Sureste de Francia e Mónaco

Esta viaxe realizámola nas vacacións de Semana Santa do 2009, percorrendo o sureste de Francia, concretamante pola rexión de Provenza e Costa Azul, así coma a visita ó minúsculo (en superficie) Principado de Mónaco. Penso que é unha viaxe bastante recomendable, e que se pode facer en relativamente pouco tempo (uns 6-7 días mínimo incluído ida e volta en coche) e con poucos cartos se seguides os meus consellos.

Cap Ferrat. Costa Azul
Cap Ferrat. Costa Azul

Ésta é unha imaxe do Mediterráneo na Costa Azul, concretamente en Cap Ferrat, a escasos 5km de Niza. Todas esas árbores que temos en primeiro plano son un anaco do xardín dunha casa!

Eze
Eze. Costa Azul

A costa azul non só ten poblacións cheas de ostentación e chalés de luxo, senón que tamén podemos atopar «village» mais tranquilas como ésta: Eze.

 

St Paul du Vence
St Paul du Vence. Costa Azul

 Outro lugar tranquilo: St Paul du Vence. Foi un lugar moi concurrido por pintores importantes como Picasso, Matisse, etc… por iso na actualidade está plagado de galerías de arte.

Gourdon
Gourdon. Costa Azul

 E outro sitio tranquilo (que se agradece nesta zona, chea de turistas!), a bonita aldea de Gourdon. É recomendable visitala, xa que ten poucos turistas (non soe vir nas guías), está moi ben conservada e ten unhas vistas espectaculares de toda a costa (dende alí, podes ver ata a illa de Córcega se o día está despexado!).

Outra imaxe de Gourdon
Outra imaxe de Gourdon

 Outra imaxe da aldea de Gourdon. O gato xa da sensación de tranquilidade…

Falecidos das guerras mundiais
Falecidos das guerras mundiais. Gourdon

 Como curiosidade, en todos os viaxes que teño feito por Francia, chámame a atención os recordatorios que teñen en prácticamente todos lugares dos seus mortos nas guerras mundiais. Ditos recordatorios consisten polo xeral nunha especie de monumento coma a da foto, co nome dos falecidos e o ano da defunción, polo xeral os da 1ª guerra (sempre moitísimo mais numerosos) separados dos da 2ª guerra. Nesta foto son as do pobo anterior (que eu penso que non chega nin os 100 habitantes) e xa ten 7 mortos na 1ª guerra e un na 2ª.

Falecidos na batalla da liberación. Gourdon
Falecidos na batalla da liberación. Gourdon

 E incluso as hai de só unha batalla, como ésta das vítimas do lugar entre o 21 e 22 de agosto (na batalla da liberación da 2ªguerra mundial, xa que o 6 de xuño foi o desembarco de Normandía e o 25 de agosto liberaron París).

Porto de Mónaco
Porto de Mónaco

 Agora un pouco de luxo propio da zona. Ésto non é nin mais nin menos que Mónaco. En primeiro plano o porto (menudas gamelas!) e atrás o Palacio dos Grimaldi (estará por alí o Albertito, Carolina…).

Vista xeral de Mónaco
Vista xeral de Mónaco

Unha vista xeral de Mónaco. Non ten nada, só edifícios…

Gran Casino. Mónaco
Gran Casino. Mónaco

Éste é o famoso Gran Casino.

Ferrari frente o Gran Casino. Mónaco
Ferrari frente o Gran Casino. Mónaco

Algún dos modelos (de coches,claro) bastantes frecuentes no Principado.

Polo túnel da Fórmula 1. Mónaco
Polo túnel da Fórmula 1. Mónaco

O túnel da Formula 1. E xa está, Mónaco non da para mais!.

St Tropez
St Tropez. Costa Azul

Ésta é unha imaxe do bonito pobo de St Tropez, posto de moda pola belísima actriz Brigitte Bardot, que veraneaba neste lugar.

Iate en St Tropez. Costa Azul
Iate en St Tropez. Costa Azul

St Tropez está cheo, aparte de turistas, de grandes iates como éste. ¿Cántos millóns de euros valerá éste?.

Costa Azul entre St Tropez e Cannes
Costa Azul entre St Tropez e Cannes

Ésta é outra imaxe da Costa Azul, entre St Tropez e Cannes.

Pont du Gard. Provenza
Pont du Gard. Provenza

Ésta é a Pont du Gard, xa na rexión da Provenza. Din que é o acueducto mais grande do mundo. É o que está no billete de 5 euros.

Pont du Gard. Provenza
Pont du Gard. Provenza

Outra imaxe da Pont du Gard.

Árbores ó carón da estrada
Árbores ó carón da estrada

Ésta é unha imaxe dunha típica carretera secundaria francesa. Os árbores na cuneta non son moito mais seguros cos gardarraís de aquí! Como te salgas da estrada…

Carcassone. Provenza
Carcassone. Provenza

Tamén na Provenza, pretiño de Cataluña, está esta fermosísima cidade amurallada chamada Carcassone. É imprescindible parar.

Penso que é unha viaxe bastante recomendable, e pódese facer de maneira económica se buscades un bo aloxamento con cociña, como poden ser as casas de turismo rural francesas (ou gites de france), que as hai bastante económicas e de boa calidade. Nós quedamos nunha que está bastante preto da costa e das cidades de Niza, Mónaco e St Tropez, costaba 58 euros noite incluído o almorzo, e tiña cociña (importante de cara a aforrar cartos, xa que podes facer unha boa cena na casa mercando a comida nun supermercado), ademais Dominique, a propietaria, era moi amable, atenta e falaba español. http://www.toprural.com/casa-rural-habitaciones/villa-thocha_f-fr-eb-27897.htm

 

Fin de semana na SELVA DE IRATI

 

A Selva de Irati é un inmenso bosque de mais de 17.ooo Ha  situado principalmente nos vales de Salazar e Aezkoa, no Pirineo Navarro, aínda que se extende tamén pola cara norte dos Pirineos, en terras baixo administración francesa. Este bosque ten un valor ecolóxico e paisaxístico enorme, xa que se considera a maior masa de bosque mixto de faia (Fagus sylvatica) e abeto blanco (Abies alba) de Europa. Nós escollimos para visitar este entorno este fin de semana de mediados do mes de Outubro, xa que a cor das faias no outono(de folla caduca) contrastan co verde intenso dos abetais, polo que a paisaxe resulta moi fermosa.

 

Rio Urisuria

 

Interior dun faial
Interior dun faial

 

Sendeiro en Irati
Sendeiro en Irati

Polo interior do bosque hai moitísimas rutas de sendeirismo e todas moi ben sinalizadas. Nós fixemos catro, que son as que nos pareceron máis interesantes e que recomendamos: Camino vello á koixta ( NA 69, 5.5km), Camino vello á Casas de Irati (NA 60A, 5.4km), Os Paraísos – Erlan ( NA 54C, 4,6km) e Bosque de Ursario (NA 57B, 6.7km), todas elas de pouca dificultade, xa que non superan os 300m de desnivel. Nas oficinas de información do parque ofrecen un mapa das rutas con moi boa información, previo pago de 2€ (cousa que non me gustou, xa que en moitos parques esta información é gratuita).

 

Río de montaña. Irati
Río de montaña. Irati

O accidentado relevo da zona, fai que sexan habituais estes ríos estacionais de montaña.

 

Bosquete de abetos entre as faias
Bosquete de abetos entre as faias

Nesta foto se pode observar un pequeno bosquete de abetos dentro do bosque mixto.

 

Cabalos no Bosque de Ursario. Selva de Irati
Cabalos no Bosque de Ursario. Selva de Irati

Nas zonas máis altas, a presenza de gando é notable, como estes cabalos no Bosque de Ursario…

 

Proximidades do Refuxio de Azpegi
Proximidades do Refuxio de Azpegi

… e estas cabras nas proximidades do Refuxio de Azpegi.

 

Ermita de Nosa Señora das Neves. Irati
Ermita de Nosa Señora das Neves. Irati

En pleno corazón de Selva de Irati, está a pequena e fermosa ermita de Nosa Señora das Neves. Aquí comezan e rematan entre outras, as rutas NA 69 e  Na60A respectivamente.

 

Subida ó Porto de Larrau
Subida ó Porto de Larrau

Entre as vertentes norte e sur do Pirineo, temos entre outros o Porto de Larrau, moi coñecido pola súa dificultade para ós ciclistas, especialmente na vertiente francesa.

 

Paisaxe karstico en Larra
Paisaxe karstico en Larra

e nas proximidades do Porto de la Pierre St Martin, con arredor de 1800m de altitude, pódese admirar o impresionante paisaxe kárstico de Larra, sempre que non haxa moita névoa, como neste caso. Aquí pódense observar varios exemplares de piñeiro negro (Pinus uncinata)

 

Mojón fronteirizo 212, e ó fondo, un monumento megalítico
Mojón fronteirizo 212, e ó fondo, un monumento megalítico

 No Porto de Orgambidé, tamén froiteirizo, podemos observar aparte dun «mojón» que serve para delimitar con claridade a «raia» da fronteira, algún monumento megalítico, bastante frecuentes nesta zona.

 

Vertente francesa do Porto de Orgambidé
Vertente francesa do Porto de Orgambidé

 

Praciña en Larrau
Praciña en Larrau

Como complemento á visita á Selva de Irati, pódese aproveitar para visitar fermosísimas poboacións como Orreaga,  Ochagavía (da que non subo fotos xa que desta vez a visitamos de noite) ou Larrau, Sainte Engracie ou Saint Jean Pied de Port, éstes tres xa baixo administración francesa.

 

Igrexa do século XI en Ste Engrace
Igrexa do século XI en Ste Engrace

 En Ste Engrace, destaca a súa antiga e fermosa igrexa do século XI, xunto a un curioso cemiterio.

 

Rúa en St Jean Pied de Port
Rúa en St Jean Pied de Port

E rematamos a viaxe na fermosísima localidade de St Jean Pied de Port, onde xa estiveramos fai uns anos, e que aproveitamos para voltar a visitar. Para min, un dos pobos mais bonitos dos Pirineos.

 

St Jean Pied de Port
St Jean Pied de Port

Outra imaxe de St Jean Pied de Port

Respecto o aloxamento, na zona hai moitísimas posibilidades, ainda que o maís abundante e recomendable son os distintos aloxamentos rurais. Desta vez escollimos a Posada Sarigarri, de 58 € noite en temporada alta, almorzo aparte (7€). A nós gustounos moito esta casa, o trato dos propietarios foi formidable e a cea (18€) foi excelente por calidade e cantidade: http://www.toprural.com/hotel-rural/posada-sarigarri_f-es-31-8264.htm#cappre

O PARAÍSO DANÉS: A ILLA DE MøN

Dinamarca é un país composto por unha península (Jutlandia) e varias illas de maior e menor tamaño, como Groenlandia (próxima ó Polo Norte), Selandia (onde está Copenhage), etc… e unha pequena e interesante illa chamada Illa de Møn. Se planeades unha visita a Dinamarca e buscades tranquilidade e unhas fermosas paisaxes, recoméndovos que pasedes un par de días nesta illa.

Praia na illa
Praia na illa

A illa polo xeral está rodeada de fermosas praias bañadas polo Báltico, lástima que teña tantos coios e tan pouca area!

 

baltico

Ésta é unha imaxe do Mar Báltico dende unha das praias

 

paisaxe danés

A Illa ten un relevo bastante suave, e predomina o uso agrícola ó forestal (salvo fermosas excepcións)

 

faial en mon

Ese uso forestal maniféstase nuns moi coidados bosques, compostos principalmente por faias, que se poden percorrer por numerosos sendeiros ben señalizados

 

cantil en mon

A xoia paisaxística desta illa son os seus cantís, coñecidos como Møns Klint. Podemos admiralos camiñando por un espectacular sendeiro Ligazón

 

paisaxe mon

No resto da illa o relevo litoral é máis suave, pero non por elo menos fermoso.

 

outro paisaxe mon

Outra tranquila imaxe da parte occidental da illa

 

avispas

A mellor época para visitar esta zona é de maio a setembro. Nós fumos en Agosto, e ó ser verán , nestas latitudes hai millóns de avispas, polo que hai que aprender a convivir con elas. Para liberarnos un pouco delas no camping, nós usabamos un cebo composto por un trozo de botella cortada pola mitade e con zume de laranxa no seu interior. Na foto podemos ver a cantidade de avispas que caían en apenas media hora. Como información práctica cabe destacar, como xa sabedes, os altísimos precios deste país. Así que para comer o mellor é mercar a comida en supermercados e despois cociñar no camping. Para durmir, recoméndovos o camping onde quedamos nós a dormir, moi bonito e tranquilo, que podedes ver na seguite ligazón. Anímovos a que visitedes esta illa!  Ligazón