Muralla de Lugo

LUGARES PARA VER A NOSA HISTORIA: A ÉPOCA ROMANA

Os meus lugares favoritos para ver a época romana

Muralla de Lugo
Muralla de Lugo

Nesta nova entrada, comparto con vós os que para min son os mellores lugares para ver a época romana na Galiza fóra dos museos. Foi difícil decidir cales, xa que temos unha morea de bos exemplos por todo o territorio, mais supoño que moitos concordaredes conmigo de que estes son dos máis importantes. Todos están xeolocalizados en GoogleMaps, polo que non hai máis que escribilo no buscador para chegar a eles.

Pedra fundacional da torre de Hércules
Pedra fundacional da Torre de Hércules

A pegada romana nesta terra foi enorme. Vai desde a base da nosa propia lingua até obra civil, con algunhas infraestructuras que aínda continúan a usarse hoxe en día.

Muralla de Lugo
Muralla de Lugo

Comezamos o percorrido polo que fora unha das cidades máis importantes da Gallaecia: Lugo. Aínda que sen dúbida algunha o que máis chama a atención é a súa impresionante muralla, hai espallados por toda a cidade moitos lugares ben interesantes como as termas, Domus de Mitreo, Centro Arqueolóxico de San Roque, Casa dos Mosaicos, etc…

Termas de Lugo
Termas de Lugo

Outra cidade moi importante para os romanos polo seu acceso ao mar era a antiga Brigantium, A Coruña. Aquí, destaca a imponente Torre de Hércules, que aínda hoxe continúa a utilizarse como faro.

Torre de Hércules
Torre de Hércules

O que vemos desde fóra, é un engadido posterior de finais do século XVIII, mais non deixa de sorprendernos a súa maxestuosidade.

Ponte de Ourense
Ponte de Ourense

Se continuamos a falar de infraestructuras, de todos é coñecida a eficiencia dos romanos na construcción de estradas. Aínda hoxe, podemos ver por todo o país varias pontes, entre as que destacan a de Ourense, que cruza o Río Miño, ou a do Río Bibei.

Ponte do Río Bibei
Ponte do Río Bibei

Esta última aínda segue de soporte da estrada OU-636 co tráfico habitual dunha estrada do século XXI.

Miliarios na Via Nova
Miliarios na Via Nova

E que para os romanos a construcción de estradas era algo fundamental para a xestión do seu imperio. Unha das máis importantes era a Via Nova ou Via XVIII, onde a día de hoxe podemos ver unha serie de miliarios (para indicar a distancia) ao carón da estrada OU-312, cara a fronteira con Portugal.

Campamento de Aquis Querquennis
Campamento de Aquis Querquennis

Ao pé desa mesma Via Nova, xa a carón do Río Limia, temos os restos do antigo campamento romano de Aquis Querquennis, que poderemos ver só no caso de que as augas do Encoro das Cunchas no lo permitan. Moi preto deste campamento está o Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Via Nova.

Montefurado
Montefurado

Como ben sabemos, unha das razóns pola que os romanos dominaron esta terra foi polo seu ouro. E aínda que o mellor lugar par ver como o explotaban son as Médulas, nas terras do Bierzo, aquí tamén temos un curioso lugar de explotación mineral na beira do Río Sil, Montefurado, onde chegaron a desviar o curso do río.

Piscina, capiteis e murais
Piscina, capiteis e murais de Santalla de Bóveda

Mais non só son infraestructuras o que nos deixaron os romanos. No espiritual, non podía deixar sen citar o curioso santuario tardorromano de Santalla de Boveda (Lugo). Do templo conservanse os muros e parte da bóveda, cubertas con fermosos frescos decorados con aves e elementos vexetais, así como unha «piscina» interior e varias columnas.

santalla de boveda, lugo
Pinturas en Santalla de Bóveda

Estos son, polo tanto, os que para min son os mellores lugares para visitar a época romana na Galiza. Se che gustaría engadir algún máis, ou tes algunha pregunta sobre eles, non dubides en escribir un comentario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.