

Aínda que a caravana non ten moitos anos de uso,e o seu mantemento, conservación e coidado que lle damos é excepcional, a verdade é que tivo unha utilización moi intensa (máis de 200 días vivindo nela e percorrendo moitos quilómetros, en diferentes épocas do ano, mesmo no inverno).

Cociña e liteiras da Adria aviva 360 DK
Cociña e liteiras da Adria aviva 360 DK

En definitiva, estes son as fallas e averías que tivemos en todo este tempo:

  • Algo de humidade na parte baixa do maleteiro, onde a porta de acceso.
  • Madeira do somier da liteira inferior traseira con humidade, así como as bisagras deste somier con óxido.
  • Algúns compás das ventás bloquéanse ao pechar.
  • Rotura da tapa da entrada do depósito de auga.
  • Pasouse unha rosca do tornillo da pata da mesa, o que facía que se movese.
  • Caída de múltiples tapas que ocultan os parafusos interiores.
Humidade no maletero e somier da liteira de abaixo
Humidade no maletero e somier da liteira de abaixo
Óxido nas bisagras do somier
Óxido nas bisagras do somier

Ademáis, despois de dous anos de uso, cambiamos o acolchado da cama principal / sala, xa que co uso os de fábrica acabaron sendo moi brandos.

Interior da Aviva 360DK
Interior da Aviva 360DK

O mellor da Adria Aviva 360DK.

  • Caravana de menos de 750kg de peso.
  • Moi boa relación calidade – prezo.
  • É moi boa caravana rutera.
Camping en Cornualles
Camping en Cornualles

O peor da Adri Aviva 360DK

  • Algo de entrada de humidade na zona do maleteiro (aínda que utilizouse moito en ambientes moi húmidos).
  • Algún detalle de acabado no mobiliario.
  • Acolchado da cama principal algo blando.
Sala da Adria Aviva 360
Sala da Adria Aviva 360
Colchón da cama principal
Colchón da cama principal
Cama principal lista para durmir
Cama principal lista para durmir

Conclusión.

Despois destes tres anos e máis de 200 noites de uso, penso que a caravana Adria Aviva 360 DK foi unha boa compra. Unha das poucas caravanas que quedan xa no mercado con menos de 750kg de peso que ten, ademais, unha excelente relación calidade – prezo e un bo equipamento. Só se lle podería esixir algo máis de calidade no seu interior e un mellor aillamento, aínda que son consciente de que isto faría aumentar bastante o seu peso (e o seu prezo).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.