Guía práctica para a visitar a Rapa das Bestas de Sabucedo
A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha das festas tradicionais máis coñecidas do noso país, así que non podería faltar unha entrada neste blog con información para gozar desta gran festa. Agardo que vos guste e vos sexa útil!
Que é a Rapa das Bestas?
A rapa das bestas é unha actividade tradicional que consiste en agrupar os cabalos que se encontran ceibes no monte para cortarlle a crina.
Lévase a cabo nos curros que se encontran nos montes onde pace dito gando.
Fanse en varias localidades galegas, pero a máis coñecida é sen dúbida a de Sabucedo.
Onde se encontra Sabucedo?
A aldea de Sabucedo está nos montes da parte suroriental do Concello de A Estrada, preto das terras dos concellos de Forcarei e Cerdedo.
Como chegar?
Chegar a Sabucedo é ben doado. Se saímos de A Estrada, tomamos a estrada de Forcarei durante aproximadamente 13 quilómetros. Despois, un cruzamento ben sinalizado nos desvía á dereita e en máis ou menos un quilómetro chegaremos á aldea de Sabucedo.
Cando se celebra a Rapa das Bestas de Sabucedo?
O primeiro fin de semana de xullo. Inclúe o venres, sábado, domingo e luns.
Como se celebra en Sabucedo?
Ainda que podemos gozar da festa toda a fin de semana (xa que hai zonas para comer, beber e acampar), o curro celébrase a unhas horas que dependen do día, e podemos consultar na web oficial.
Os cabalos baixan do monte e chegan guiados ata dentro do curro, onde se van xuntando no seu interior.
Unha vez reunidos todos comeza a rapa, que consiste na doma dos aloitadores para tentar suxeitar a besta, e proceder á corta das crinas e desparasitación do animal.
O animal sofre?
Se descartamos o pequeno intre de estrés durante o traslado e a doma, o animal non sofre en absoluto. Máis ben ao contrario, a rapa failles ben ao animal, xa que coa rapa e a desinfección, o animal está menos exposto a parásitos e depredadores.
Onde conseguir as entradas?
Para entrar no curro onde se realiza a rapa, é necesario ter unha entrada, que se pode conseguir na web oficial.
Que ver nos arredores?
O Concello de a Estrada é un dos máis turísticos da zona. Non moi lonxe de Sabucedo, podemos visitar o coñecido Pazo de Oca, ou o Areal de Berres, na beira do Río Ulla. Neste enlace comparto unha ruta turística por este Concello.
Agradecementos:
Ao Concello de A Estrada e a Alberto do blog alvientooo, pola invitación e guiarnos no evento.
A Manuel Cabada e familia, polo bo xantar e excelente trato recibido.
Máis información:
Web oficial da Rapa das Bestas
A Rapa das Bestas por Alvientooo
Un comentario sobre “A Rapa das Bestas de Sabucedo”